Plus Ultra (lema)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lema Plus ultra no Concello de Sevilla
Escudo de España co lema Plus ultra ao redor das Columnas de Hércules

Plus ultra, que provén do latín e significa "Máis aló", é un lema latino e o lema de España.

Índice

Orixe [editar]

Foi Carlos I de España quen o utilizou como o seu lema persoal como expresión do dinamismo do novo imperio español[Cómpre referencia].

Segundo os estudos de Earl Rosenthal, o lema provén da influencia do médico e conselleiro persoal de Carlos V, o humanista milanés Luigi Marliano[Cómpre referencia]. Este aconsellou ao novo duque e futuro emperador en 1515, cando alcanzou a súa maioría de idade e foi proclamado Gran Mestre da Orde do Toisón de Ouro, pór baixo a súa oficina o lema latino Plus ultra.

Exploración marítima [editar]

Este lema utilizouse para animar a desafiar e esquecer a antiga advertencia aos navegantes, que segundo a mitoloxía romana, Hércules puxera dous alicerces no Estreito de Xibraltar, e críase que eran o límite do Mundo, a última fronteira para os navegantes do Mediterráneo que podía alcanzar. Era o Non Terrae Plus ultra (Non existe terra máis aló) en referencia tamén a Finisterre, pero este lema perdeu o seu poder simbólico por mor de que Cristóbal Colón chegase ás Indias Occidentais cruzando o océano Atlántico en 1492.

Lema [editar]

Desde entón, este foi o lema nacional de España. No actual escudo constitucional, o lema vén escrito ao redor das dúas Columnas de Hércules.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]