Frota de Indias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Frotas de Indias foron un conxunto de barcos que entre os séculos XVI a XVIII facían a travesía entre América e a península. Levaban manufacturas para as colonias e volvían cos produtos americanos e orientais. España tiña o monopolio sobre o transporte de mercancías fose cal fose o país de destino.