Alfredo García Dóriga
Alfredo García López-Dóriga, coñecido como Alfredo García Dóriga, nado en Viveiro o 13 de abril de 1849 e finado na mesma vila o 14 de decembro de 1911, foi un xornalista e escritor galego en lingua castelá, galega e asturiana.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Cipriano José García Méndez e Eulogia López Dóriga, residiu de mozo en Oviedo, de onde era a súa nai. Alí colaborou en El Faro Asturiano e dirixiu La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias. Viviu tamén en Santiago de Compostela, Salamanca e Mondoñedo, onde dirixiu o periódico local El Baluarte de Galicia. Finalmente asentouse en Viveiro, onde exerceu como bibliotecario e colaborou nos periódicos El Eco de Vivero e El Vivariense, a máis de colaboracións nalgunha obra como o Álbum Histórico, científico y literario de Galicia.
Posromántico e rexionalista, en castelán, foi narrador, poeta e articulista. En galego, escribiu algúns poemas que foron publicados en diferentes xornais da época. Algúns deles foron recollidos en Fuego del alma: Narraciones y leyendas (1966), volume póstumo bilingüe.
O seu poemario Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012), versificación das sagradas escrituras, foi publicado cunha introdución biográfica por Emílio Xosé Ínsua.
Foi cronista de Viveiro e académico correspondente da Real Academia Galega.
Obra [editar]
- Álbum Histórico, científico y literario de Galicia.
- Fuego del alma: Narraciones y leyendas (obra póstuma, 1966).
- Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012).
- "Improvisación", poema adicado a Pascual Veiga en El Compostelano.
- Dous poemas (relacionados no interior dun artigo moderno).
- Poema en asturiano
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- "Noticia de Alfredo García Dóriga, artigo de Armando Requeixo.
- "Dóriga fai unha especie de versión poética da Biblia", artigo en La Voz de Galicia.
- Artigo en La Voz de Galicia.
- "Nova de 'Álbum Histórico, científico y literario de Galicia'", no pregón da Semana Santa de Viveiro (p.10).