Distrito Kween

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°25′N 34°31′E / 1.417°N 34.517°E / 1.417; 34.517

Kween localízase neste mapa co número 94.

Kween District é un distrito da Rexión Leste de Uganda. A poboación capital atópase en Binyiny, unha das dúas municipalidades do distrito.

Limita co Distrito Nakapiripirit polo norte, co Distrito Amudat polo nordeste, co Distrito Bukwa polo leste, coa República de Kenya polo sur, co Distrito Kapchorwa polo oeste e co Distrito Bulambuli polo noroeste.

O distrito comezou a funcionar como tal o 1 de xullo de 2010,[1] anteriormente formaba parte do Distrito Kapchorwa. Conxuntamente co Distrito Kapchorwa e co Distrito Bukwa, forma parte da subrexión Sebei. Atópase ao norte do Monte Elgon, a unha altitude media de 1.900 msnm.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 67.171 habitantes.[2]

Está cruzado pola Autoestrada Mbale-Moroto na súa zona oeste, con dirección norte-sur.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]