Distrito Yumbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Yumbe

Nomeado en referencia aYumbe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 3°30′N 31°15′L / 3.5, 31.25Coordenadas: 3°30′N 31°15′L / 3.5, 31.25
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalYumbe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua lugbara (pt) Traducir
Lingua alur
Língua aringa (pt) Traducir
Língua ma'di (pt) Traducir
Língua nubi (pt) Traducir
Kakwa (en) Traducir
Southern Ma'di (en) Traducir
Língua bari (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.393 km² Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-313 Editar o valor em Wikidata

Yumbe District é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos, o seu nome provén do seu centro administrativo, Yumbe.

O distrito de Yumbe é un dos ditritos máis setentrionais de Uganda. Limita co Sudán do Sur polo norte, Distrito Moyo polo leste, Distrito Adjumani polo sueste, Distrito Arua polo sur, Distrito Maracha polo suroeste e Distrito Koboko polo oeste.[1] Yumbe atópase aproximadamente a 75 km ao norte de Arua, a principal poboación da subrexión.[2]

O distrito estableceuse en 2006, cando o condado Aringa foi separado do Distrito Arua e cambióuselle o nome para Yumbe District.A súa poboación está aínda sufrindo os efectos da guerra civil, que durou vinte anos (1980–2000). O acordo de paz entre UNRF2 e o Goberno de Uganda foi asinado no 2000 en Yumbe.

A maioría (89%) da poboación do distrito pertence á etnia lugbara. Os lugbara no Distrito Yumbe falan un dialecto chamado aringa, que non ten forma escrita; só é oral. Tamén se poden atopar outras etnias, como os kakwa, os madi e os alur. Os acholi atópanse dispersos polo Río Nilo e dedícanse principalmente á casa e a pesca, polo río. Representa aproximadamente o 2% da poboación do distrito.

As linguas máis faladas son o aringa lugbara (maioría), o kakwa, o kuku, o madi e o alur. Con todo, a segunda lingua máis falada e o suahili. Nas áreas urbanas, pódense encontrar individuos que entendan árabe ou inglés.[3]

A poboación no distrito é maioritariamente musulmá (76%),[4] que é unha excepción en Uganda (o 80% dos ugandeses son cristiáns). A taxa de fertilidade no distrito é alta (7.5).[5] O censo do ano 2002 tiña unha estimación da poboación de 253.300 habitantes. Calculouse un índice de crecemento do 7.9%,[6] polo que a súa poboación estimada no 2010 era de aproximadamente 300.200 habitantes.

A agricultura de subsistencia é a principal actividade económica no distrito, como en moitos outros distritos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mapa dos Distritos de Uganda
  2. Map Showing Arua And Yumbe With Distance Marker
  3. Overview of Yumbe District[Ligazón morta]
  4. "Religion by District for the Population" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  5. "Population Dynamics" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  6. "Yumbe District Annual Population Growth Rate" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  7. About the Economy of Yumbe District

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]