Conversa usuario:Atobar/arquivo 7

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vooou! ;-) --. HombreDHojalata.conversa 11:34, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)

Preguntiña de estilo[editar a fonte]

Boas, vin agora unha edición no artigo Selección de rugby de Gales na que no medio do artigo engade unha ligazón externa asociada, neste caso, a unha data (busca nese artigo o texto "23 de marzo de 1968" para ver o que che digo). Mirei no libro de estilo e non se indica nada ó respecto pero penso que ó mellor esta práctica non é demasiado correcta porque así póñense ligazóns no medio do artigo que levan a fóra da wiki o cal pode incomodar ós lectores, xa que aínda que esas ligazóns teñen un debuxiño para diferencialas, a xente pode que non se decate no momento de pulsalas. Penso que ó mellor este tipo de cousas non se debían permitir para que tódalas ligazóns externas se agrupen ou ben na sección de notas ou ben na propia sección de ligazóns externas... ¿ou non?. Eu non atopei nada nas políticas nin nas axudas de edición ó respecto, non sei se ti coñecerás algo sobre isto, e xa me contarás o que che parece o conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:38, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

A edición esa xa foi modificada no seu momento, coa ligazón externa posta como referencia. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:22, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
¿E está indicado nalgún lado do libro de estilo ou outro sitio?. É que eu non o atopei e se non está quizáis estaría ben poñelo, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:04, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
Xa me parecía a min que debía estar nalgures, moitas grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:33, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Festas de interese turístico nacional[editar a fonte]

Tes razón, sería o mellor. E coas festas de interese turístico internacional tamén, non? --Imxavitooh 12:54, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Historia de Europa[editar a fonte]

Ola Alejandro. Bo ano 2012. Nestes días iniciais do novo ano dediquieme a preparar o artigo Historia de Europa. Guistaríame que lle botaras unha ollada para ver se está ben (non o creo), regular (o máis probábel) ou mal (mal, non está, senón non me atrevería a gardalo) e que, como sempre, me fixeras as túas amábeis e atinadas suxestións. Para que vexas cales son as miñas principais dúbidas, mira auí. Grazas.--XoioÉche o que hai 15:56, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)

Valentín Paz-Andrade[editar a fonte]

Boas Atobar, a xulgar polo que acabas de facer de borrar a ligazón a reintegracionismo no artigo de Valentín Paz-Andrade deduzo que acabas de ler o meu comentario na votación. Vexamos, se temos en conta o título da súa obra Galiza lavra a sua imagem algo debe haber de reintegracionismo, ao que me refería é que hai que citalo nunha sección tipo Paz-Andrade e o Reintegracionismo, porque coido que do contrario si que estariamos a incumplir os requisitos de calidade (se tiña relación e non se di o artigo xa pasa a estar incompleto, e a xulgar polo título da obra algunha relación si que tiña), non podemos silenciar unha corrente, que aínda que minoritaria existe no país. Eu esperaría a que alguén se pronuncie sobre o tema. Por todo o exposto procederei a desfacer a túa edición. Un saúdo, Piquitoconversa 19:10, 9 de xaneiro de 2012

Non sei por qué, mais non podo desfacer a túa edición, volvo engadir a ligazón. Piquito

Engádoo máis que nada porque ante a miña ignorancia prefiro que a comunidade decida, xa que eu non sei se foi unha persoa importante no desenvolvemento do reintegracionismo e se o foi considero que si que debería ir, de todos xeitos, xa se verá cómo queda definitivamente. Unha aperta, Piquito

estados desaparecidos[editar a fonte]

Xa sei que estás moi ocupado. Pero a ver se nun anaquiño de tempo libre lle podes botar unha ollada a isto. Grazas. --XoioÉche o que hai 16:09, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ola. Xa estou outra vez coas miñas choradas. Por favor, bóalle unha ollada a isto. Despois de un mes, ninguén me fixo caso. --XoioÉche o que hai 16:15, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Catedral da Maior (Marsella)[editar a fonte]

Ola, meu! Mirei que creaches ti o artigo Catedral da Maior (Marsella); habería que axeitarlle o título; quizais Catedral de Marsella (como hai Catedral de Ourense ou Catedral de Lugo) ou Catedral de Santa María a Maior de Marsella (como hai basílica de Santa María a Maior de Pontevedra e como hai fr:Cathédrale Sainte-Marie-Majeure de Marseille). Saúde! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Estevoaei (conversacontribucións)

Non sei sa hai política oficial, pero sóame que se traduce o nome da advocación dos templos, por exemplo basílica de Santa María a Maior de Roma. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:55, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Sucesos de Vitoria[editar a fonte]

Ah, non. Iso non, nesa si que non me pillas, hahahah :D :D Por outra banda, esforceime por conseguir neutralizar o artigo de Manuel Fraga, pero seguramente haxa cousas mellorables. Con todo, creo que conseguir un bo estándar de neutralidade neste artigo é mooooi complexo. Por min, está visto para sentenza, quitando un par de datiños que se lle poidan engadir sobre o funeral e demais. Así que mételle man. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 23:18, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Montenegro[editar a fonte]

Ola Atobar. Iso, precisamente, era o que quería saber. Como sabes, non estou moi ao tanto das normas, e xa imaxinei que o que fixen podía causar algún tipo de problemas. Entón, se entendín ben, debo pasar o que fixen ao primeiro (iso fágoo agora xa) e pedir que se borre o 2º? Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 14:10, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

Repúblicas de Montenegro[editar a fonte]

Ola. Coma sempre, molestando (é a miña teima). Mira, se tes tempo, isto e dime se, desta vez, o fixen ben. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 22:01, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

Numerosas Serbias[editar a fonte]

Ola Alexandre. De novo ando coas miñas lerias. Querendo facer un artigo (xa feito) sobre a "República de Serbia", unha ligazón remitiume a Serbia - Србија (que é o nome da Serbia actual, oficialmentre República de Serbia). Pero como Repúblicas Serbias hai varias, o mesmo que Reinos de Serbia (xa fixera unha páxina de homónimos para eles), igual que Principados de Serbia, fixen, para reunir todas as entidades políticas que levan ou levaron o nome de Serbia (incluídas a República Serbia (entidade de Bosnia-Herzegovina) e a República Serbia de Krajina (que formou parte de Croacia), unha nova páxina de homónimos. De momento, deixzeino aí, sen indicar en cada artigo de Serbia a referencia á páxina de homónoimos, para que non pase coa de Montenegro. A ver como se podería amañar isto. A páxina está aquí. Xa che dixen, cando te avisei do da Historia dos eslavos do sur que as cousas por aqueles lares sonche bastante complicadas. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 21:33, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Media de edicións por páxina[editar a fonte]

Boas, ¿podes dicirme onde se mira ou como se calcula o dato da media de edicións por páxina?, ¿sabes se se pode obter ese número usando as palabriñas máxicas da wiki?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:15, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)

Atopei que tamén se pode calcular con isto: 13.038007130706 ({{#expr:{{NÚMERODEEDICIÓNS}}/{{NÚMERODEPÁXINAS}}*1000}}). ¿Hai algún sitio que teña un historial destas medias de edición de artigos para saber que número se pode poñer para facer un control deste dato?. Quero dicir, para o tema dos 100.000 artigos, si aumentamos moi rápido o número de artigos, ¿en que cifra de media de edición de artigos votamos o freno para poñernos a facer revisións?, ¿en 13,16, en 13,17 ou en 13,15?, ¿ou ese número deu a casualidade que baixou demasiado eses días e debería estar en 13,20 ó mellor...?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:25, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)
Si, creo que me liei demasiado..., deixeille unha mensaxe a Xabier, se queres podes miralo a ver se me expliquei mellor alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:26, 25 de xaneiro de 2012 (UTC)

marcadores[editar a fonte]

Ola Atobar!! Vin que retiraches o marcador en progreso no artigo de Così fan tutte, podo entender que por "peso" ou por cantidade de información poda ser retirado, mais falta moita información importante (por exemplo, non hai nada en absoluto sobre o argumento) polo que penso que non debería retirarse, pasa eso con tódolos artigos de ópera que fun creando (que por certo son case todos os que hai nesta wiki para o meu disgusto) e os tentarei mellorar, mais repito, faltando informacións importantes coido que deberían manter o marcador. Unha aperta, Piquitoconversa 22:56, 25 de xaneiro de 2012

Rascia e Principado de Serbia (medieval)[editar a fonte]

Ola. Xa sei que sigues moi ocupado, e que o tema este da Idade Media serbia non é o teu preferente. Pero mira de ver se podes botarlle unha ollada a [1] e a [2]. Modestamente, creo que se trata do mesmo artigo (pódese comporobar polas interwikis) pero hai algunhas discrepancias: duración do reinado, estado precedente, estado(s) sucesor(es), entre outras cousas, á parte dunha ligazón morta no artigo 1º —que borrei— e do feito de que Rascia ou Raška é máis ben un termo xeográfico (o que non obsta para que fose o nome dalgunas estrutruras políticas medievais serbias). Para centrarte mellor no asunto, mira tamén Serbia (homónimos) e Raška (topónimo) (este último, vouno facer agora, porque non me gusta que cada vez que apareza este termo nos artigos se remita ao 1º dos que che comento. Grazas. --XoioÉche o que hai 16:57, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ola Atobar. Por se é do teu interese, mira como vai a miña conversa con HombreDHojalata.

Referencias[editar a fonte]

Ola Atobar, grazas polo consello, pero pola miña parte non vai haber máis edicións, polo que o teu consello llelo darei a saber a quen me pregunte por algo relacionado coa Galipedia. Grazas.--Pontesiño 21:05, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

"Hospital dos Reis Catóilicos"[editar a fonte]

Ola Atobar. Non sei se fixen ben este cambio e se se axusta ao que me dixeches. Mírao e dime se está ben (ou regular, ou mal). Grazas. --XoioÉche o que hai 04:18, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Varas grandes, homes e baróns[editar a fonte]

Ola. He, he, he. Foi un descoido meu, por non poñer "en uso". E que a páxina e un algo complicada e tiven, por problemas, co meu PC, que arquivala varias veces sen rematar (e sen poñer o aviso, por descoido). Aínda ando nela. Viches Parador de Santiago que complementa a Hospital dos Reis Católicos? Mírao e, se che ocorre algunha suxestión, dimo. Por outro lado, non tedes forma de cambiar o estaño título de dito artigo e poñelo, por exemplo, co máis propio de Hospital Real de Santiago? --XoioÉche o que hai 16:48, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Reproposta[editar a fonte]

Aí vai. O que eu fago é deixar a votación vella pechada na parte inferior e abrir a nova na parte superior, na mesma páxina. --. HombreDHojalata.conversa 19:00, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Ola queria pedirche o favor que trasladarás o articulo "regueton" a "reggaeton" xa que ese é o nome orixinal do xénero musical!!! grazas--Thknny 02:15, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Morte (artigo)[editar a fonte]

Ola Atobar. Vexo que andas moi ocupado porque non te vexo ultimamente (se cadra é polo frío). Se tes tempo (e soben as temperaturas) gustaríame que miraras isto. Grazas, e bo entroido. --XoioÉche o que hai 20:22, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Casas de concellos[editar a fonte]

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Trazo, Vedra e O Pino son limítrofes con Santiago..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Avisei tamén a JonnyJonny, a ver se entre os dous podedes con eles :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:19, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Non dou feito... :) E sempre me metes en cada sarillo... heheh. :D Botareille un ollo, pero é que estou moi liado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:36, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Saúdo[editar a fonte]

Ola Atobar. Grazas pola túa mensaxe. Fixen o que fago habitualmente cando son artigos de persoas vivas. É un procedemento que sigo case automático desde que tiña que facer esas comprobacións hai anos. Despois diso vinme no compromiso de calar ou de expresar aquilo que viñemos aplicando sempre. Se repasas as miñas mensaxes en ningún momento dixen que foras ti o Guldhammer quen creara o artigo na Galipedia. Na relación dos IP quixen deixar claro que ao ser un IP compartido o que creou o artigo puido ser calquera. Talvez unha das características da Galipedia é o seguemento que facemos para que non haxa edicións problemáticas nos artigos de persoas vivas. O feito de que o artigo proceda dunha versión que si esta comprometida obriga a borralo porque temos borrado unha chea de artigos nesas condicións e aplicamos ese procedemento cando un IP (a primeira edición dese IP foi esta, e apenas fixo algunha máis) ou usuario creado ex profeso fai ese tipo de edicións. Se deixamos este, na miña opinión, estamos facendo unha excepción. Creo sinceramente que hai que borralo e esperar que no futuro ninguén relacionado con nós (refírome ao usuarios da Galipedia que temos relación contigo) cree ese artigo porque senón sería sinalarlle o camiño aos que non actúen de boa fe. Debería crealo alguén independente. Sinto que te viras nesta desagradable circunstancia e descúlpame por ser incapaz de deixalo estar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:00, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Artigo Poesía[editar a fonte]

Non me apetece nada meterme nese artigo. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 19:05, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Foramen vs Forame[editar a fonte]

Ola Atobar. Se tes tempo, mira isto. Grazas. --XoioÉche o que hai 19:57, 8 de marzo de 2012 (UTC)

  • Non me dera conta diso (e non sabía se se aceptaría a miña proposta, aínda que fora do máis lóxico; o erro creo que estaba, como se pode ver nas interwikis, nunha copia do título en castelán, idioma no que, en terminoloxía científica —e noutras—, hai que andar con moito ollo). Creo que xa o arranxei todo: só falta borrar "Foramen magno", que xa etiquetei como "lixo". --XoioÉche o que hai 17:23, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Comentario[editar a fonte]

Ola Atobar. No texto da zona de probas hai indicacións de autoría que fan pensar que pode haber algunha cuestión relacionada cos dereitos de autor a ter en conta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:47, 9 de marzo de 2012 (UTC)

É unha boa nova que se acheguen novos usuarios, se o texto non ten problemas de dereitos de autor as cuestións referidas ao formato son secundarias. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:22, 9 de marzo de 2012 (UTC)
A miña única preocupación era o tema dos dereitos porque vin algúns casos dubidosos estes días, pero non teño tempo para atender a todo. Mesmo teño pendente cun colaborador revisar Lourenzo Fernández Prieto. A miña intención é avanzar no das categorías ocultas (polo de agora nas parroquias) para facilitar a actualización e xestión da Galipedia na procura da mellora de calidade que é algo no que todos os que pasamos por aquí sempre quixemos afondar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:32, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Ves de mover a páxina na que estaba a traballar e fodíchesme unha sección que estaba a traducir. Entendo que non hai mala intención, pero por favor, ten máis coidado, que para iso puxen o marcador. Grazas, --Norrin_strange (Fala-me) 17:23, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Tes razón, alí non se ve. Vouno mover. --Norrin_strange (Fala-me) 17:33, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Máis números[editar a fonte]

Boas!, atopei hoxe de casualidade unha ferramenta que busca artigos e categorías illadas nas wikis e que mostra información ó respecto destes datos, se che interesa mira esta páxina e esta. Coméntocho porque como che gustan tanto os numeriños das wikis... ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:42, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Eúscaro ou éuscaro?[editar a fonte]

Vin unha edición que puxo éuscaro, correcto segundo o Volga, pero buscando na Galipedia atopo algúns sitios con eúscaro, que non sae no Volga, ¿valen as dúas ou eúscaro é incorrecto?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:14, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Edición de proba. Un saúdo. --Quinto de Bamiro (conversa) 13:26, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Proba --Quinto de Bamiro (conversa) 13:28, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Xa está. --Quinto de Bamiro (conversa) 13:29, 15 de marzo de 2012 (UTC)

esquecera estes signos Atobar[editar a fonte]

Para Atobar: Sigo sen saber como pasar unha foto do meu ordenador ó artigo. Se non lembro mal, os pasos anotados eran estes: Caixa de ferramentas ==> cargar un ficheiro ==> ¿como fago agora para ir ó aquivo onde teño a fotografía? (no correo electrónico teño "examinar") ==> despois supoño que teño que encher o de Description, author etc. ==> Licenza ==> procurar: Posse ==> editar --Quinto de Bamiro (conversa) 16:08, 15 de marzo de 2012 (UTC) --Quinto de Bamiro (conversa) 16:12, 15 de marzo de 2012 (UTC)

un paso máis, pero é desesperante Atobar[editar a fonte]

Quewre dicir que por "Examinar" localicei a fotograía no meu ordenador, pero logo para levala a "Juan Anyonio Posse" sempre resulta que hai un impedimento, sobre toso no "Nome do ficheiro a cargar" (supoño que será o nome de identificación da foto, por exemplo: "Casa Vella ou de Mariana, en Soesteo, nonde naceu Posse". Tamén no nome de ficheiro de destina, onde puxen "Juan Antonio Posse" e despois en gadín ".jpeg" pola indicación que se me facía, e ó final xa non sei qué cristo é. En fin, desanímame, pois faime perder moito tempo sen resultado práctico. --Quinto de Bamiro (conversa) 17:35, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Prevert está dado de baixa como usuario, Atobar[editar a fonte]

Remíteme a un tal Toliño pero non atopo onde escribirlle. Como quixera que o traballo saíse para o 19 de marzo (o bicentenario da Constitución do 12), enviareiche unhas fotos máis e ediítalo xa, senón estarei eternamente dándolle voltas e voltas, pois a min sempre me poñerá un impedimento para pasar as imaxes ("A extensión do ficheiro ".jpeg-tumb-right---" non coincide co tipo MIME detectado (image/jpeg)" e cousas polo estilo. Quinto

Gregorio_Palamas[editar a fonte]

¿Que che parece esta parte do artigo?, a min tenme unha pinta moi rara pero non sei que hai que facer con ela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:46, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas!, saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:31, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas polas correccións.Cada ano é un curso novo o que edita a entrada, por eso algúns fanno mellor que outros. Menos mal que estades aí para axudarnos,...--Colexio de Quintela-Moaña (conversa) 19:57, 16 de marzo de 2012 (UTC)

RE: etc.[editar a fonte]

Feito! Feito! Corrixino en translatewiki.net, así que poida que tarde un tempo en facerse efectivo na Galipedia. Grazas por tar o toque. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:39, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Terra folerpa ou Terra bóla de neve[editar a fonte]

Ola amigo. Se tes tempo, bótalle unha ollada a [3] Grazas. --XoioÉche o que hai 15:00, 21 de marzo de 2012 (UTC)

{lixo|repetida}

Terra folerpa ou Terra bóla de neve[editar a fonte]

Ola amigo. Se tes tempo, bótalle unha ollada a [4] Grazas. --XoioÉche o que hai 15:01, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Desbloqueo IP[editar a fonte]

Grazas polo desbloqueo. Son o usuario AArizaga escribindo dende o ordenador afectado polos vandalismos reiterados. Xa lle escribín tamén a HombredeHojalata sobre o problema, na súa páxina de conversa. Dende o centro educativo tentaremos que non se volva a repetir. Cando teña un listado de IP's do centro veremos se hai algún caso máis deste tipo. Graciñas de novo.--85.91.95.244 13:20, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Atobar. Fai case dous meses díxenche que deixaba de editar, pero como ves non me dei resistido e regresei a este proxecto. Intentarei non caer en erros pasados, así que preguntarei antes de facer. Aí vai a primeira pregunta: como fago para citar as obras de consulta cando engado info que saquei delas nun artigo? Un saúdo.--Pontesiño (conversa) 18:50, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas, intentarei facelo o mellor posible e seguramente che pida axuda mais veces. Un saúdo--Pontesiño (conversa) 19:08, 22 de marzo de 2012 (UTC)
Pero a bibliografía como se pon? Porque non sempre van ser enlaces web. Grazas de antemán--Pontesiño (conversa) 19:16, 22 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas, e perdoa por tantos comentarios. Un saúdo--Pontesiño (conversa) 19:27, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Mono = peza de vestir[editar a fonte]

A única que encontrei (das que valen na Galipedia) foi no Gran dicionario Xerais da lingua:

mono3 s.m. Traxe de afena dunha soa peza; funda.

--XoioÉche o que hai 11:08, 29 de marzo de 2012 (UTC)

Os dous Fernandos (sétimos)[editar a fonte]

Ola. Como ando metido estes días con temas da Guerra da Independencia española e afíns (p. ex. as Xuntas), encontreime con que hai dous artigos na Galipedia,

que, obviamente, cumpriría fusionar, fundir, refundir, unificar ou como se diga. Como non sei como se propón iso, dígocho a ti. O que si propoño é que o título do artigo fusionado fose, para seguir a norma (non sei se escrita) dos títulos de artigos sobre reis, o de Fernando VII de España (ademais, con iso, non se feriría a sensibilidade de ningún dos dous primeiros editores de ambos os artigos). --XoioÉche o que hai 22:48, 4 de abril de 2012 (UTC)

Dúbida en artigo e sobre resumen[editar a fonte]

Boas, teño dúas dúbidas faciliñas para ti :). Son estas:

  • no artigo de María Lopo puxeron a inicial en maiúsculas en Filoloxía Francesa e tamén en Literatura Francesa, ¿non hai que poñer todas esas iniciais en minúscula?.
  • a outra é sobre a palabra resumen, cando é do verbo resumir é correcto pero cando se usa coma nome é incorrecto xa que debe ser resumo, ¿non é?. Quero estar seguro porque hai bastantes artigos do tipo Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965 que teñen a sección Resumen do campionato que penso hai que amañar, preciso dunha segunda opinión :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:25, 12 de abril de 2012 (UTC)
Pois despois voume poñer a amañar esas cousas, da A.C. Alexandre Bóveda..., a ver..., se teño un momento fago unha cousa pequena. Pero..., fixeches a foto do "Wicho"? :). Por certo, o martes pola tarde vou ir a Santiago, se tedes un rato e vos apetece podemos quedar para tomar algo e comentar cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:32, 13 de abril de 2012 (UTC)
Xa puxen o anuncio do encontro en Santiago, bótalle un ollo que eu vou tentar facer a Asociación Cultural Alexandre Bóveda :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:14, 13 de abril de 2012 (UTC)
Feito! Feito!, para comezar ben chega :). Por certo, se tes un momento bótalle un ollo a un par de imaxes que teñen bonitamente na súa páxina... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:52, 13 de abril de 2012 (UTC)
Andas lixeiro, ho! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:54, 13 de abril de 2012 (UTC)

Oki, --Elisardojm (conversa) 11:34, 17 de abril de 2012 (UTC)

Desblokeoa / Desbloqueo[editar a fonte]

Blokeo deritzon zure mezuan burututako aipamenari buruz eta neure burua une batez desblokeatu dudalarik:

  • Euskarazko Wikipediak 100.000 artikulua iragatea ez da lankide baten edo besteren erabakia izan. Aipatutako erabaki hori Wikipedia honetako lankide guztien artean proposatu, erabaki, onartu eta bozkatua izan zen, ekimen hau aurrera eramateko baiezko emaitzaz. Izan ere, 100.000 artikulua den Euskararen debekua hogeiren bat lankideek elkarlanean (auzolana) 100.000 artikuluaren ailegatzea ospatzeko asmoz idatzi zuten.
  • 2012ko apirilaren 14an: Euskarazko Wikipediak 123.558 artikulu eta 17ko sakontasuna du, bienbitartean galizierazko Wikipediak 84.artikulu (40.000 artikulu gutxiago) eta 18ko sakontasuna du (1 gehiago).

Artikulu kopurua handituz doan einean sakontasuna mantentzea zailagoa dela jakinda: Galizierazko Wikipediak 18ko sakontasuna eta euskarazko Wikipediak 17ko sakontasuna dueelako "harrokeri" hori barregarria da, galizierazko Wikipediak euskarazkoak baino 40.000 artikulu gutxiago baiditu (bere artikulu kopuruaren erdia), euskarazko Wikipediak 17ko sakontasuna, eta polonierazko Wikipediak 14koa esatearen parekoa da, polonierazko Wikipediak euskarazkoak baino 750.000 artikulu gehiago dituenean.

Eta boten inguruan "gurditik jeistearekin" ez dakit zertaz ari zaren, boten "aurka" dagoen norbait (edozein Wikipedietan erabiliak: ingelesezkoan 1.000.000. artikulura iristeko, katalanezkoan Estatu Batuetako udalerriak sirtzeko, euskarazkoan Frantziako udalerri guztiak sortzeko, okzitanierazkoan Frantziako udalerri guztiak sortzeko...) itzultzaile automatikoak erabiltzearen aldekoa izatea ironikoa baita, hauek galizierazko Wikipedian modu hedatuan gaztelaniazko testuak automatikoki galizierara itzultzeko erabiltzen direlarik, boten gisa onura eta esku-lana murriztuz.

Zeure buruari galizierazko Wikipediaren bilakaera zergatik gelditu edo mantsotu den galdetu diezaiozu, ez beste Wikipediena zuena baino azkarragoa zergatik den. Ni behintzat penatuki egongo nintzatekeen gertakaria.
Hortaz, oilar gisa ez joan, kalparrik gabe gelditzekotan. Aurretik gauzak jankida mintzatu behar da, gero zure antzera hanka sartu nahi ez baldin bada.


Sobre el último comentario que realizas aquí en tu mensaje titulado bloqueo y desbloqueandome a mi mismo por un instante:

  • Que la Wikipedia en euskara rebasara los 100.000 artículos no es una decisión de tal o cual usuario. Dicha resolución fue propuesta, decidida, consensuada y votada por todos los usuarios de esta Wikipedia, con el resultado afirmativo de llevar esta iniciativa adelante. De hecho, el artículo 100.000 Euskararen debekua ("La Prohibición del Euskara") fue redactado mediante trabajo colectivo (auzolan) por una veintena de usuarios para celebrar la llegada al artículo 100.000.
  • A día del 14 de abril del 2012: la Wikipedia en euskara tiene 123.558 artículos y una profundidad de 17, mientras que la Wikipedia en gallego tiene 84.404 artículos (40.000 artículos menos) y una profundidad de 18 (1 punto mas).

A sabiendas que a medida que el número de artículos crece es más dificil mantener la profundidad: que pretendas "sacar pecho" de que la Wikipedia en gallego tiene una profundidad de 18 frente a la Wikipedia en euskara que tiene una profundidad de 17, cuando la Wikipedia en gallego tiene 40.000 artículos (la mitad de su total de artículos) menos que la Wikipedia en euskara, es tan irrisorio, como si yo quisiera "sacar pecho" de que la Wikipedia en euskara tiene de profundidad 17, y la Wikipedia en poláco 14, cuando la Wikipedia en polaco tienen 750.000 artículos más que la Wikipedia en euskara.

Y no se a que te refieres con lo de "bajarse del carro" con los bots, porque resulta irónico que alguién que pretende estar en "contra" de los bots (utilizados en cualquier Wikipedia: inglés para llegar al artículo 1.000.000, catalán para crear todas las localidades de Estados Unidos, euskara para crear todas las localidadesd de Francia, occitano para crear todas las localidades de Francia...), este a favor de la utilización de los traductores automáticos, utilizados extensamente en la Wikipedia en gallego para traducir automaticamente artículos del castellano al gallego, los cuales restan mérito y trabajo manual del mismo modo que los bots.

Preguntate a ti mismo porque la progresión tanto en artículos como en profundidad de la Wikipedia en gallego se ha estancado o ralentizado y en que estais fallando, y no porque la de otras Wikipedias se ha acelerado. Motivo por la que yo al menos estaría decepcionado.
Por lo tanto, yo que tu iría menos de gallo, no sea que te corten la cresta. Hay que informarse antes de hablar a la ligera, a no ser que luego se quiera meter la pata como en tu caso.

-Euskalduna 7:22, 14 de abril de 2012 (UTC)

RE: Varón[editar a fonte]

Pensaba que xa se quitara nunha das actualizacións destes días, xa o amañei. O cambio pode ser que non se actualice no programa ata dentro de 24 horas así que ata mañá seguirá dando aviso nesa palabra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:07, 15 de abril de 2012 (UTC)

Procurarei[editar a fonte]

Procurarei atopar máis datos, pois polo momento nn teño ningún sobre Dóriga. Saúdos,--Agremon(contacto) 21:11, 17 de abril de 2012 (UTC)

Algo fun facendo de Alfredo García Dóriga, pero dado o meu enferruxe na galipedia, necesita un repaso de estilo ... --Agremon(contacto) 16:23, 4 de maio de 2012 (UTC)

Galipedia falada[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momentiño, ¿poderías botar unha man con esta cuestionciña?. É que eu non quero meter a zoca. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:26, 19 de abril de 2012 (UTC)

Gracias pola aclaración. Pensaba que "Antreproyeito" estaba mal escrito (todo un trabalínguas). Fareino como dís. Tamén tomo nota das outras duas cuestións. Mañá corrixo os erros e subo o audio.
Graciñas!
--LaVozDeTuRelato (conversa) 21:01, 20 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato
Graciñas :)..., e vaites!, xa volvín votar mal!! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:40, 21 de abril de 2012 (UTC)

Aclaración para a pronuncia[editar a fonte]

Disculpa que abuse Atobar, teño dúbidas na pronuncia da palabra "leeremos" de: Somentes meu tío Juan Bautista Andrade, Castelao e Cabanillas leeron o orixinal, ¿A pronuncia correcta é como lindo unha ¨e¨ ou dúas? Moitas gracias --LaVozDeTuRelato (conversa) 21:18, 20 de abril de 2012 (UTC)

Pregunta sobre ligazón externa[editar a fonte]

Boas, preguntáronme por correo electrónico se podían engadir unha ligazón no artigo Muras a este blogue. Ten información e fotos pero non é oficial e ademais está en castelán..., ¿ti como o ves?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:40, 21 de abril de 2012 (UTC)

Tedes máis razón que un santo, moitas grazas polas notas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:38, 22 de abril de 2012 (UTC)

Fotografía[editar a fonte]

¿Como é posible que me teñas o artigo Carballeira de San Lourenzo sen unha soa imaxe? Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 29 de abril de 2012 (UTC)

Xa postos, tamén non é de recibo que o artigo Casa da Parra estea a la buena de Dios así sen imaxe, tendo que imaxinala os que non sexamos de Compostela. --Estevo(aei)pa o que queiras... 05:26, 1 de maio de 2012 (UTC)

Boas Atobar! Mira unha cousiña, acabei coa tradución do artigo Lista das óperas máis importantes, mais o tema é que hai unha chea de referencias que na wiki en catalán aparecen en varias columnas, como podo poñelas así tamén na nosa? Ocupan demasiado espazo e cértamente é un lio criminal. Moitas grazas, Piquito (conversa) 10:13, 8 de maio de 2012 (UTC)

Grazas!! Piquito (conversa) 13:30, 8 de maio de 2012 (UTC)
  • JonnyJonny respondeu xa lle respondeu a pregunta. Agora vén o tirón de orellas... Para saber como vai só hai que ler as instrucións de uso do modelo {{Listaref}}! Que para algo están... :D Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:53, 9 de maio de 2012 (UTC)

Boas Atobar! Sabes se hai algún modelo de caixa de información na wiki para os teatros? Quería incluíla nas entradas dos teatros de ópera. Xa postos, quería preguntarche se hai algún usuario activo (non sei buscar cáles son) que teña coñecementos de italiano para traer á nosa wiki os contidos de arquitectura do Teatro alla Scala para facelo o máis completo posible. Moitas grazas, un saúdo Piquito (conversa) 10:51, 9 de maio de 2012 (UTC)

Fuel non é petróleo[editar a fonte]

Ola. Se podes, mira isto. Grazas. --XoioÉche o que hai 12:03, 11 de maio de 2012 (UTC)

Moitas grazas polo arranxo. --XoioÉche o que hai 20:42, 13 de maio de 2012 (UTC)

Golfiño no é delfínidos[editar a fonte]

Ola de novo. A ver se podes mirar isto e darme a túa opinión. Grazas. --XoioÉche o que hai 20:45, 13 de maio de 2012 (UTC)

ADN redirixido[editar a fonte]

Ola outra vez, Alejandro. Desulpa por darche tanto a lata. Pero repara nisto. Grazas. --XoioÉche o que hai 19:40, 15 de maio de 2012 (UTC)

Lugares e estatística[editar a fonte]

Ola Alejandro, a poboación pódela ver no IGE, aquí [5]. Saúdos. --Xas (conversa) 13:02, 26 de maio de 2012 (UTC)

Revisión artigo[editar a fonte]

Ola Atobar, poderías botarlle un ollo ao artigo Ponte, Silleda e dicirme se hai algo que correxir (formato, referencias...) ou que máis podo engadir? Moitas grazas--Pontesiño (conversa) 17:04, 30 de maio de 2012 (UTC)

Grazas polo consello. Tratarei de mellorar eses aspectos. Un saúdo--Pontesiño (conversa) 10:53, 31 de maio de 2012 (UTC)

Serra de ou do Cereixedo[editar a fonte]

Bos días: Desbrozando homónimos atopeime con estas dúas pezas: Serra de Cereixedo e Serra do Cereixedo que van resultar que son o mesmo sitio. E como resulta que ti, ademais de seres administrador, eres o pai das dúas criaturas, deixochas aí para que escollas a quen queres máis. Un saúdo, --Angeldomcer (conversa) 06:57, 31 de maio de 2012 (UTC)

Alex, opine vostede: Conversa Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe#Listado/s --. HombreDHojalata.conversa 17:43, 15 de xuño de 2012 (UTC)