José García Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé García Vidal
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1885 Editar o valor em Wikidata
Carballedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLorenzo García Vidal Editar o valor em Wikidata

José García Vidal, nado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) o 11 de marzo de 1885 e finado en Pontevedra o 29 de xaneiro de 1969, foi un avogado, profesor universitario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Lorenzo García Vidal, gobernador civil de Lugo e de Ourense, así como deputado provincial de Pontevedra pola circunscrición de Ponte Caldelas-Redondela. A súa nai, falecida durante a súa infancia, era filla de José María Vidal González, avogado e presidente da Deputación de Pontevedra, así como gobernador civil interino da mesma provincia. A través da súa avoa materna, estaba emparentado co crego Salustiano Portela Pazos, tamén nado no Concello de Cotobade.

Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre foros. Foi profesor da universidade compostelá e despois estableceuse en Pontevedra. Vinculado aos círculos católicos e conservadores, opúxose ao redencionismo foral, pero, a partir da ditadura de Primo de Rivera, incorporouse ao equipo de Daniel de la Sota, que levou á Deputación de Pontevedra un grupo de galeguistas e socialcatólicos e foi animador da campaña que conduciu ao decreto de redención de foros. Foi asesor xurídico da Deputación e participou na fundación da Misión Biolóxica de Galicia e da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Durante a República estivo vinculado á asociación Labor Gallega da que foi presidente, e colaborou como asesor na elaboración do Estatuto de Autonomía. Adscribiuse á Dereita Galeguista. Foi a principal testemuña da defensa no xuízo sumarísimo contra Alexandre Bóveda e isto custoulle o posto na Deputación e a inimizade co réxime franquista. Despois traballou como asesor xurídico da empresa privada. Foi presidente de Foro Gallego e Revista Jurídica de Galicia.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Casou con María Sáenz-Díez Vázquez, filla do enxeñeiro e presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra Rafael Sáenz-Díez de la Riva, de orixe camerano, e de Asunción Vázquez Ibáñez, filla á súa vez do político Antonio Vázquez Limeses. Tiveron varios fillos, entre eles: José, María Pilar, María Asunción e Lorenzo García Sáenz-Díez.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ensayo jurídico sobre los foros, 1914.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada