Distrito Sembabule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Sembabule

Nomeado en referencia aSembabule (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 0°00′N 31°24′L / 0, 31.4Coordenadas: 0°00′N 31°24′L / 0, 31.4
EstadoUganda
RexiónRegião Central (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalSembabule (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.470,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.200 m Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-111 Editar o valor em Wikidata

Páxina websembabule.go.ug Editar o valor em Wikidata

Sembambule District é un distrito da Rexión Central de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Sembabule.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Limita co Distrito Mubende polo norte, co Distrito Gomba polo nordeste, co Distrito Bukomansimbi polo leste, co Distrito Lwengo polo sur, co Distrito Lyantonde polo suroeste e co Distrito Kiruhura polo noroeste. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada dunhas 180.000 persoas.

O Distrito Sembabule formouse a partir dun anaco do Distrito Masaka en 1997. A gandaría e, a pesar das súas relativamente baixas precipitacións, a agricultura, son os principais piares económicos do distrito. Así mesmo, tamén existe unha incipiente acuicultura in crescendo.

Na contorna de Bwera, hai un lugar coñecido como Bigo bya Mugenyi, que parece ser a localización dun asentamento datado da Idade de Ferro (1200 - 1000 adC). As escavacións no lugar sacaron á luz follas de ferro (probablemente para segas), cerámicas con ornamentacións simples, estrume de gado e buratos para estacas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]