Conversa usuario:Norrin strange
| Arquivo de mensaxes antigas: | Arquivo 1 Arquivo 2 |
Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición
, ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon
).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con
, o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.
[editar] Copyright da Xunta
Creo que non se pode. Na portada da web , abaixo aparece que ten copyright, e no aviso legal indican: Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia. Polo tanto non creo que os contidos sexan libres de ser incluídos na wikipedia. Con todo aviso que ó mellor me trabuco. Alberte Si, dígame? 14:12, 8 maio 2009 (UTC)
[editar] Imaxes de Vieiros
Se cadra levas razón, Norrin, pero preguntémoslle a Albert galiza, porque sei que nesta páxina de Flickr soamente se poden quitar fotos da 1ª e 6ª opcións. A de Vieiros, segundo eu o vexo sería a terceira. Iso de Non Comercial non sei eu se vale no noso caso concreto. Oxalá, porque se é así teremos solucionados mil problemas. Vieiros ten fotos a esgalla dos máis diversos persoeiros e concretamente sobre a manifestación de hoxe pois tamén moitas. Pregúntasllo ti a Alberte? Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 10:11, 18 maio 2009 (UTC)
[editar]
Debéchelo esquecer pero tes ese artigo en uso sen editar desde hai meses, non lle retirei o marcador en uso por se tes intención de seguir con el. --RNC 18:31, 24 maio 2009 (UTC)
[editar] Francisco Rodríguez
Ola Norrin. Vin que no artigo BNG, na táboa das eleccións xerais, engadiches como dato que Francisco Rodríguez e Francisco Jorquera foron candidatos en cadansúas eleccións. Non sei eu se o dato é moi correcto, á vista de que nesas eleccións non hai un candidato único, senón que hai un por cada circunscrición (provincia). No caso de Francisco Rodríguez e Jorquera tan só son os números 1 da lista da Coruña. Mais non só acadaron escano eles, a número 1 por Pontevedra tamén leva saíndo elixida en varias eleccións, e non ten menor rango que o candidato da circunscrición coruñesa. Habería que facer algún tipo de arranxo nese dato. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:26, 20 xuño 2009 (UTC)
- Voceiro, paréceme ben. Adiante co troco. Saúdos. Alberte Si, dígame? 19:43, 20 xuño 2009 (UTC)
[editar] Subdivisións de Italia
Boas, Norrin. Telo co marcador Enuso dende decembro. Bótalle unha ollada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:35, 21 xuño 2009 (UTC)
[editar] Conflicto Lingüístico
Home eu co do conflicto lingüístico referiame a qeu conviven dúas linguas e a situación dista moito de ser de "bilinguismo harmónico"... a mani de Galicia bilingüe en Compostela foi unha boa proba da súa existencia... por non falar da diglosia qeu ti mesmo apuntas... Que o galego non hai tanto tempo atrás fose a lingua moi maioritaria da Galiza e qeu agora estexa como está (creo recordar ter lido qeu o número de castelán falantes superou fai pouco por primeira vez ao de galego falantes, non estou seguro deste dato pero andaralle preto) é un feito bastante contundente que penso que demostra qeu si qeu hai un conflicto lingüístico. Saúdos--83.42.12.235 20:58, 22 xuño 2009 (UTC)
[editar] Galifontes
Feito!. Estaba ben escritos, apenas había dúas ou tres cousas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:48, 23 xuño 2009 (UTC)
Feito! tamén. --Atobar (conversa comigo) 16:16, 23 xuño 2009 (UTC)
[editar] Iparralde
Tes o marcador EnUso posto no artigo Iparralde dende hai case ano e medio. Sería bo quitalo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:29, 30 xullo 2009 (UTC)
Norrin, o mesmo pasa con Izquierda Anticapitalista, que está dende hai un par de meses. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:52, 4 agosto 2009 (UTC)
[editar] Provisional Irish Republican Army
- Norrin strange, anímaste a seguir este artigo co deixaches a medio facer?, o da Provisional Irish Republican Army? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:06, 20 febreiro 2010 (UTC)
[editar] Ambrosio
Ola, Norrin. A forma en galego é Santo Ambrosio, que xa estaba creada. Podes completala alí, porfis? --Xabier Cid Conversa 07:00, 22 de xuño de 2010 (UTC)
Se empezan por vogal, son santos. Agás o concello de San Amaro. :) --Xabier Cid Conversa 07:07, 22 de xuño de 2010 (UTC)
[editar] Miniproxecto "Día das Letras Galegas" 2011
Ola, como andamos?
Fixen unha proposta na taberna que igual é do teu interese. Bótalle un ollo.
Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 19:48, 27 de abril de 2011 (UTC)
[editar] Modelo:Caixasuperheroes
Norrin, ao cambiares o modelo habería que adaptar os artigos que o levan. Bótaslle un ollo? Graciñas.
Thor, banda deseñada, Lobeto, Optimus Prime e Spider-Man.
--. HombreDHojalata.conversa 20:17, 10 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons
Ola, como andamos?
Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.
Contamos contigo.
Unha aperta.--. HombreDHojalata.conversa 20:37, 22 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] Wikipedia:Wikiproxecto protagonista do Día das Letras Galegas
Norrin, anímaste a ir comezando o pt:Valentín Paz-Andrade?--. HombreDHojalata.conversa 21:43, 20 de outubro de 2011 (UTC)
[editar] Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros
Boas!. Mira é unha pequena tontería, resulta que estamos amañando as páxinas que teñen ligazóns rotas a ficheiros e hai unha subpáxina túa que está nesa categoría. A páxina é a Usuario:Norrin strange/Modelo:Tarefa e o sofware Mediawiki métea automáticamente na categoría porque ese modelo usa un nome de ficheiro pasándolle un parámetro e cando se integra no modelo ese ficheiro non existe. Hai unha forma de evitar isto, se cambias o modelo para que non inclúa o uso do ficheiro e na chamada no parámetro {{{progreso}}} lle pasas o ficheiro xa estaría. Podes ver as probas que fixen en Usuario:Elisardojm/Modelo:Tarefa e do uso en Usuario:Elisardojm/Proba tarefa. Se tes calquera dúbida avísame e tento axudarche. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:27, 9 de novembro de 2011 (UTC)
- Boas Norrin strange, cando teñas un momento, podes revisar a mensaxe anterior para tentar amañar a túa subpáxina?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:03, 19 de marzo de 2012 (UTC)
- Graciñas, por certo, sinto non ter explicado mellor o conto ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:28, 20 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Tolkien
Tes que perdoar. Ao non estar o marcador no comezo da páxina senón no medio, a verdade é que nin o vin. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:27, 10 de marzo de 2012 (UTC)