El Jueves
El Jueves, la revista que sale los miércoles (O xoves, a revista que sae os mércores), coñecida popularmente como El Jueves, é unha publicación española de humor e sátira política editada semanalmente en Barcelona.
El Jueves naceu en 1977 durante o período da Transición Española e durante un tempo denominouse "El Jueves, la revista que sale los viernes". Publicada desde aquela semanalmente, superou os 1500 números.
O símbolo da revista é un bufón, que aparece tradicionalmente na cabeceira das portadas.
Índice |
[editar] Composición
A publicación semanal corenta con 72 ou 80 páxinas, vinte delas dedicadas á actualidade política, económica ou social, sempre en ton humorístico e en forma de tira, e o resto, historietas dos distintos autores con carácter semanal. Cada tres meses publícase unha edición “extra” de entre 104 e 120 páxinas sobre un tema determinado: a monarquía, as relixións, os videoxogos, ou algunha noticia relativa de interese.
El Jueves crítica desde a sátira a Institucións, organizacións e protagonistas do panorama español: a monarquía española, os partidos políticos, a relixión, a prensa rosa e a sociedade en xeral.
[editar] Seccións
Entre as seccións recorrentes de El Jueves atópanse as seguintes:
- Portada, realizada baixo o estilo de algún dos debuxantes de El Jueves sobre algunha cuestión candente. Outras portadas que poderían ter aparecido tamén se publican.
- O editorial, que trata do tema de actualidade elixido para esa semana que se desenvolverá nas primeiras páxinas da revista. Nas primeiras follas, a pé de páxina, en branco sobre negro, hai escritas mensaxes con linguaxe SMS.
- "Nonoticiero semanal", parodia de noticias, en particular das edicións dixitais dos xornais, que ocupa unhas catro páxinas, onde se mesturan viñetas, breves textos cómicos e fotomontaxes, todo sobre a actualidade nacional e internacional. Inclúe "El gilipollas de la semana", sobre o personaxe máis ridículo da semana en opinión dos debuxantes de El Jueves.
- "La pregunta de la semana".
- "Lo que nunca sale por la tele".
- "Recortes de la prensa seria", unha sección de recortes con titulares estraños ou curiosos provenientes de distintos xornais.
- Un póster, xeralmente debuxado por Vizcarra.
- "En familia", sección de cartas ó director.
- "La guinda final".
[editar] Historietas
Algunhas das historietas de El Jueves son:
- "Dinero" de Miguel Brieva
- "Teletipo" de Pepe Colubi
- "Federik Freak" de Rubén Fernández
- "Sexorama" de Manuel Bartual
- "Sauna Paradise" de Carles Ponsí
- "Mundo salvaje" de Reiser
- "La parejita S.A." de Manel Fontdevila
- "La tita Virginia" de Ozeluí
- "Acné" de Pallarés
- "Los ilegales" de Bernardo Vergara
- "Martínez el Facha" de Kim
- "Silvio José, el buen parásito" de Paco Alcázar
- "La Reina y yo" de Guillermo
- "Los bonitos recuerdos de Palmiro Capón" de Lalo Kubala
- "Grouñidos en el desierto" de Ventura
- "Ángel Sefija" de Mauro Entrialgo
- "Genaro... la brasa en casa" de Mel
- "Tato" de Monteys (Originalmente "Tato, con moto y sin contrato")
- "Makinavaja, el último choriso" de Ivà
- "Ortega y Pacheco" de Pedro Vera
- "Lucía gabinete de sexología" de Juan Álvarez y Jorge Gómez
- "Las 3 amigas" de Pablo Velarde
- "Baldomero" (originalmente "Madurito, feo y sin dinero, ¿qué más quieres, Baldomero?") de Pallarés
- "Curro Córner" de Ozeluí
- "Clara de noche" ou (Clara... de noche) de Bernet
- "Puticlub" de Fer
- "Obispo Morales" de JA
- "Mamen" de Mariel e Manel Barceló
- "El profesor Cojonciano" de Óscar
- "Seguridasosiá" de Maikel
- "Caspa radiactiva" de Darío Adanti
- "Para ti, que eres joven" de Manel Fontdevila e Albert Monteys
- "Ocurrió cerca de tu casa" de Carlös
- "El Capítulo que no veremos" de Jordi March
- "¡Dios mío!" de J.L.Martín
- "La tierra está malita" de José Luis Ágreda e Bernardo Vergara
- "Olegario Gandaria" de Pallarés
- "A punta pala" de Azagra
- Outro colaborador de "El Jueves", Santi Orue, adoita realizar fotomontaxes onde se parodian anuncios para criticar algún aspecto da actualidade política. Tamén colaboran Gallego y Rey e noutra época o debuxante Forges.
Co número extra sobre Estados Unidos (nº 1.428) empezou a publicarse "la otra revista que sale los miércoles", Mister K, orientada a un público infantil e xuvenil.
En 2003 apareceu El Jueves Campus, un suplemento do xornal 20 minutos con varias historietas, habitualmente centradas no mundo do estudante. Repártese gratuitamente o segundo xoves de cada mes en zonas universitarias. En 2006, a revista, en colaboración co grupo El Terrat, fundou a revista BF, dedicada ó programa diario da televisión dirixido polo xornalista e presentador Andreu Buenafuente.
As súas homólogas estranxeiras son a revista MAD en EE.UU., a revista Barcelona en Arxentina e Charlie Hebdo en Francia.
[editar] Polémicas
Dado o carácter crítico e satírico da publicación, ó longo da súa historia viuse implicada en diversas polémicas.
En 2002, a revista amosou no seu número 1.299 de abril unha caricatura de Ariel Sharon con trazos porcinos e cunha esvástica nazi; Shimon Peres, ministro israelí de exteriores, púxoa como exemplo do sentimento antiisraelí en Europa. Debido á exposición de esa portada ante as cámaras por parte de Peres, a revista apareceu en medios de comunicación de todo o mundo.
O 20 de xullo de 2007, por orde de Juan del Olmo, xuíz da Audiencia Nacional, a revista foi secuestrada a petición da fiscalía por un suposto delito de inxurias á Corona (O xuíz Del Olmo ordea o secuestro de 'El Jueves' por unhas viñetas dos Príncipes). Na portada do número 1.573 (Reprodución da portada do número 1.573) da mesma (publicada o día 18 de xullo do mesmo ano) aparecía unha caricatura dos Príncipes de Asturias mantendo relacións sexuais, calificada como "claramente denigrante e obxectivamente infamante" no auto xudicial.
Segundo o autor, "o mellor é que me corten a man dereita" e alude a que en ningún lugar da portada "se di que os debuxos sean de Felipe e Letizia" (Guillermo, debuxante da viñeta: 'O mellor é que me corten a man dereita', El Mundo) e que "a quen dibuxei é a Tom Cruise e Katie Holmes" e a decisión xudicial é "para rir" (name="injuriar">"A nosa intención era criticar os 2.500 euros, non inxuriar", El País). Pola súa parte, o director de El Jueves afirmou que "a nosa idea era burlarnos da medida electoralista de Zapatero e os 2.500 euros").
Esta orde xudicial, lonxe de impedir a difusión da caricatura, produciu un efecto de "marketing viral", en virtude do que a polémica portada terminou aparecendo en multitude de medios de comunicación, tanto en papel como digitais, así coma nunha grande cantidade de páxinas web, blogs e foros.