Betagarri
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Betagarri | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Vitoria - Gasteiz, País Vasco |
| Período | 1992- |
| Xénero(s) | Ska - rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Mil A Gritos Records |
| Membros | Iñaki, Aitor, David, Iker, Mikel, Unai, Paulo e Iosu. |
| Antigos membros | Pablo (baixo), Gontzo (guitarra) e Miguel Ángel |
| Web oficial | www.betagarri.com |
Betagarri é un grupo musical de Vitoria - Gasteiz (País Vasco) formado a finais de 1992.
O grupo iniciouse con Gontzo, Iñaki e Aitor, que eran amigos e acostumaban saír de festa co nome de guerra de Betagarri. A Gontzo tocoulle unha guitarra eléctrica nun concurso da televisión, e como Iñaki cantaba nun coro e Aitor adoitaba tocar unha guitarra española, empezaron a tocar algunhas cousas e máis xente se foi unindo ó grupo.
En febreiro de 1997 gravaron o seu primeiro disco, Betagarri, publicado por Mil A Gritos Records.
Os compoñentes do grupo son:
- Iñaki, voz.
- Aitor, guitarra.
- David, saxo.
- Iker, batería.
- Mikel, trombón.
- Unai, trompeta.
- Paulo, baixo.
- Iosu, novo baixo.
[editar] Discos publicados
- Maketa (1994)
- Betagarri (1997)
- Arren Erro Zaharra (1999)
- 80/00 (2000)
- Freaky Festa (2000)
- Remix (2001)
- Arnasa Hartu (2002)
- Zuzenena (2004)