Dakidarría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dakidarría
Logo Dkr
OrixeVal Miñor, Galiza
Período2003 -
Xénero(s)ska-punk-mestizo
Selo(s) discográfico(s)Maldito Records
MembrosGabri, Simón, Beler, Isra, Juanqui, Anxo, Carlos, Maki
Na rede
http://www.dakidarria.com/
Facebook: dakidarria Twitter: Dakidarria Bandcamp: dakidarria Spotify: 2t4UlDofSDxweW751EVw9d Musicbrainz: d3d3901f-bd4d-4717-9f1f-37a9afda2b8a Editar o valor em Wikidata

Dakidarría é unha banda galega de música, creada no ano 2003 entre Nigrán e o Val Miñor, que fusiona ska, punk e reggae.

As súas letras comezaron sendo en castelán pero, co paso dos anos, a banda foi tomando conciencia do problema lingüístico en Galiza e comezaron a gravar as súas cancións en galego,[1] ademais de teren cantado noutra decena de linguas durante a súa traxectoria.[2] As súas letras lanzan unha mensaxe de crítica política e social contra o capitalismo, a globalización, o consumismo e a alienación, e defendendo o internacionalismo, a liberdade dos pobos e a diversidade cultural.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios (2003-2004)[editar | editar a fonte]

A banda realizou os seus primeiros ensaios tras a catástrofe do Prestige[3] e estaba formada inicialmente por catro membros:[4] o vocalista e guitarrista Gabriel Reigosa, o guitarrista Simón González (estes dous procedentes da banda Diskordia), o baixista René e o batería Canelo.[5] Pouco despois gravaron unha maqueta titulada Diskordia nas Rías Baixas, e comezaron a dar os seus primeiros concertos.

Fragasaurus Rex e El futuro nunca existió (2005-2009)[editar | editar a fonte]

Foi xa en 2005 cando conseguiron gravar co selo Síndrome Discos o seu primeiro álbum, Fragasaurus Rex, mesturado polo produtor Javier Abreu e con portada de Carlos Azagra, debuxante de El Jueves.[6] Incluía 10 temas, case todos en castelán, e dúas versións da canción "Fragasaurus Rex", unha en castelán e outra en galego, con duras críticas ao expresidente da Xunta, Manuel Fraga. Durante a produción deste disco o grupo fixo amizade cos membros da banda valenciana Disidencia, cuxo cantante, Txus, colaborou cantando no tema que dá nome ao disco, mentres que Dakidarría fixo os coros no tema "KK II" do álbum de Disidencia, Hablarán las piedras.[7] Nesas datas incorporouse ao grupo "o Birras" como trompetista. En outubro de 2005 deron un concerto no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, pechando a noite tras Toy Dolls e Glen Matlock, baixista dos Sex Pistols.[8] Foi o último concerto con René no grupo, que foi substituído por David Marín. Coa nova formación deron concertos por toda Galicia, a Península Ibérica, e mesmo México, acompañando á banda Vantroi na súa xira Azteka Tour VII.[9]

En 2008 viu a luz o seu segundo disco, titulado El futuro nunca existió, que incluía doce novos temas[10] e un DVD cunha reportaxe sobre a xira mexicana e un making-of da gravación. Saíu co selo de Santo Grial Records e foi producido tamén por Javier Abreu.[11][7]

Realidades alienantes... e ...Utopías emergentes (2010-2015)[editar | editar a fonte]

Dous anos despois saíu á venda o seu terceiro disco, Realidades alienantes..., que foi a primeira parte dun dobre traballo discográfico que se completaría ao ano seguinte. Contiña 10 novas cancións cunha forte carga social e política facendo referencias á memoria histórica, a represión franquista ou o problema da heroína durante a Transición,[12][2] e contou coas colaboracións de García MC de Dios ke te crew, Maxi de Fe de Ratas e Suso Feixón.[13] Neste punto o grupo xa estaba formado por oito membros: Gabri, Simón, David, Álex, Carlos, Juaqui, Antonio e Anxo.[14] Foi un disco autoproducido e foi masterizado nos Metropolis Studios de Londres por Miles Showell.[15] O último tema do disco, "De Mella a Mella" é unha homenaxe a todas as vítimas do fascismo, e consiste nunha carta ficticia que a bisavoa do vocalista Gabri Reigosa, Urania Mella, lle escribe aos seus fillos dende o cárcere.[2]

A principios de 2011 anunciouse a saída do grupo do batería Álex Vilas e a incorporación de Jorge Guerra como o seu substituto.[16] A finais dese ano saíu á rúa a segunda parte do traballo que se iniciara con Realidades alienantes..., que levou por título ...Utopías emergentes, co selo Maldito Digital, producido de novo por Javier Abreu nos Océano Estudios de Patos, e masterizado en Londres por Andy Baldwin. A presentación veu acompañada da publicación do videoclip do primeiro tema do disco, "Sigue ardiendo",[17] que comeza cun discurso de José Saramago.[18]

O álbum estaba formado por 10 temas, entre eles algúns dos máis famosos da banda como "A mocidade activa", "Terra" ou "Linguas ceives", esta última cantada en galego, castelán, catalán, éuscaro e asturiano. O disco contou con numerosas colaboracións de artistas como Pulpul, Xurxo Souto, Javi Maneiro, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Iñaki Ortiz (Betagarri) ou García MC (Dios ke te crew). Incluíu unha canción adicada á Fronte Polisario ("Polisario vencerá") e outra en homenaxe a Skacha, de título "A message to you Skacha", que formou ademais parte de Canta historia na barriada:XX anos de Skacha, o disco tributo co que 16 bandas homenaxearon á banda de punk-rock de Coia polo seu 20º aniversario.[19][20]

En xaneiro de 2012 deron un pequeno concerto en Vigo para celebrar a morte de Manuel Fraga, no chamado "Fragasaurus Fest".[21][22] En maio de 2013, no Viña Rock, comezaron unha xira polo décimo aniversario do grupo,[23] que culminou en 2015 coa publicación dun disco de recompilacións titulado 10 anos na rúa, que incluía varios temas dos seus discos anteriores e unha versión en directo do tema "Mil berros" gravada no Castañazo Rock de Chantada.[24] No transcurso desa xira, en xaneiro de 2014, anunciouse a marcha de Jorge Guerra e a chegada do batería de Obrint Pas, "Maki", para ocupar o seu posto,[25][26] ao tempo que se presentou o videoclip de "Mil berros".[27] Ademais entrou como baixista Isra "Ligre", substituíndo a David. En 2015 regravaron en galego o seu último disco co título ...Utopías emerXentes, en colaboración coa plataforma Que voltem para a casa, para a cal foron os beneficios obtidos coas vendas do álbum.[28]

De cuncas e de mar e Filosofía incendiaria (2016-actualidade)[editar | editar a fonte]

En 2016 publicaron un disco en directo titulado De cuncas e de mar, que inclúe un DVD cun concerto íntegro e imaxes sobre o día a día da banda.[29] Colaboraron no álbum Julio de La Raíz, Juankar de Boikot e ZOO entre outros.[30] Tras a publicación do traballo comezaron unha xira de nome "Lume Tour", que os levou por toda Galicia e España.[31] O 12 de abril de 2018 sacaron á venda un novo traballo, Filosofía incendiaria, un EP con cinco cancións gravadas en 2017. Foi gravado en Oleiros e Vigo[32] e incluíu as colaboracións de La Raíz, Ganjahr Family, Trópico de Grelos, DJ Mil e Antón Seoane, de Milladoiro, tocando a zanfona.[33] Deste EP publicaron catro videoclips, os das cancións "Lume", "Eterno festival", "Sobran as palabras" e "En Compostela". Na canción restante, "Escárnio e Maldizer", solidarízanse co CSOA Escárnio e Maldizer de Santiago de Compostela, desaloxado en 2017.[34] O traballo foi presentado no Viña Rock en abril e foi o inicio do "Filosofía Incendiaria Tour", co que xiraron pola Península[35] durante todo o 2018 e 2019.[36][37]

Membros[editar | editar a fonte]

Dakidarría: Formación no ano 2015.

Membros en activo[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Diskordia nas Rías Baixas 2003 maqueta
Fragasaurus Rex 2005 Sindrome Discos álbum
El futuro nunca existió 2008 Santo Grial Records álbum
Realidades alienantes 2010 Revolution Producciones álbum
Utopías emergentes 2011 autoeditado álbum
10 anos na rúa 2015 autoeditado recompilatorio
Utopías emerxentes 2015 autoeditado reedición en galego de Utopías emergentes
De cuncas e de mar 2016 Maldito Records álbum ao vivo
Filosofía incendiaria 2018 autoeditado EP
Colaxe 2022 El garaje producciones, Incendiaria Records álbum
XX 2024 álbum en directo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El futuro existía para Dakidarría: Una gran familia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Entrevista con Dakidarría" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  3. "«Houbo aletargamento, pero a besta asoma os dentes»". La Voz de Galicia. 5 de maio de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  4. ""Hai inxustizas tan grandes que non podemos deixar de falar delas"". Vieiros. 7 de agosto de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  5. "Biografía de Dakidarría" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2019. 
  6. "Fragasaurus Rex" (en castelán). 8 de novembro de 2005. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "Dakidarría". Santo Grial Records (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2019. 
  8. "Glen Matlok y «Toy Dolls», históricos del punk, tocan hoy en el Multiusos". La Voz de Galicia. 21 de outubro de 2005. Consultado o 29 de novembro de 2019. 
  9. "Biografía de Dakidarría" (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2019. 
  10. "El futuro nunca existió". BandCamp. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  11. "Discografía de Dakidarría". Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  12. "REALIDADES ALIENANTES" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  13. "DAKIDARRÍA “Realidades alienantes…” (2010)" (en castelán). 1 de abril de 2014. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  14. "Rebeldía con alegría". Galicia Hoxe. 31 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  15. "Dakidarría se exhibe con los suyos" (PDF). Faro de Vigo (en castelán). 13 de agosto de 2010. p. 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  16. "Dakidarría cambia de baterista" (en castelán). 14 de febreiro de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  17. "Dakidarría lanzan su nuevo disco, ‘… Utopías emergentes’ y el videoclip del single ‘Sigue ardiendo’" (en castelán). 26 de novembro de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  18. Velasco, Dany. "DAKIDARRÍA – … UTOPÍAS EMERGENTES" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  19. "Various ‎– Canta Historia na Barriada: XX anos de Skacha". Discogs (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  20. "Dakidarría presenta una canción homenaje a Skacha por su XX aniversario" (en castelán). 7 de novembro de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  21. "LOITO OFICIAL VS FRAGASAURUS FEST!!". Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  22. "Festa pola morte de Fraga: Vigo non está de loito!". Flickr. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  23. "Dakidarría retoma o día 15 a súa xira de 10 Anos na Rúa". 5 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  24. "Dakidarría: 10 anos na rúa". Sermos Galiza. 24 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  25. "Maki (Obrint Pas, Disidencia) es el nuevo batería de Dakidarría" (en castelán). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  26. "CAMBIO EN LAS FILAS DE DAKIDARRÍA" (en castelán). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  27. "Cambios en la formación DAKIDARRÍA y próximos proyectos" (en castelán). 23 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  28. "Dakidarría prolongan la gira De Cuncas e de Mar" (en castelán). 17 de abril de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  29. "Dakidarría celebra 13 anos con De cuncas e de mar". 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  30. "Dakidarría – De Cuncas E De Mar" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  31. "Xira Lume Tour". Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  32. "DAKIDARRIA: “Filosofía Incendiaria”, nuevo trabajo (28/03/2018)" (en castelán). 28 de marzo de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  33. ""Facer camiño e estar co noso público é necesario coma o aire que respiramos"". Sermos Galiza. 12 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  34. "[DAKIDARRÍA] Nuevo EP “Filosofía Incendiaria” ya disponible" (en castelán). 13 de abril de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  35. "Nuevas fechas para la gira de Dakidarría". Mondo Sonoro (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  36. "Dakidarría anuncia nuevas fechas para su Filosofía Incendiaria Tour" (en castelán). 26 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  37. "DAKIDARRIA: Nuevos conciertos de "Filosofía Incendiaria Tour '19"" (en castelán). 30 de maio de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]