Heraclio Pérez Placer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heraclio Pérez Placer, nado en Ourense o 8 de novembro de 1866 e finado en Calatayud (Aragón) o 21 de outubro de 1926, foi un escritor, xornalista e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como médico en Ourense.

Un dos escasos prosistas en lingua galega do século XIX, Pérez Placer afástase tanto do bardismo pondaliano como do costumismo ruralizante. Colaborador de Valentín Lamas Carvajal na publicación O Tío Marcos da Portela, acabou enfrontándose politicamente co seu mestre e pasou a colaborar en El Derecho e As Burgas e fundou e dirixiu El Diario de Orense.

Coñecido como prosista, tamén escribiu poemas que apareceron ciscados na prensa galega, en libro apareceron Cantares(1887), Os fillos dos tronos. Bodas de morte (1888) e A vendima. Costumes vellas (1895). Como autor en prosa xa aos 21 anos escribiu a súa primeira novela, Predicción publicada por entregas n'O Tío Marcos da Portela en 1889. Outros libros de narrativa foron Contos, lendas e tradiciós (1891), Contos da terriña (1895) ou Veira do lar (1901). Malia os títulos, Pérez Placer rompeu coas técnicas do conto tradicional e popular e abre o camiño impresionista que seguirá Francisco Álvarez de Nóvoa.

Como editor creou a Biblioteca Verde y Rosa, na que apareceron algunhas das súas obras e outras de Francisco Álvarez de Nóvoa.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Cantares, 1897. Accésit no Certame Literario de Ourense.
  • O fillos dos tronos. Bodas de morte, 1888.
  • A vendima. Costumes vellas, 1895.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Predición, 1887. Accésit no Certame Literario de Betanzos
  • Contos, leendas e tradiciós, 1891.
  • Contos da terriña, 1895.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Lo inmoral de la moral. Espíritu y carne, 1907.
  • Diálogos femeniles, 1912.

Zarzuela[editar | editar a fonte]

  • Morir amando: zarzuela en dos actos y seis cuadros, 1890.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]