Heraldo de Galicia (1930)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heraldo de Galicia
Semanario de los lunes. De carácter cultural e informativo

Editar o valor em Wikidata
Fundación27 de outubro de 1930
RemataXullo de 1936
Lingualingua castelá
LocalidadeOurense
PeriodicidadeSemanal
Na rede
Galiciana: 579259
editar datos en Wikidata ]

Heraldo de Galicia foi un semanario editado en Ourense entre 1930 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de los lunes. De carácter cultural e informativo, apareceu o 27 de outubro de 1930 e foi o substituto de Heraldo Orensano. Dirixido por Ricardo Outeiriño e nos últimos meses de publicación por José Goyanes Sotelo, o consello de redacción estaba formado por Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ricardo Outeiriño. Como redactores figuraban tamén Ramón Otero Pedrayo, Florencio de la Torre, Augusto María Casas, Leuter González Salgado, Leopoldo López Teijeiro, Ángel Martínez Doval, Luís F. Mouriño, Xosé Ramón Fernández-Oxea e José Rodríguez Bouzo. Nun primeiro momento declarouse apolítico para inclinarse despois a favor da proclamación da República. Instaurada a República, defendeu a personalidade e autonomía de Galicia de tal xeito que podía ser considerado como órgano do nacente Partido Galeguista. Publicou o 10 de febreiro de 1936 o manifesto da Dereita Galeguista de Ourense asinado por Vicente Risco, José Fernández Borrajo, José Antonio Varela Garza, Isidoro Guede, José Luis Parente, Ángel Martínez Doval, José Perille Garra e o director do periódico José Goyanes Sotelo.[1] Heraldo de Galicia converteuse no voceiro oficioso do novo partido na reunión constitutiva do 19 de abril de 1936.[2]

Contaba con varias seccións fixas: "Prosas galegas" e "Esquemas y lembranzas", de Otero Pedrayo; "Leria nova", de Vicente Risco; "Apuntes de Roma", de Florencio de la Torre; e "Efemérides de Galicia", de Alberto Vilanova. Tamén tiña unha páxina dedicada ao agro dirixida por José Rodríguez Bouzo. Neste xornal publicou o seu primeiro poema Florencio Delgado Gurriarán en febreiro de 1931.

Cesou a súa publicación en xullo de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El grupo "Dereita Galeguista"", El Pueblo Gallego, 8-8-1978, p. 17.
  2. "La Derecha Galleguista", El Compostelano, 22-4-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]