Conversa usuario:Xas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Xas. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:39, 23 marzo 2007 (UTC)




Índice

[editar] Gracias

Muchas Gracias Xas !

[editar] Bloqueo.

Ola, Xas. A ver se podes protexer tamén Google Translate, que o mesmo tipo anda facendo unha desfeita, tradutor en man. Graciñas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:13, 28 de outubro de 2010 (UTC)

[editar] Torso de guerreiro

Chámame a atención esta foto, Xas. Son ben poucos os museos que permiten facer fotografías no seu interior e, en calquera caso, especifican que só para uso privado. Máis dunha vez, alí onde me vían tirando fotografías -sempre pregunto se podo ou non- viñeron advertirme que só se permitía ese uso privado. Non sei as condicións do Museo de Ourense pero paréceme raro, raro, raro que se poidan subir á Galipedia. ¡E dá unha rabia...! Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 9 de novembro de 2010 (UTC)

[editar] Heineken Cup

Hola Xas. Son novo nisto, ainda que veño de andar editando algún artigo na Wikipedia en español. Tanto a miña moza como unha das miñas irmás insistíame en facer aportacións á Wikipedia galega, e aquí estou. Pensaba aportar algo relacionado co rugby, xa que son moi afeccionado. O tema é que estaba lendo o artigo sobre a Heineken Cup e vin que cando se nomea a Biarritz Olympique, que é un equipo do sur de Francia, ten ó carón a bandeira vasca, i é certo que o clube é do Iparralde francés. Como teño pensado editar os artigos referidos ás tempadas dese torneo, a miña dúbida é si está correcto ou non, xa que por mín poñíalle ó lado a bandeira de Francia. Xa ves que tontería de pregunta. Un saudo. Rugbya15 19:17, 14 de novembro de 2010 (UTC)

[editar] Eugenio Rueda Perosanz

Hola Xas,

queria darte las gracias por tu esfuerzo en recordar a mi tio abuelo Eugenio Rueda Perosanz. Si necesitas informacion sobre el, o fotos, puedes ponerte en contacto conmigo en la siguiente direccion de email purpurrote - arroba - yahoo.es

Muchisimas gracias de corazon! Un saludo, Sylvia Rueda —o anterior comentario sen asinar foi feito por 163.1.43.20 (conversacontribucións)

[editar] Request

Hi Xas. I have a request for you. Could you delete the four (nonsense) pages created by this user? Thanks in advance. Kind regards, Trijnstel 21:37, 11 de decembro de 2010 (UTC)

[editar] Castelo (Culleredo)

Hola Xas. Grazas pola aportación sobre as igrexas de Castelo (Culleredo), acabo de engadinlle máis contidos ao artigo (Situación, Economía, Cultura e Ligazóns). Eliminei accidentalmente a referencia que tiñas da poboación de 1999, engádella de novo se así o cres convinte. Saúdos! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Chayi (conversacontribucións)

[editar] Actores e actrices

Houbo unha conversa sobre o cambio da categoría de actores e actrices para actores, parecía que había consenso pero caso de non estar de acordo podes dar a túa opinión en Conversa categoría:Actores e actrices, eu movín algúns actores para as novas categorías, pero é certo que fun pouco a pouco, a verdade é que me costa facer ese tipo de labor repetitivo.--Cheluco 15:01, 16 de decembro de 2010 (UTC)

[editar] A ver se .,.

A ver se me podes borrar rapidiño esta categoría Obxectos do cinto Kuiper, xa esta na Categoría de Limpar, é que ten un bucle moi pesado, e quería deixalo arreglado .. --Xabier Cancela (fálame 16:52, 26 de decembro de 2010 (UTC)

Graciñas meu, e que os bots reescribíanme a categoría nas ligazóns interwikis, e daba moito a lata.--Xabier Cancela (fálame 17:09, 26 de decembro de 2010 (UTC)

[editar] formato dun artigo

Boas, Xas! Podes botarlle un ollo a este artigo? Traducino dunha chapuza da wiki en castelán. Desculpa a molestia, pero prefiro que lle botes ti un ollo que andas máis ao día do formato e categorización de lugares. Un saúdo, e un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:19, 27 de decembro de 2010 (UTC)

[editar] Xesús Garrido Álvarez

O enuso pódese quitar ou vas engadir algo, Xas? --Atobar (conversa comigo) 14:56, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)

Mesma pregunta para Celestino Noya. --Atobar (conversa comigo) 15:01, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)

Xas pídoche que se pode ser, subas as fotos a commons para que se poidan usar en todas as wikipedias de todos os idiomas. --Vivaelcelta 19:04, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Pois as que subes como estas: Ficheiro:Fachada da igrexa de San Pedro de Gonte, Negreira.jpg, Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Gonte, Negreira.jpg

[editar] Cristina Ferreiro

Ola, Xas; Mirei que creaches hai tempo o artigo de Cristina Ferreiro Real; Na súa ficha en galegos.info diverxen en dous datos: Din que naceu en 1983, e que o seu segundo apelido é Leal; Saberás cal é o dato correcto?

Agradecido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:32, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

[editar] Correo

Xas, mandeiche un e-mail. Douche aviso aquí por se non o miras decotes, que supoño que si. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:09, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

[editar] Nomes propios na Galipedia

Xas, perdoa pola falta de experiencia total que teño a respecto dos modos de traballo deste ámbito. Cando argumento que a Asociación de Escritores en Lingua Galega non debe figurar como AELG é porque entendo que cada persoa ten dereito a decidir como se denomina e como por tanto debe escribirse o seu nome. Non é así na Galipedia? Seguro que se me escapan moitas cousas, mais se eu digo que me chamo Alfredo Ferreiro supoño que ninguén na Galipedia pode decidir mudar o meu nome por AF. Agardo impaciente os teus argumentos. Agradecido desde xa, este novato manda unha aperta fraterna. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alfredo Ferreiro (conversacontribucións)

[editar] Bloqueo de IP

Hola Xas haber si podes bloquear a IP esa que xa leva feito vandalismo en varias páxinas no que vai de mañan. Grazas--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 08:44, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

[editar] Berres, A Estrada

Ola! Cambio os datos sobre poboación de Berres (A Estrada) pois non sei cal foi a fonte de datos que usaches, pero o INE indica que Berres posúe 431 habitantes no 2010, e non creo que non 2009 tivese 176 nada máis.

Un Saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Martinho12 (conversacontribucións) 9 de febreiro de 2011 ás 02:39

[editar] Artigos sobre castros

Ola, Xas. Vin as edicións que fixeches en Castros da provincia de Ourense e Castros da provincia de Pontevedra, cambiando as parroquias nas que se localizan algúns deles. As parroquias que estaban indicadas saqueinas do Catálogo do PXOM de Allariz e de Vigo, respectivamente, como poderás ver na ligazón que hai na nota correspondente. Se ti tes unha referencia mellor sería bo achegala. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:19, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Non te preocupes, fixeches o mesmo que fixen eu, pero vese que algunha se me escapou. É o malo que ten traballar ata tan tarde, o sono non axuda nada. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:30, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

[editar] CAN DE PALLEIRO guerra de páxinas

Ola Xas,


Gostaría de presentar unha queixa formal dun usuario da galipedia que penso que non está referenciando correctamente, e actuando de mala fé. A usuario é XOACAS, Trátase en concreto do artículo con descripción CAN DE PALLEIRO. As fotografías que está a colgando no artículo non se corresponden coa raza CAN DE PALLEIRO. Este usuario non entra en razón e dedícase a modificar a páxina constantemente. Solicito a a revisión deste artículo e se é necesario o bloqueo deste usuario. Que se modifique este artículo coas referencias correspondentes á páxina da Xunta de Galicia e as fotograías adecuadas desta raza galega en recuperación. É unha pena que pasen cousas así.Non fai ningún ben a preservación deste can galego e non crea máis que confusión. Gracias pola vosa colaboración. Saudos, Risonsinho

FICHEIROS ERRÓNEOS http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Loba.jpg http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:1_Cadelo_palleiro.jpg FICHEIROS PROPOSTOS http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Candepalleiro.JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cachorrospalleiro.JPG

Adxunto os comentarios deste usuario: Can de palleiro Ola, Risonsinho. Non estamos aquí para perder o tempo. O marcador non se pode retirar. E as imaxes que había eran perfectamente válidas. Vou desfacer as túas edicións. Espero que agora entres en razón, de non ser así pedirei o teu bloqueo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 17 de febreiro de 2011 (UTC) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Risonsinho (conversacontribucións)

[editar] Thanks

Thank you for your Welcome!--Alessandroga80 15:05, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

[editar] Raposo

Ola, Xas; Graciñas pola información; Se a foto sae elixida imaxe da semana habería que avisalo, a ver se así se anima a regresar de forma máis asidua. Por certo, moi agradecido pola tarefa que fas traendo fotos do Flickr, algunhas son incribles. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:35, 3 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Colocar imaxes nas galerías

Bos días.

O meu obxetivo : Engadir imaxes ás galerías.

Subin esta imaxe http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:5458501340_7043076190_b.jpg

según este enlace

http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Cargar

Ben, e agora que...??

Quixera que aparecera nesta galería

http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Cerceda Por certo unha parte da galería (onde se ve a central e o aguapark) non se pode editar...?????


Que teño que facer...?

Moitas gracias. Como me entero da resposta...??? se hai resposta, claro....

Uffff..esto atafegame, moi complicado para min...

Repito, moitas gracias. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversacontribucións) 13:27, 10 de marzo de 2011

[editar] Eureka

http://gl.wikipedia.org/wiki/Cerceda#Galer.C3.ADa_de_imaxes

Xa está, xa entendin como se fai para engadir imaxes. Ao final non era tan dificil. Moitas gracias pola axuda. Saúde e terra ! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversacontribucións) 19:24, 10 de marzo de 2011

[editar] Grazas

--Uxío Castelo 16:17, 11 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Bloqueo

Haber si me podes botar unha man co Usuario:Fabian bello e bloquealo pois non esta facendo máis que vandalismo . Grazas--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 17:39, 11 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Parroquias de Vigo

O que dis é certo. Inda que no é exacto que na Galipedia consideremos a Cíes coma unha das parroquias de Vigo, na lista non figura dende 2008 [2]. E o tema xa se tratou amplamente na Conversa:Cíes, Vigo, con bastante confusión entre a división eclesiástica e a división civil.

Supoño que cando se fixo seguiuse o criterio do Concello de Vigo e non o da Xunta de Galicia. E iso deixa os lugares propios da Florida (Carballa, A Espedrigada, Figueirido, Lavadouro e Quintela) dentro de Coia, Vigo--. HombreDHojalata.conversa 11:37, 13 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Dubida coas licenzas

Como é que vai isto das licencias que se editan no flickr? A licencia que me indicaches CC BY 2.0 a que corresponde ?

Atribuição - Uso não comercial – Compartilhamento pela mesma licença Creative Commons 
Atribuição - Uso não comercial Creative Commons 
Não-atribuição a Uso Comercial - a Obras Derivadas 
Atribuição Creative Commons 
Atribuição – Compartilhamento pela mesma licença Creative Commons 
Não-atribuição a obras derivadas Creative Common

A ver se me vou poñendo ao día... De todolos xeitos esta imaxe http://www.flickr.com/photos/25347364@N06/4615450084/ vouna subir directamente á galipédia. Iso do commons e subir imaxes polo flickr non me chista moito, só me interesa metelas na galipédia (en galego) e non máis e mandalas desde o computador. Se algunha das que mande considerades que non é axeitada pois nada, apagadea. Saudar saúdo, o dos chirinbolos tampouco o pillei.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Orxeira (conversacontribucións)

[editar] Anxopadron

Grazas por axudarme a completar a entrada sobre J.L. Cochón. Gustaríame facer una biografía en condicións, pero dame un pouco de reparo propoñerllo (isto enténdese se se sabe que é o meu profesor de lingua castelá). A ver se me armo de valor e llo digo (e a ver se el non me manda á m...) jaja. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Anxopadron (conversacontribucións)

[editar] Vilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa

Semella estraña a denominación coas parénteses. Está ben? --Atobar (conversa comigo) 01:03, 19 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Logo do DLR

Recibin o logo do DLR con permiso da organización, non sei porque o retiras. " Dear Sir, we give you with pleasure the permission to use our Logo (attached) for your internet article.

Please name as origin “DLR”. Best regards, Michael Walter michael.walter@dlr.de

www.DLR.de


Se tes algunha dubida,fala conmigo.--Suarez ruibal 15:54, 21 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Grazas

Grazas por crear a categoría de Gobernadores civís. Aínda non me deu tempo... que sigo pelexando cos datos biográficos do paisano. Apertas. --Xabier Cid Talk, please 18:25, 25 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Help

Please remove all the vandalismo por Usuario:Fart. Spider Pig 22:26, 29 de marzo de 2011 (UTC)

As páxinas de Charlotte's Web (filme de 1973) e The Fox and the Hound semella válida, poden ser restaurados? Malia o vandalismo, as edicións semella válida. Spider Pig 22:04, 30 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Anne Philipe

Ola, Xas. O que pasou con Anne Philipe foi que houbo un conflito de edición que resolvín de forma pouco ortodoxa: boteille un ollo por riba á túa edición, vin que coincidía ca miña en todo menos nun par de puntos que ti non tocaras ("Camiño da seda" por "Ruta da seda", lembro agora) e supuxen que todo quedaría resolto substituíndo a túa edición pola miña polo método de copiar e pegar. Non me decatei dos dous detalles que me comentas. Acabo de amañalos. Perdoa pola molestia. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:58, 30 de marzo de 2011 (UTC)

[editar] Novas sobre o das camisetas

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar con algúns dos participantes e repartilas. A cousa posiblemente sexa en Pontevedra, como é un pouco lonxe de onde ti estás si non che ven ben xa quedaremos noutra ocasión, pero si podes vir sería un puntazo :). Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 09:04, 15 de abril de 2011 (UTC)

Ola!. Propuxen un galencontro na taberna, si che apetece podes apuntarte alí e si coincidimos lévoche a camiseta do reto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:27, 28 de xullo de 2011 (UTC)
Por favor, o antes posible confirma, ou non, na taberna que poderías ir ó Galencontro o 17 de setembro. Estamos tentando organizar unha boa pero para iso necesitamos quórum!. :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:27, 31 de agosto de 2011 (UTC)

[editar] Grazas

Moitas grazas Xas pola benvida. --Ana Viso 14:15, 23 de abril de 2011 (UTC)

[editar] Imaxes de don Ramón Mª Aller

Ola Xas. A esta altura, xa saberás que son un novato e que, por iso, non sabía que na Galipedia non se admitían ligazóns externas a buscadores. Onte, fun visitar a don Ramón (a quen coñecín persoalmente) con motivo de que o día de hoxe celébrase o 1º día do Científico galego, e está dedicado a el.[1] De paso, corrixín a galería, centreina, corrixín o pé da foto do observatorio astronómico da USC que, ao parecer, á morte do sabio a Universidade *nomeouno co seu nome en vez de denominalo. E como vin que a galería tiña poucas fotos, encontrei en Google moitas (algunhas, non eran del), porque vira que tamén había unha ligazón con Google (que creo que é un buscador) referida a Google libros que, estas si, parecen estar autorizadas polas normas da Galipedia. Así como tamén parecen estar autorizadas as incorreccións gramaticais, aínda que, coma neste caso, pareza un simple despiste. Pero eu cría, pola cantidade de críticas que recibín (moitas, xustificadas; outras, totalmente fóra de lugar), que a Galipedia era un proxecto serio e rigoroso. Un cordial saúdo. --Xoio (fálame) 15:23, 27 de abril de 2011 (UTC)

  1. [1]

[editar] Notas

Adxunto referencia

[editar] Grazas!

Grazas pola benvida, a ver se vou aprendendo e facendo máis ...--Alytes 22:18, 3 de maio de 2011 (UTC)

[editar] fotos

Ola, Xas; Efectivamente, estaban mal os datos; confundinme ao subilas, e están mal dúas imaxes. Xa vou corrixir agora, graciñas polo aviso!!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:56, 27 de maio de 2011 (UTC)

Ola, de novo! Mira, de momento vou deixar as imaxes cun marcador de atención e vounas quitar dos artigos, e cando me asegure de onde son (a ver se me podo achegar por alá en breve) poño os datos correctos. Graciñas de novo por avisar. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:39, 30 de maio de 2011 (UTC)

[editar] Pechar imaxes e artigos de semana e mes

Graciñas, Xas, por ocuparte do tema. Para a semana encárgome eu e así non sempre lle queda o traballiño ao mesmo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:13, 29 de maio de 2011 (UTC)

[editar] José Antonio Rivas Carballés

Poderías facerlle o artigo, Xas?[3] [4] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:12, 4 de xuño de 2011 (UTC)

[editar] Petición

Xas, podes facer isto?:

User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Xas/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Xas/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.
User has not yet opted in. If you want to see graphs, please create User:Xas/EditCounterOptIn.js with any content. Alternatively, you can create meta:User:Xas/EditCounterGlobalOptIn.js to opt-in across all Wikimedia wikis.

Mellor explicado nesta páxina. É para eu vos ter controlados aos máis activos nas estatísticas. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 16 de xuño de 2011 (UTC)

É moi sinxelo, trátase de crear unha páxina de usuario para poder ver a estatística en detalle. Sería esta: usuario:Xas/EditCounterOptIn.js, pero soamente o pode facer o usuario en cuestión, de aí que cho pida. --Atobar (conversa comigo) 21:02, 16 de xuño de 2011 (UTC)

[editar] Borrado

porque me mato en buscar informacions e colgalas na wiki ?? pa que despois borredes todo MO POES EXPLICAR?? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 87.217.68.62 (conversacontribucións)

[editar] Foto:louredo (cortegada)incorrecta posición.

OLa, creo que foi vostede quen subiu a foto pertencente ao artigo "louredo" parroquia do concello de Cortegada, a foto non se corresponde co lugar en cuestión, dado que esta parroquia está situado entre os vales do Miño e Arnoia e as montañas agochan ambos vales xa que a aldea se atopa nun rebaixe do terreo, a foto que amosas pertence mais ben aos concellos de Ribadavia ou Laias.Ó louredo ó que se refire este artigo é mais ben este: http://www.flickr.com/photos/42410144@N02/3911331955/in/photostream —o anterior comentario sen asinar foi feito por Titvs (conversacontribucións)

[editar] José María Mosqueira Manso

Xas, temos un problemiña con este artigo. A ver se tes tempo de botarlle un ollo.

Graciñas, un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 17:29, 12 de xullo de 2011 (UTC)

[editar] 3.000 artigos

Moitos parabéns e moi agradecido por ter un compañeiro de Galipedia tan capaz coma ti, Xas. Superaches a barreira dos 3.000 artigos únicos creados. [5] Es a 3ª persoa que o logra. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:36, 30 de xullo de 2011 (UTC)

[editar] petición de artigo

Ola, Xas! Como ultimamente andastes facendo artigos de senadores e deputados vencellados a Galiza, heiche pedir un favorciño: podes procurar información de Eduardo de Cea Naharro? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:07, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Graciñas, meu; completei cun datiño que era o motivo polo que o coñecín, porque foi o Barón que dá nome ao Parador de Pontevedra. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:47, 15 de setembro de 2011 (UTC)

[editar] IGE Nomenclátor

Grazas Xas, agora penso mudar a nota do INe pola do IGE que penso que quedar mellor- Unha cousa, como se fai para facer outra páxina de conversas? hai algunha paxina de axuda? pois amiña páxina orixinal estáseme a quedar moi longa. --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 19:22, 17 de setembro de 2011 (UTC)

[editar] Azuleando o Estatuto

Grazas, Xas, por preocuparte de encher as ligazóns vermellas do artigo. Dá gusto traballar en equipo. E en equipos coma este, máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:16, 28 de setembro de 2011 (UTC)

[editar] O Grove

Bos días Xas. Onte puxen os datos das municipais do Grove 2011, pero non sei completar esa gráfica de cores, á que lle falta esta columna. Cos datos que puxen seguro que saberás facelo. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 09:46, 9 de outubro de 2011 (UTC)

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 09:57, 9 de outubro de 2011 (UTC)
Máis datos, agora das eleccións municipais de 1983. Hai un problema: Os 5 votos que puxen en EU foron, daquela, para o PCG, pero poño EU por aproximación. Tampouco entendo as diferenzas entre EU e EU-EG. Outro: Bea Gondar presentouse como CIG (¿C? Independentes do Grove; non lembro que puido significar ese C). Co tempo pasouse a AP, pero a alcaldía gañouna como CIG (AP presentouse pola súa banda, e sacou 1 só concelleiro que, por certo, tamén chegou a ser alcalde pasando o tempo), e o caso é que non puiden poñer CIG porque remite á Confederación Sindical, coa que evidentemente non ten que ver. Agora falta por pasar estes datos ó gráfico de barras. Pedro --Lameiro (conversa) 15:10, 9 de outubro de 2011 (UTC)

[editar] Eleccións municipais de 1979

Ola! Xas Sabes dalgunha páxina web onde haxa datos sobre as eleccións municipais de 1979? --Vivaelcelta 21:21, 22 de outubro de 2011 (UTC)

[editar] eleccións municipais

Ola, Manuel! Como saberás, hoxe houbo tamén eleccións municipais no concello dos Blancos; impórtache revisar e actualizar os artigos relacionados, por favor? Hai algo de información en es:Blancos (Orense). Graciñas, e saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:52, 20 de novembro de 2011 (UTC)

[editar] Coalición Radical Europea?

Ha! :) :) Non se che iría a man en José Posada? --Xabier Cid Talk 2 me, please 14:24, 14 de decembro de 2011 (UTC)

Xa o mudou Estevoaei. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:31, 14 de decembro de 2011 (UTC)
Hahaha, :) Entón aos que se lles foi a man é aos do Parlamento Europeo. ;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 17:33, 14 de decembro de 2011 (UTC)

[editar] Painceira

Ola, como vai? estou a facer artigos de lugares de parroquias, pero aínda non sei moi ben cando debo incluír unha páxina en homónimos. Na páxina Painceira, Sancovade, Vilalba supuxen que debía incluílos porque tamén existen dous topónimos chamados "A Painceira" . Que criterios debo seguir para evitar futuros erros? Por certo, parabéns polas túas achegas e graciñas! --Chairegosi? 20:26, 16 de decembro de 2011 (UTC)

[editar] Centro Gallego de Buenos Aires / Medalla_de_Galicia#Medallas_de_Ouro_de_Galicia

Xas, creo que entendo a túa edición [6]. Haberá que modificar, logo, de Medalla_de_Galicia#Medallas_de_Ouro_de_Galicia o: "1990. Centro Galego de Bos Aires."?--. HombreDHojalata.conversa 14:55, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Non me fagas caso, crera ler que a que recibira a medalla fora a Federación Mundial de Sociedades Gallegas, e que a túa edición ía nese sentido. Entendera eu mal.
E que desfrutes do iPod ! --. HombreDHojalata.conversa 21:02, 17 de decembro de 2011 (UTC)

[editar] Painceira

Grazas!!, tereino en conta. =) --Chairego, si? 20:28, 17 de decembro de 2011 (UTC)

[editar] Eleccións Municipais 1995 en Galicia

Faime o favor de reverter todos os engadidos de alcaldes que fixen neste artigo, xa que estaba a consultar os datos de 1999. Grazas e un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:47, 29 de decembro de 2011 (UTC)

[editar] Homónimos de lugares

Moi boas, Xas: Como vexo que andas nesto dos lugares, queríache consultar sobre o topónimo Sevil que é un lugar de Monfero. Hai outro Sebil en Cuntis. Porén, na páxina de Xoán Xesús González, este último lugar é nomeado tamén como Sevil. Sería conveniente unha páxina de homónimos de Sevil? Ou corrixir o lugar na páxina de Xoán Xesús González?--Xosé Antonio (fálame sempre) 23:08, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Tamén estiven dándolle voltas ao asunto. Que che parece se facemos unha sección Outros artigos en Sevil, e alí poñemos Sebil? Habería que corrixir o topónimo Sevil por Sebil na páxina de Xoán Xesús González. Xa me dirás. Recibe ti tamén os meus parabéns pola túa traxectoria na Galipedia.--Xosé Antonio (fálame sempre) 23:31, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Grazas

Moitas grazas, teño a intenzón de completar toda a área de Numismática. Apertas.--Moinante 05:34, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Membros da RAG

Do telexornal de hai un anaco, e verifiqueino buscando na rede [7] --. HombreDHojalata.conversa 21:36, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Europapress --. HombreDHojalata.conversa 21:40, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
Non hai de que. --. HombreDHojalata.conversa 22:59, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)
Certo! Son correspondentes segundo: [8] (a partires de 00:28) --. HombreDHojalata.conversa 10:04, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] OLA

Ola Xas, son a usuaria anónima á que enviaches a mensaxe. Grazas pola axuda para me poder rexistrar. Un saúdo--Trasdezana 14:01, 30 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Alcalde de Silleda

Ola Xas, vin que no artigo que creei sobre Emilio Alonso Paz, engadíches o cadro cos alcaldes anteriores e posteriores a el. Tes un listado dos mesmos? Un saúdo--Trasdezana 11:36, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola de novo, esta é a conta de correo que utilizo, aínda que é compartida: difraa@hotmail.com. Grazas--Trasdezana 16:11, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] por se for de interese

Boas Xas. Bota un vistazo aquí por se queres utilizar ese dato. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Acción católica

Boas Xas. Lembra que tes "en uso" e a medio traducir o artigo Acción Católica. Saúdos, Pedro--Lameiro (conversa) 19:48, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Casas de concellos

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Dozón é limítrofe con Lalín..., aínda que non sei se estará a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver cando nos vemos outra vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:31, 14 de febreiro de 2012 (UTC)

Xenial! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:17, 14 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Erro meu

Onte marquei para borrado "Ignacio Castro". Tiña na cabeza que era obra dun so editor e non me din de conta que había edicións anteriores recuperables. Erro meu! Desculpas. --. HombreDHojalata.conversa 10:32, 16 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Pilar Rojo

Ola Xas. Non quero comezar un novo debate sobre o tema dos conflitos de intereses pero estou en desacordo coa retirada do marcador atención do artigo Pilar Rojo. Se o artigo foi creado nun conflito de intereses hai que borralo antes de lexitimalo coas edicións dos editores da Galipedia. Habería que determinar se a conta Pargal corresponde ao Parlamento de Galicia e quen opera a conta (servizo de prensa, o equipo dalgún grupo político, etc). Na miña opnión aínda que sexa unha conta institucional non deben suspenderse as directrices de Wikipedia:Conflito de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:28, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Creo que antes de borralo é mellor preguntarlle a Pargal para aclaralo todo, ía facelo cando vin a corrección. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:35, 24 de febreiro de 2012 (UTC) E moitas grazas pola benvida, tamén quería aproveitar para preguntarche que opinas da sección demografía para os lugares e parroquias se queres comentar algo. --Prevertgl 14:38, 24 de febreiro de 2012 (UTC)
Xa lle deixei a mensaxe a Pargal e moitas grazas pola mensaxe tan amable que me deixaches. Por certo, antes coas présas non o dixen parabéns polo gran traballo que levades e levas feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:00, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Demografía

Grazas polo comentario. É de moita axuda porque eu tampouco teño claro que facer. Tes razón no que dis sobre completar os artigos e sobre o traballo que supón. Así que a sección demografía vouna deixar aparcada polo de agora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:42, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Artigo Agricultura Ecolóxica

Olá!! Puxen A Xoaniña porque coñezo ben e, tal e como estaba, con Labregos Daiquí e a Cooperativa Árbore (que é igual que A Xoaniña) pareceume que faltaban aínda varias iniciativas sociais que se adican a esto, das que tería que recopilar datos: Zocamiñoca (A Coruña), Panxea (Santiago), A Cova da Terra (Lugo). No sector do que trata o artigo hai un debate relacionado coa dimensión social da actividade, no que as entidades mencionadas son a parte contraria á gran distribución que está a introducirse... Antes de ver como iba esto das mensaxes (que como é o primeiro que escribo non sei se o fago ben) quitei tamén a Árbore por seguir un criterio... pero fai como vexas. Eu xa fixen e desfixen sen saber moi ben. Xa non vou tocar máis!!

Un saúdo!!


--Xan.martinez 14:59, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Enquisa WikiSkills

Boas meu, comezou unha primeira parte do proxecto WikiSkills que consiste en cubrir unha enquisa, a ligazón é http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Non estou de todo seguro pero por un correo que me mandaron doutro sitio parece que o plazo para cubrila remata o día 17 deste mes, coméntocho para que non se che pase, total só tardas 15 minutos en enchela. Tamén sería moi interesante que lle comentaras a creación deste proxecto ás persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas ou que o difundas noutros lados que coñezas coma webs de educación, listas de correo, etc, se non saben nada de wikis ou se aínda non as usaron na clase non importa, o proxecto é para tódolos interesados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:35, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Por si se che pasa, coméntoche que hai novas deste proxecto na taberna, cando teñas un momento podes botarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:54, 28 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Novo usuario AArizaga

Graciñas pola benvida --AArizaga (conversa) 11:44, 20 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Les mains sales‎

Ola Xas. En francés teñen Mains escrito en maiúscula, non sei se é esa a forma correcta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:13, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas polas túas palabras. --Prevertgl 23:11, 21 de marzo de 2012 (UTC)
Perdoar de meterme : As regras da ortotipografía en francés din ca primeira palabra dun titulo leva maiuscula, inda que teña diante un artigo. Mais moitos editores non na respetan, a coberta da edición que teño eu (é xa ten un montón de anos) :"Les mains sales", igual nesta edición que sendo mais recente tamén leva minuscula ; e nas publicacións vense as dúas formas. Agora ben, si queremos respetar a regra convencional en francés é : "Les Mains sales". --Elvira (Conversa comigo) 21:29, 22 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Artigo

Hola Xas eu son novata nisto pero gostaríame escribir un artigo. MªPilar Santos Filgueira (conversa) 10:50, 26 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] O Corazón do Negror → Corazón da escuridade

Xas, non deixaches redirección atrás no movemento, pero eu creeina porque o certo é que existe edición con ese título, inda que sexa posterior no tempo. --. HombreDHojalata.conversa 20:13, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Xa vin que si que hai redirección, en minúscula, «O corazón do negror». Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 20:16, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Non teñas medo, xa me decatara que hai un novo grupo de rapaces a traballar nas publicacións do eido da filosofía. Andou por aí outro con artigos de tema imaxe e son.
Agora quédame a dúbida, a redirección que creei, en maiúscula, mellor que quede ou mellor hai que borrala???--. HombreDHojalata.conversa 20:26, 26 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Colaboracións

Ola Xas. Moitas grazas polas achegas dos alumnos, aí está parte do futuro deste proxecto e por extensión dos proxectos en lingua galega. Por desgraza non fomos quen de crear un sistema que facilitara a colaboración estable coas institucións educativas, mentres este tipo de iniciativas teñen para a Galipedia moito mais valor que unha simple contribución illada. Faille chegar aos alumnos que vemos con interese as súas edicións e que esperamos que tamén nalgún deles surxa a semente dunha futura colaboración con este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:58, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Eu tamén me sumo á felicitación e pensando no que di Prevert de tentar colaborar coas institucións educativas coméntovos un proxecto que está comezando na Viquipèdia e que podería tentarse aplicar tamén na Galipedia, Viquiescoles que foi presentado precisamente estes días aquí. Hai varias cousas que habería que debatir e penso que non fai falta ter un wiki externo para un proxecto deste tipo, os participantes poden traballar en subpáxinas ou case mellor poñer o marcador {{enobras}} e xa valería. Se estades interesados en facer algunha iniciativa deste tipo poderíamos tentar organizar algo este curso ou o que vén, unha experiencia piloto en tres ou catro institutos de Galicia, cun pequeno wikiproxecto na Galipedia e ir artellando a forma de integrar a Galipedia na escola. Eu non estou dentro da comunidade educativa pero se queredes facer algo disto eu ofrézome a colaborar, aportar ideas, buscar axudas, facer obradoiros da Galipedia ou outras cousas porque penso que sería un gran aporte para o proxecto e tódalas mans son poucas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:09, 27 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] dubida?

Intimidación, acoso ou ataques persoais? cando? como? en ningún momento trataei de acosar a ninguén. Sinto se foi ese o resultado, pero para nada era a miña intención.--83.58.21.28 19:10, 6 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Unha encarga

¿Terías tempo de facerlle a biografía de Francisco Ponte Blanco (1853-1926), presidente da RAG anterior a Eladio Rodríguez e posterior a Andrés Martínez Salazar? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:27, 7 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Datos de poboación de lugar

Boas, unha pregunta, ¿como podo atopar os datos de poboación dun lugar?. Estiven mirando algo no IGE e no INE e non atopo máis datos que de concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:27, 11 de abril de 2012 (UTC)

Graciñas, xa me funcionou..., pero preciso máis axuda. Resulta que estou tentando atopar a poboación de Angrois, Sar, Santiago de Compostela e non aparece no listado do IGE. Tamén fixen unha busca en todo o sitio web por Angrois e non sae nada, ¿será que teñen os datos dese lugar agrupados co de outro maior?. ¿Sabes se hai outro sitio onde conseguir esta información?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:32, 11 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Imaxe da semana

Boas Xas! Fixen a páxina da igrexa de San Martiño de Andrade, cuxa foto propuxestes para imaxe da semana. Quizais quedara ben unha ligazón á páxina desde o comentario que redactaches para a imaxe. Saúdos!--Xosé Antonio (fálame sempre) 21:20, 12 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Obradoiro WikiSkills

Boas, se te apuntaches ó tinglado ese supoño que xa che enviarían o correo de que van facelo o martes 17, o que che veño a avisar é que propuxen na taberna facer un pequencontro ó rematar ese choio. Se podes deixa unha nota alí para ver como nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:29, 13 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Ramón Pardo de Montenegro

Ola Xas. Moitas grazas pola túa valiosísima achega. --XoioÉche o que hai 22:47, 15 de abril de 2012 (UTC)

[editar] cambio excepcional

Boas Xas ! A ver si non che pareze mal o troco que fixen aquí ? Si gardas o voto para a imaxe retocada, retiro a primeira. Perdoa pola molestia, no no vou facer todos los días. --Elvira (Conversa comigo) 22:52, 22 de abril de 2012 (UTC)


[editar] Ríos de Deza

Ola Xas, estiven mirando o artigo Comarca de Deza e pensei que non estaría mal que houbese un modelo dos ríos que a percorren como o que hai para Silleda,

Ríos que percorren o concello de Silleda

Río Deza | Río de Escuadro | Río da Gouxa | Río Toxa | Río Ulla

. Que opinas? Un saúdo--Pontesiño (conversa) 18:07, 23 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Suárez Picallo

Boas tardes biógrafo. Acabo de ver que no artigo Ramón Suárez Picallo dicimos, desde a creación, que nos anos trinta "dirixiu SER, un semanario de esquerdas". O 10.06.2007 ligaches SER e desde aquela resulta que Suárez Picallo consta como director da Cadena SER. Un erro chusco que cómpre corrixir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:28, 26 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Xestionar a súa conta global

Ola teño unha conta na Galipedia e quixera convertina en global pero nun podo porque ai máis usuarios rexistrados co mesmo nome como o podo solucionar. --casasnovas conversa conmigo 17:15, 30 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Proposta a QI

Ola Xas. Propuxen unha imaxe túa a QI no día de hoxe. Boa toma. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  11:12, 1 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Lugares e estatística

Xas, quería facer o artigo de Amio, San Lázaro, Santiago de Compostela, pero o caso é que eu con estes de lugares nunca me puxen e agora mesmo non dou atopado o web onde saber que poboación ten. Pódesme indicar onde buscalo? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:29, 25 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Referencias históricas

Ola Xas, sabes onde podería atopar información sobre a historia de Silleda ou do Deza en xeral, ben sexan webs ou libros? Grazas de antemán--Pontesiño (conversa) 17:07, 30 de maio de 2012 (UTC)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas