Distrito Abim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 02°44′N 33°40′E / 2.733°N 33.667°E / 2.733; 33.667

Abim District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. O seu nome provén de Abim, a súa poboación capital.

Limita co Distrito Kotido polo norte e leste, co Distrito Napak polo sueste e sur, co Distrito Otuke polo sudoeste e co Distrito Pader polo oeste. Abim, a capital, atópase aproximadamente a 140 km ao noroeste de Moroto, a maior poboación da rexión.

O Distrito Abim entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2006. Anteriormente, era coñecido como Labwor County dentro do Distrito Kotido. O distrito componse de (5) sub-condados e un concello, Abim Town Council. Posúe unha área de 2.337 km2. O distrito forma parte da rexión de Karamoja, lar dun millón de karimojong. Esta rexión componse dos seguintes distritos:

Abim posúe unha terra de sabana, caracterizada por unha estación quente (moi quente) que vai de decembro a febreiro.[1]

Segundo o censo do ano 2002 o distrito tería unha poboación estimada de 58.600 habitantes. No ano 2009, a poboación do distrito estimábase en 83.700 habitantes.[2] Usando estes datos, o crecemento anual de poboación no distrito é do 5.2%, o que dá o que segue:

Poboación do Distrito Abim
Ano Poboación (estimación) Índice de crecemento
2002 58.600 5,2%
2003 61.600 5,2%
2004 64.800 5,2%
2005 68.200 5,2%
2006 71.800 5,2%
2007 75.500 5,2%
2008 79.400 5,2%
2009 83.600 5,2%
2010 87.900 5,2%
2011 92.500 5,2%
2012 97.300 5,2%

A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais ocupacións da poboación do distrito. Tamén se practica a caza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]