Distrito Oyam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 02°14′N 32°23′E / 2.233°N 32.383°E / 2.233; 32.383

Oyam District é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos de Uganda, o seu nome provén da poboación capital, Oyam.

Limita co Distrito Gulu polo norte, co Distrito Pader polo nordeste, co Distrito Kole polo leste, co Distrito Apac polo sur, co Distrito Kiryandongo polo suroeste e co Distrito Nwoya polo oeste.[1] Oyam, a cabeceira, atópase aproximadamente a 73 km ao oeste de Lira, a maior poboación da sub-rexión.

O distrito foi establecido polo parlamento ugandés no 2006. Anteriormente, o distrito formaba parte do Distrito Apac. Canda o Distrito Lira, o Distrito Alebtong, o Distrito Amolatar, o Distrito Apac, o Distrito Dokolo, o Distrito Kole, o Distrito Otuke, o Distrito Oyam forma parte da sub-rexión Lango, lar dunha poboación langi de millón e medio de .individuos. É un distrito predominantemente rural.[2]

No censo do ano 2002, tiña unha poboación estimada de 268.400 habitantes, e dábaselle un crecemento do 3%, polo que, para o 2010, tería unha poboación de 340.000 habitantes.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]