Distrito Nwoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 02°38′N 32°00′E / 2.633°N 32.000°E / 2.633; 32.000 Nwoya District é un distrito da Rexión Norte de Uganda, que, como a mairioría dos distritos ugandeses, é denominado así en base á súa poboación capital, Nwoya.

Limita co Distrito Amuru polo norte, co Distrito Gulu polo nordeste, co Distrito Oyam polo oeste, co Distrito Kiryandongo, co Distrito Masindi e co Distrito Buliisa polo sur e co Distrito Nebbi polo leste. Nwoya, a cabeceira, atópase a aproximadamente 44 km ao suroeste da cidade de Gulu, a maior área metropolitana da sub-rexión.[1] Atópase aproximadamente a 330 km ao norte da cidade de Kampala, a capital de Uganda. [2]

O distrito estableceuse o primeiro de xuño de 2010. Anteriormente, formaba parte do Distrito Amuru. O distrito forma parte do sub-rexión Acholi, canda os distritos Agago, Amuru, Gulu, Kitgum, Lamwo e Pader.

No ano 2002, a poboación do distrito estamaríase en arredor de 41.010 habitantes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]