Distrito Sironko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°14′N 34°15′E / 1.233°N 34.250°E / 1.233; 34.250

Localización do distrito en Uganda

Sironko District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Sironko. Foi creado como tal no ano 2000 e anteriormente formaba parte do Distrito Mbale.

Limita co Distrito Bulambuli polo norte, co Distrito Kapchorwa e co Distrito Kween polo nordeste, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Bududa polo sueste, co Distrito Mbale polo suroeste e co Distrito Bukedea polo oeste.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 291.900 habitantes. A maioría da xente do distrito pertence ao grupo étnico bagisu e o lugisu é a lingua máis empregada.

Ten unha área total de 1.091 km2[1] e ten unha altitude sobre o nivel do mar que vai desde os 1.299 m até os 1.524 m.[1] Sironko é a maior poboación do distrito. Outros centros importantes son Mafuni, Nakaloke, Mutufu e Budadiri.

A principal actividade económica do distrito é a agricultura.[1]

Parte do Parque Nacional do Monte Elgon atópase dentro do distrito.


Condados[editar | editar a fonte]

O distrito divídese en dous condados: Budadiri e Bulambuli, así como en dúas municipalidades: Sironko e Budadiri. Ambos condados pódense debullar logo en 18 subcondados:

Condado Budadiri Condado Bulambuli
  • Buhugu
  • Buteza
  • Buyobo
  • Bukhulo
  • Bumasifwa
  • Busulani
  • Butandiga
  • Buwalasi
  • Zesui
  • Bulago
  • Bunambutye
  • Masira
  • Muyembe
  • Bukhalu
  • Bulegeni
  • Bulugunya
  • Sisiyi
  • Buginyanya

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Uganda Districts Information Handbook: Expanded Edition 2005-2006, Fountain Publishers, 2005, p. 76. ISBN 9970024299.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]