Distrito Kaberamaido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Kaberamaido

Nomeado en referencia aKaberamaido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°46′N 33°14′L / 1.77, 33.23Coordenadas: 1°46′N 33°14′L / 1.77, 33.23
EstadoUganda
RexiónRegião Leste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalKaberamaido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaKumam (en) Traducir
Língua ateso (pt) Traducir
Kenyi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1.788,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.080 m Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-213 Editar o valor em Wikidata

Páxina webkaberamaido.go.ug Editar o valor em Wikidata

Kaberamaido é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Kaberamaido.

Limita co Distrito Alebtong polo norte, co Distrito Amuria polo nordeste, co Distrito Soroti polo leste, co Distrito Serere polo sueste, co Distrito Buyende polo sur, co Distrito Amolatar polo suroeste e co Distrito Dokolo polo noroeste.

Datos xeográficos:

  • Área total: 1.644 km2
  • Área de terras: 1.210 km2 (73.6%)
  • Área de bosque: 22 km2 (1.3%)
  • Área de auga: 269 km2 (16.4%)
  • Área de braña (zona húmida): 143 km2 (8.7%)

No ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 131.700 habitantes. Forma parte da subrexión Teso e é a área principal do pobo kumam, ao que pertence a maioría da poboación, no 2008, 99.738 persoas (74.7% da poboación). Os iteso son o seguinte grupo étnico máis numeroso do distrito, 27.317 persoas no 2008 (20.5%). Estes dous pobos empregan as linguas kumam e ateso respectivamente, linguas pertencentes á familia nilótica. Os langi con 4.617 individuos (3.5%) son o seguinte grupo étnico en número. Os outros grupos que se poden atopar neste distrito constitúen menos do 1% da poboación do distrito, como son os acholi, bagwere, bakenyi, baruli, mening, basoga, baganda e alur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]