Conversa usuario:HombreDHojalata
|
|
|
Galego: Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón de sinatura
, ou con ~~~~. Grazas!
English: Please, add your post in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the signature icon
or by typing ~~~~. Thank you!
Español: Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón
, o con ~~~~. ¡Gracias!
- Síntocho, non me dei de conta de facer esas comprobacións, procurarei acordarme para a próxima.--Xián (conversa) 20:33, 22 de maio de 2012 (UTC)
Índice |
[editar] Re: Mover
Xenial. Moitas grazas pola aclaración. Unha aperta.--Krisko (conversa) 11:56, 24 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Descanso
¿Así que Santa Xulián de Ventosa? Vexo que nos fai falta a todos un descansito, que hai vida máis alá da Galipedia. Eu baixo á horta, aproveitando que agora non chove. Saúdos e descansa. Pedro --Lameiro (conversa) 14:18, 26 de maio de 2012 (UTC)
[editar] nova paxina de Coché Villanueva
Hola, Coché Villanueva soy yo mismo y ya iré ampliando informacion. Gracias. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 217.124.245.60 (conversa • contribucións) 19:40, 27 de maio de 2012
[editar] Pasar artigo a Galilibros
Ola HombreDHojalata, non acho máis información da Proia para engadila ao artigo e que deixe de ser só unha receita. Seguirei buscando información pero mentres, como comentabades, non debe estar na Galipedia e é conveniente movelo aos Galilibros. O caso é que non sei como facelo, poderías encargarte ti do asunto? Por certo, penso que se debe ampliar o nome a Proia manteigada pois a palabra proia ten máis acepcións: Busca no dicionario de dicionarios. Saúdos!--Xosé Antonio (fálame sempre) 16:06, 29 de maio de 2012 (UTC)
- Feito! Por certo, vin que as ligazóns que había na Galipedia non funcionaban nos Galilibros. Tentei de amañalo poñendo algo semellante ás ligazóns ao Galidicionario como Pontedeume e parece que funciona porque a palabra aparece en azul, mais cando pinchas para seguir a ligazón, envíache a unha páxina estraña en branco como podes comprobar. Sabes se hai algunha maneira de facer ligazóns á Galipedia? Grazas por adiantado, --Xosé Antonio (fálame sempre) 18:32, 29 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Renomear imaxe en Commons
Boas tardes. Acabo de renomear unha fotografía en commons: File:Santiago serea macho.jpg a File:Santiago tritón.jpg, xa que Elvire descubriu que ese concepto "serea macho" resulta contraditorio. O caso é que o novo nome da imaxe aparece en vermello, non sei se porque fixen algo mal ou porque alguén ten que aprobar o cambio. Bótame un vistazo, please. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:14, 29 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Re: Personalidades
Moitas grazas por esta e outras correccións. Pareceume un pouco confusa a categoría Personalidades da empresa de Galicia, ata que comecei a sospeitar que era o equivalente de Empresarios galegos ou Galician businesspeople ainda que non estaban ligadas. A túa aclaración o explica todo.
--Stoni (conversa) 18:18, 30 de maio de 2012 (UTC)
[editar] Pontevedra literaria
Ola, meu! Si que teño ganas de facer 100 artigos de novelas ambientadas en Pontevedra; xa incluín O violín de Sarasate pero poucas máis hai; por exemplo Morning Star discorre en parte en Pontevedra, pero non toda, por iso a categoricei como ambientada en Galicia. O certo é que hai tempo que oín falar de Apocalipsis Z, pero non me chama moito a atención. Está pendente, igual que outras de Alberto Fortes. Pero 1000 graciñas pola recomendación!
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 04:12, 3 de xuño de 2012 (UTC)
[editar] Sobre Mistral (mísil)
Saúdos.
¡Sen problema! Buscarei algo de información e poreime a elo en canto poida.
Un saúdo. --Xosema (conversa) 20:11, 3 de xuño de 2012 (UTC)