Conversa usuario:Agremon
Páxina de discusión de user:Agremon. Pulsa aquí se queres ver:
- mensaxes vellas5 (ata o 17/12/05)
- mensaxes vellas4 (ata o 12/05/05)
- mensaxes vellas3 (ata o 2/01/05)
- mensaxes vellas2 (ata o 18/11/04)
- mensaxes vellas (1, as máis antigas)
[editar] Obradoiro WikiSkills
Boas, se te apuntaches ó tinglado ese supoño que xa che enviarían o correo de que van facelo o martes 17, o que che veño a avisar é que propuxen na taberna facer un pequencontro ó rematar ese choio. Se podes deixa unha nota alí para ver como nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:29, 13 de abril de 2012 (UTC)
- Boeno, supoño que farán un bó resumo para poñer na rede, de tódolos xeitos eu tamén tentarei facer algún documentiño sobre o que se comente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:33, 14 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Enquisa WikiSkills
Boas meu, comezou unha primeira parte do proxecto WikiSkills que consiste en cubrir unha enquisa, a ligazón é http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Non estou de todo seguro pero por un correo que me mandaron doutro sitio parece que o plazo para cubrila remata o día 17 deste mes, coméntocho para que non se che pase, total só tardas 15 minutos en enchela. Tamén sería moi interesante que lle comentaras a creación deste proxecto ás persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas ou que o difundas noutros lados que coñezas coma webs de educación, listas de correo, etc, se non saben nada de wikis ou se aínda non as usaron na clase non importa, o proxecto é para tódolos interesados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:31, 13 de marzo de 2012 (UTC)
- Eu non podo participar na enquisa porque non traballo na área de educación pero polo que vin nas preguntas, e polo que comentaron do proxecto entendo que a idea é que está dirixido tanto a xente que xa fixera experiencias educativas con wikis como para xente que non fixera nada ou que incluso non as usara nunca..., pero voulle preguntar a Cheminha que el é o que organiza isto e xa che digo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:49, 13 de marzo de 2012 (UTC)
- Xa falei con Cheminha e confirmoume que non é preciso ter experiencia previa con wikis, precisamente unha parte do proxecto é para que a xente que traballa no eido da educación comece a usalas. Sobre o plazo díxome que o día 17 é o límite que puxeron líderes do proxecto pero como eles teñen a enquisa no CESGA e non saben aínda cando teñen que presentar os resultados pois non teñen problema en deixala aberta un pouco máis de tempo.
- Por certo, ¿tes os avisos por correo de cambios na túa páxina de conversa?. Porque se os tes activos xa non che molesto cos meus correos que serán redundantes... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:31, 14 de marzo de 2012 (UTC)
-
-
- Boas, hai novas deste proxecto na taberna, bótalle un ollo cando podas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:51, 28 de marzo de 2012 (UTC)
-
[editar] Imaxe
Ola Agremon. Marquei unha imaxe dun aterramento sanitario que cargaras ti no ano 2005 procedente de pt.wp para borrar porque tiña o marcador atención por falta dalgún dato e porque agora esa mesma imaxe con maior resolución trasladarona a Commons e cumpríanse os criterios de borrado (imaxe externa que está en Commons). Cando xa a tiña marcada decateime que neste caso fora mellor preguntarche antes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:55, 3 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Saúdo
Ola Agremon. Pasou moito tempo desde que falamos a última vez, vin que andabas por aquí e quería aproveitar para saudarte. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:24, 27 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Casas de concellos
Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Trabada é limítrofe con Ribadeo..., aínda que non sei se estará a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, e a ver cando nos vemos outra vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:28, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
- Moi ben, a ver se cadra ben!. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 23:01, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
- Ben, pois quítoche as grazas, ala! :). Parabéns pola fotaza!. Por certo outra cousa, xa está lista a enquisa de WikiSkills, a dirección está na miña páxina de conversa pero xa lle dixen a Cheminha que a puxera na taberna tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:37, 12 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] A Galipedia vai cumplir 8 anos!!
Na taberna estamos preparando un novo evento para o día 12, ó mellor pode interesarche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 03:31, 6 de marzo de 2011 (UTC)
[editar] Wikipedia 10
Moi ben, xa atopei o evento de Ribadeo :), perdoa que non te pudera axudar pero estes días estou máis que liado. Non sei si te decataches pero fixen esta páxina, por si che interesa, podes fuchicar nela todo o que queiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:17, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
[editar] Foto do concello de Barreiros
¿E que lle pasou a esta foto?, ¿é unha foto artística?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:35, 15 de decembro de 2010 (UTC)
- Pois é que andaba eu dando voltas polo artigo de Barreiros e non me cadraba nadiña...:).
- O encontro de Santiago estivo moi ben, a mágoa foi que eramos moi poucos, Furado, Ensada, Lucien e máis eu. As cousas do capítulo están indo ben e incluso xa se están pensando algúns proxectos para este ano. Teño que facer unha pequena crónica da reunión e cando esté xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:33, 15 de decembro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas pola foto!!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:05, 3 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Ría de Pontedeume/Ares
Ola, Agremon. Fedellando polas rías, vin que no artigo sobre as "Rías Medias" inclúes unha ría de Pontedeume. Supoño que esa non é outra cá ría de Ares, que na Galipedia está considerada simplemente como unha parte da ría de Betanzos, ou polo menos iso dá a entender esta redirección: ría de Ares.
Malia eu pensar que deberían contar con cadansúa páxina, dado que teñen orixe en dúas concas fluviais diferentes (Mandeo e Mendo para a de Betanzos e Eume para a de Ares), creo que se podería eliminar ese "ría de Pontedeume" do artigo das Rías Medias, non?
E perdoa por repetir esta mensaxe no fondo da páxina e aquí: non lin a tempo o teu aviso do comezo. :-)
Saudiña--vilachan 17:17, 28 de setembro de 2010 (UTC)
- De acordo, vou aló. Saúdos --vilachan 13:54, 29 de setembro de 2010 (UTC)
[editar] Ben falado
Vin a túa intervención no programa Ben falado. Nunca che agradeceremos dabondo a creación da Galipedia, ten moito mérito pór en marcha un proxecto cando está un só, ademais de ter visión de futuro. A túa aparición falando da Galipedia nese programa é unha boa ocasión para lembar aquel día no que comezaches a construír a Wikipedia en galego. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 14 de agosto de 2010 (UTC)
[editar] Segundo galencontro
Boas, xa se fixo a reunión en Madrid na que algúns wikipedistas xa firmaron os estatutos de Wikimedia España. Nesta páxina propuxen facer un novo encontro en Galicia para tratar algúns temas ó respecto, e firmar, os que lles interese, os estatutos para figurar como membro fundador da asociación. Podes apuntarte alí, poñer as datas que che veñan ben e aportar as ideas que queras. A intención é facer este encontro o antes posible (antes de fin de mes) para enviar os papeis a Madrid. Saúdos, --Elisardojm 12:52, 11 de maio de 2010 (UTC)
- Boeno, si che é posible apúntate na páxina de meta e pon os días e horas nas que poderías ir. Se ó final non podes ir tamén poderías conectarte con Skype, xa fixemos algunhas probas, tamén no encontro de Madrid, e algo si que se escoita. Saúdos, --Elisardojm 23:07, 11 de maio de 2010 (UTC)
- Aínda que non estás apuntado na páxina de meta avísoche igual de que xa hai data para o galencontro por si che interesa. Será o vindeiro venres 28 pola tarde no colexio onde quedamos a outra vez. A hora está sin determinar, eu antes das 18:00 non podo chegar, si che ven ben podemos quedar a esa hora ou máis tarde. Por certo, que para asistir ó encontro non é obligatorio para ninguén facerse socio de Wm-es :), tamén imos tratar dos proxectos que poderíamos organizar e para o que non é necesario estar en Wm-es. E xa sabes que podemos falar tamén doutros temas que se propoñan no momento sin problema. Saúdos, Elisardojm (discusión) 09:51 22 may 2010 (UTC).
[editar] Galencontro este próximo sábado
Boas. Xa temos data para o galencontro, o sábado 10 de 11:00 a 14:00, ese día estamos dispoñibles todos os apuntados. Anótao na túa axenda e si hai algún detalle máis xa cho irei comentando. Agregueiche no Skype só tes que aceptarme como contacto e xa poderás conversar comigo e participar na multiconferencia do sábado. Mándoche este aviso tamén por correo para asegurarme de que o recibes. Saúdos e xa nos vemos/escoitamos :), --Elisardojm 22:16, 5 abril 2010 (UTC)
[editar] Sobre o Galencontro
Boas. Permíteme un momento que irrumpa na túa páxina de discusión, fágoo porque sei que es un usuario relevante desta comunidade e veño eiquí porque gustaríame coñecer máis opinións respecto a este tema e ó da creación do capítulo de wikimedia españa. Perdoa o meu atrevemento pero penso que é un tema importante e quero saber si hai algún tipo de problema para tentar atopar solucións, pero si non hai unha conversa, é case imposible facer algo a dereito porque é como se estivera cego.
Gracias pola túa atención e si necesitas algo de min tentarei axudar no que poda, saúdos, --Elisardojm 15:43, 14 febreiro 2010 (UTC)
- Xa ves que eu tamén veño tarde e a rastras... O que estamos tentando facer é abrir o debate sobre a organización da asociación de Wikimedia España. O que non teño demasiado claro é si á comunidade da galipedia lle interesa ou non, ou en qué condicións. Apuntáronse dous usuarios da galipedia á reunión e outro par estaban interesados pero non poden acudir porque están fóra, pero poucos máis se interesaron na discusión do tema no café. Ó mellor nestes momentos non hai usuarios abondo para tratar con profundidade este tema, e entón a solución que se está a debatir en wikimedia españa de facer unha asociación de nivel nacional para todos, con grupos de traballo autonómicos, sexa a máis convinte para a galipedia. Non sei se ti tes algunha posibilidade/interés de pasar algún día por Santiago, se así fose eu tentaría organizar o encontro, dacordo co resto de interesados, o día/s que che viñeran ben. Actualmente estamos barallando como días posibles algún día das fins de semana de marzal.
- A proposta que ten máis forza actualmente é ésta por si queres comentarme algo sobre dela. Podes contactar comigo tamén por correo electrónico, si o prefires.Saúdos, --Elisardojm 09:49, 5 marzo 2010 (UTC)
-
- Boas de novo. Acabo de poñer algunha información máis no café. Saúdos, --Elisardojm 12:48, 5 marzo 2010 (UTC)
-
-
- Moi ben, si non podes vir podes participar tamén a través de Skype (si é que funciona, esta é unha proba piloto ;). Si non coñeces ese programa e che interesa pregúntame o que queras e axúdoche no que poda, pero realmente é un programa moi doado de usar. Saúdos, --Elisardojm 08:53, 9 marzo 2010 (UTC)
-
Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Avísoche por si che pudera interesar porque si todos os interesados están libres algún día dese fin de semana xa será nesas datas, si queres indicar os días que che veñan ben podes facelo na páxina de meta ou avisarme a min. Tamén está medio preparada a conferencia por Skype, a ver si funciona. Si che interesa busca o meu usuario, elisardojm, e méteo nos teus contactos e avísame a min para facerche a invitación de Skype (si tes algún problema co Skype tamén podo tentar votarche unha man). Un saúdo e a ver si podemos falar pronto, --Elisardojm 00:33, 25 marzo 2010 (UTC)
- O sábado, en principio, hai tres horarios posibles, de 11:00-14:00, de 17:00-19:30 ou de 19:30-22:00. Dime qué horarios che veñen mellor e anótoos na páxina de meta para poder escoller o que teña máis xente dispoñible. Saúdos, --Elisardojm 10:06, 25 marzo 2010 (UTC)
-
- Contactei contigo polo skype, a ver si che chega. Saúdos, --Elisardojm 22:10, 28 marzo 2010 (UTC)
[editar] 6º aniversario na Galipedia
Ola Agremon. Mañá cúmprense seis anos desde que te rexistraches na Galipedia e estamos preto de acadar os 50.000 artigos. Semella o fin da primeira tirada dun camiño que ti comezaches o 22 de xullo de 2003. É un bo momento para agradecer e lembrar o enorme valor da túa contribución neste proxecto. Moitas grazas por ser o pioneiro na construción deste wiki, tamén por axudarnos e darnos paso a todos os que viñemos detrás. Parabéns nesta data tan especial. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:15, 21 xullo 2009 (UTC)
- Vaia, que rápido! Sempre é unha ledicia falar contigo :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:38, 21 xullo 2009 (UTC)
[editar] Saúdos
Ola Agremon. Esta mención ao teu traballo na Galipedia faime lembrar unha vez máis a importancia da túa contribución neste proxecto. Moitas grazas por ter comezado co proxecto da Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:22, 24 marzo 2009 (UTC)
[editar] Científico
Agremon, Bota un vistazo á páxina de conversa do artigo científico e dáno-la túa opinión. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:26, 23 decembro 2008 (UTC)
[editar] José Alonso y Trelles
Te he dejado una respuesta sobre el tema en tu página de discusión en español. Un saludo. Antur (mensajes).
[editar] Artigos de novas do 2004
Boas, estiven vendo páxinas ao chou pola Galipedia, e din co artigo Novas xaneiro 2004 que ti crearas orixinalmente. Na mesma categoría ca el, a da historia da Galipedia, atopei outros tres artigos do estilo.
Dame a impresión de que os artigos foron un proxecto que quedou un pouco esquecido. De todas formas, gustaríame que lles botases unha ollada e considerases polo menos cambialos de categoría, quizáis á categoría Categoría:Actualidade. Grazas. --GallaecioE logo? 16:40, 6 decembro 2007 (UTC)
[editar] Lefebre
Hai algunhas dúbidas co artigo Lefebre, se dispós de información para o completar un pouco máis e fornecer algunha referencia despexaremos esas dúbidas.--Miñato 00:24, 2 setembro 2007 (UTC)
- Moitas grazas. Estupendo! --Xabier Cid 09:06, 3 setembro 2007 (UTC)
[editar] Aniversario
Ola Agremon. O próximo 22 de xullo cúmprense catro anos desque te rexistraches no wiki. Semella que eres o máis vello de todos nós :-) Temos que agradecerche que un día de 2003 tiveras a feliz idea de comezar neste proxecto e que dese xeito abriras o camiño para o resto de nós. Parabéns por todo o que levas feito e grazas por seguir aí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:05, 10 xullo 2007 (UTC)
[editar] Eleccións municipais en Ribadeo
Ola agremon. Podes poñer na páxina das eleccións de Ribadeo que significan as siglas UPRI? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:55, 28 maio 2007 (UTC)
- Grazas. Nin me decatei do marcador en progreso. En canto a Ribadeando, refíreste aos gráficos? Paréceme boa idea. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:18, 28 maio 2007 (UTC)
- Por min si, en canto aos datos bótalle unha ollada a táboa que está na parte superior de Eleccións municipais en Santiago de Compostela por se che sirve de algo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:23, 28 maio 2007 (UTC)
[editar] wikipedia educativa
No sé si me recuerdas, hace unos meses hablamos sobre el uso educativo de la wikipedia (soy Barcelona en la catalana, no hablo gallego). Pues bien, el Departament d'Educació va a lanzar un gran proyecto de promoción en las aulas, empezaremos con algunos centros ahora y se irán sumando, creo que te interesará irlo siguiendo por si os animáis a trasladarlo aquí
- Hola, sí, fui yo. Si entiendes el catalán, mejor mira la página del proyecto, donde hay mucha información. Pero te resumo: el Departament lanzará una campaña para promocionar la wikipedia en catalán entre los centros educativos de primaria, secundaria y bachillerato. Se trata de llegar a doblar los artículos en un año. Para ello distribuirá una guía didáctica entre los profesores, que serían quienes colgarían los artículos finales. Nos dejó un mensaje en nuestro portal de discusión para invitarnos a colaborar. El lanzamiento comienza el 17 de mayo, día de Internet. Como estamos acabando el curso, tendrá poco impacto, pero así tenemos tiempo para prepararnos: mejorar las ayudas existentes, tutoriales, lista de artículos para mejorar desde las escuelas... Fomentaremos también la traducción de otras wikis, para practicar lenguas extranjeras y hacer subir la calidad de los artículos en catalán. Aprovecharemos los nuevos usuarios para mejorar las políticas internas en algunos asuntos. La cosa de momento en sólo un proyecto pero pinta muy bien (Barcelona)
[editar] Template estado actual
Ola, a min funcioname ben, creo que só funciona co monobook-suite cambiándolle a situación. Perdoa a intromisión, un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 15:34, 8 agosto 2007 (UTC)
- Perdoa, Agremón, pero estaba noutras cousas, no terías inconvinte de aclararme do que me estabas a falar (coido dunha template que non che ía nada ben), creo que era iso.....? --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:21, 8 agosto 2007 (UTC)
Ahhh, xa caigo, o da template de conexión/desconexion (estado actual), a template está ven, tan só esperemos que no poña de cor verde cando o usuario se rexistre (polo de agora amosa a mensaxe "desconocido"). No trocante o de Infor-ensino, compre expoñelo na taberna haber se alguén aporta un remuiño de ideas, pero haberá que explica-lo dun xeito sinxelo, e digoo por que xa houbo dous usuarios que non sabían de que ía o tema e, quizáis o mesmo pode pasar co resto da comunidade. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:30, 8 agosto 2007 (UTC)
- Curiosamente si que lle vai a Lansbricae pero o que é de min non quere saber nada, quizáis haxa que sair a anonimo e voltar a rexistrarse. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:49, 8 agosto 2007 (UTC)
- Acabo de facelo e segue a darme por descoñecido; será que quere que pase de incognito?.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:51, 8 agosto 2007 (UTC)
- Eu si che son sincero tampouco sei porque a min si que me vai, o caso é que eu tiña desde fai tempo, dedse que puxen o monobook, a esquerda superior un menu pra cambiar o meu estado e non porque non funcionaba, cando ti puxeches o template vin o resultado, pero o que non sei é porque non lle vai agora a outros usuarios que teñen as mismas opcións de monobook ca mín, pero si sei que unha forma trapalleira de cambiarlle a cor sen facelo por ese menú, sería cambiar a páxina User:nome de usuario/status e nela poñerlle 1, 2 ou 3 según o estado que queiras amosar. E dicir funcionar funciona o que non vai é o automatismo deseñado no monobook para cambialo sen ter que modificar a páxina de status manualmente. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:52, 8 agosto 2007 (UTC)
- Todo radica no numero que lle metas no Status, o 3 si que vai, pero o resto (1,2,4 e 5) non van, quizáis sexa por falta de ligazon o icono correspondente. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:02, 8 agosto 2007 (UTC)
- Feito un novo chequeo o tema parece ser que vai do seguinte xeito, xogando cos numeros impares e sae a segunte formula coas súas respectivas palabras: 1 (verde) 3 (amarelo) 5 (roxo); do resto sae (gris) pero non logro que saia o azul. O que no teño claro é para que serve a outra template (Status: xa vexo que é para numeros) pero a de Estat: non será para deixar algunha mensaxe personalizada xunto o discolo luminoso?.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:13, 8 agosto 2007 (UTC)
[editar] Re:Faltan -1235 artigos para chegar aos 25.000
No meu IES hai unha persoa. Eu incorporareime así que poida ter -para o ano terei- internet na aula. Non me incorporei antes a ese labor porque as circunstancias laborais á hora de empregar "novas" tecnoloxías (non tan novas) son penosas.
Por certo, recibín unha mensaxe de correo de Xelo en que me remitía que ti tiñas presente o participar nunhas xornadas e soicitabas algunha outra presencia. Eu, inda que non me sinto a persoa máis apropiada para representar o proxecto, non teño problemas en colaborar con ese quefacer (é conveniente ó meu parecer estar presentes), inda que prefiro facelo acompañado e non acharme só. Se desexas contactar comigo por mor dese tema, será preferible o comunicármonos mediante o correo electrónico. Unha aperta--Lmbuga Commons - Galipedia 01:07, 14 agosto 2007 (UTC)
[editar] wikipedia en las aulas
Muy interesante, el artículo es muy completo (quizá apabulle un poco a los profes novatos) Manténme informada de cómo va vuestro proyecto, podemos aprender mutuamente. Te resumo un poco lo que se ha hecho hasta ahora en la catalana, aparte de lo que ya puedes ver en el proyecto que te mandé: hemos dado dos charlas intdoductorias en centros de profesores, se ha creado un curso que se impartirá online a partir de octubre (en él se usa la wiki pero también los blogs y otros recursos TIC) y se ha puesto un enlace permanente en la página de la consejería. Los profesores van entrando tímidamente, seguimos en contacto. Barcelona
- Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:06, 1 setembro 2007 (UTC)
[editar] Bot status for PipepBot
Hi Agremon, I'd like to request you to set a bot bit for PipepBot with reference to Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#PipepBot. Thank you. it:User:Pipep 17:22, 1 setembro 2007 (UTC)
[editar] Agradécese a presencia
Creo que todos agradecemos a túa presenza. Non tivera nunca ocasión de saudarche e vai ser agora cando o faga. Espero que non penses que quixen ou quero destruir o que ti iniciaches, moi lonxe do meu propósito. Eu pola miña parte moi agradecido co que fixeches neste momento que creo é moi importante. Saúdos Lansbricae (Ti dirás) 21:11, 6 setembro 2007 (UTC)
[editar] Apoio público
Ola, só quería facerche público o meu apoio ao teu labor como administrador que estás a desenvoler. Anímote a seguir facendoo sen que a situación actual sexa un impedimento e póñome a túa disposición para o que precises e consideres que poida ser de utilidade para que o teu labor sexa máis doado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:37, 9 setembro 2007 (UTC) Coido que este é o mellor sitio para contestar o anterior. Grazas de novo. En estes momentos hai uns cantos administradores que controlan (tanto técnicamente como o día ó día e as relacións internas) máis que eu. É dicir, podo tentar axudar, pero coido que non debo nin tentar meterme máis que colaborando, apoiando e aportando ideas en conxunto con todos os que queren levar a Galipedia a bo porto.--Agremon(contacto) 17:01, 9 setembro 2007 (UTC)
[editar] Viquipèdia a les aules
De nuevo me pongo en contacto contigo para hablar de Viquipèdia en las aulas, ya está online y con licencia CC parte del cursillo que se impartirá a los profesores, quizá quieras usarlo o pasarlo a docentes gallegos: http://www.xtec.cat/maratoviqui/viquiaules.htm (barcelona en Ca:wiki)
[editar] Portada
Olá. Antonte creei un arquivo de portadas da Galipedia aproveitando que se está a deseñar a nova portada. Espero que estexa máis ou menos completa e... seguro que trae algo de morriña, non? Unha aperta. --Xosé (✉) 16:05, 30 setembro 2007 (UTC)
Xa o sei, pero é que esa portada non se gardou, escribiuse sobre ela e por iso aparece como un diff. Ainda que talvez se podería crear como páxina nova (realmente a primeira portada estaba en Interlingua!) --Xosé (✉) 19:42, 30 setembro 2007 (UTC)
Non sei como se fixo a portada seguinte. É posíbel que simplemente se fose modificando a anterior e aquela quedou como unha edición anterior. --Xosé (✉) 21:30, 30 setembro 2007 (UTC)
Mirando no historial vexo que en setembro de 2005 comezouse a modificar: "(Proposta dunha nova portada)". Durante uns meses fóronselle engadindo cousas até quedar na nova. Foi un proceso continuo, non como no 2005 en que se arquivou e se puxo a nova. Por iso non hai unha "primeira portada" diferente das dos dous anos seguintes, ainda que a aparencia foi mudando paulatinamente. Por certo, espero que che guste a proposta da nova. --Xosé (✉) 21:53, 30 setembro 2007 (UTC)
[editar] Eleccións de administradores
Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 3 outubro 2007 (UTC)
-
- Grazas, pero isto se está poñendo moi costa arriba. Non é este o meu modelo de Galipedia. Non prima a boa fe. Non prima o diálogo. Xa non estou cómodo traballando aquí. Antes, se me confundía, dicíanme: estaste confundindo e falaba coa xente. Agora non, agora, como son administrador, se me "confundo" (ás veces non é tanta confusión), exponse publicamente sen dar oportunidade ningunha de rectificación, explicación, reconversión do feito,...). Antes como administrador, era ben tratado, un máis; agora, son a representación de non sei que poder. Así non se pode traballar. A saída dos administradores, o que a Albert Galiza lle digan que tería que ter sido bloqueado, as dificultades con usuarios na colaboración porque non dialogan, e o trato vexatorio, fan que me faga moitas preguntas. --Lmbuga Commons - Galipedia 15:57, 4 outubro 2007 (UTC)
[editar] Vídeo das I Xornadas de Software Libre no Ensino
- Olá. Acabo de colocar unha ligazón á túa intervención nas xornadas aquí. Penso que habia unha páxina con mencións á Galipedia desde outros medios, pero non a atopo; posibelmente tamén poderia ir nela. Parabéns e un saúdo. --Xosé (✉) 15:39, 10 novembro 2007 (UTC)
[editar] Casa Grande de Lentille
Entendo, grazas. Comparto que xa non semella necesaria. Lansbricae (Ti dirás) 22:27, 11 novembro 2007 (UTC)
[editar] Bots
Podes concluír as votacións sobre User:DragonBot, User:PixelBot e User:4bot en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación? Os dous primeiros foron aprobados, pero para 4Bot o resultado foi 5 a favor, 7 en contra, polo que foi rexeitado. Hailles que dar o status aos dous primeiros e arquivar as votacións. Un saúdo. --Xosé (✉) 15:49, 10 novembro 2007 (UTC)
[editar] Voto para a elección de Banjo como administrador
Ola Agremon! Na votación para a elección de Banjo como administrador votaches concordo pero na sección en contra. Así que non sei ben se queixeches concordar coa súa elección e votaches no lugar incorrecto ou deches un concordo en lugar dun discordo. Se realmente estás en desacordo é mellor utilizar o template Discordo, para evitar confusións. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:05, 15 novembro 2007 (UTC)
- Que me deas as grazas é toda unha honra ;) Saúdos. AlberteSi, digame? 19:32, 15 novembro 2007 (UTC)
Ola Agremon! Paréceme moi interesante o que dis, porque a verdade é que non caera na conta que se pode ver estraño. E si, pódese ver. Creo que a muller do César, ademais de ser honesta, debe parecelo. Así que o lóxico será retirar o meu voto á candidatura de Banjo. Por outra parte, creo que o seu labor nos últimos anos é o dun "administrador sen carteira" moi certeiro, hábil e correcto, así que me dá rabia non manifestar un apoio que é totalmente sincero e non interesado. Pero tes razón, e vou retirar o voto. E se máis adiante mudo de idea... pois mudei. :) Grazas por facer este comentario --Xabier Cid 21:09, 15 novembro 2007 (UTC)
- Agradécense as palabras de Xabier :). Eu tampouco pensara en que poda ser estraño, quizáis o feito de que nos propuxeran ao mesmo tempo pode resultar confuso. Estiven a piques de retirar o meu voto por Xabier polo mesmo motivo que o fixo el, pero como xa se adiantou él non o vou quitar. Según el eu son un bó candidato a administrador, según eu el xa tiña que ser administrador fai moito tempo :). Coma el douche as grazas polo comentario --BaNjO tell me 15:12, 16 novembro 2007 (UTC)
[editar] quark cúmio
Moi ben o das partículas físicas pero, con acento gráfico? --
Sobreira (parlez) 14:14, 16 decembro 2007 (UTC)
- Engadín máis partículas á caixa Modelo:Partículas, pero como non sei se son fundamentais e como colocalas púxenlle o xenérico "Termos relacionados" para safar. Bótalle un ollo por se fixen algo físicamente incorrecto. --
Sobreira (parlez) 14:44, 16 decembro 2007 (UTC)
[editar] xuntanza-ceanza
hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:55, 30 xaneiro 2008 (UTC)
hola!!!!teño unha duda!!!kero por unha imaxe nos clorofluorocarbonos!!!pero..non son capaz!!lein as indicacións pero ainda así non me aclaro!!!se me poideses axudar...!!!!
detodas formas grazas bicos
_tooru_
si !!!ahora xa sei!!!! :) moitas grazas!!!! _tooru_
[editar] Username change
I'd like my account User:Cool Cat be renamed to User:White Cat. -- Cat chi? 14:15, 2 marzo 2008 (UTC)
[editar] Bot flag request for Usuario:Ordenador
- Bot operator: User:White Cat (Commons:User:White Cat) - En-N, Tr-4, Ja-1
- List of botflags on other projects: Bot has a flag on wikimedia (meta,commons) wikipedia (ar, az, de, en, es, et, fr, is, ja, ku, nn, no, ru, sr, tr, uz, simple) (See: m:User:White Cat#Bots)
- Purpose: Interwiki linking, double redirect fixing, commons delinking (for cases where commonsdelinker fails)
-- Cat chi? 14:15, 2 marzo 2008 (UTC)
-
-
- Podo encargarme (xa mirara de encargarme), pero teño 2 dificultades: non sei qué dicirlle (el tamén fixo a petición en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación) e cústame moito escribir en inglés. ¿Dígolle que ten que esperar os resultados da votación? Seguro que xa o sabe. ¿Ocórreseche que lle podo dicir? É que non entendo que che poña esta mensaxe na túa páxina de conversa. Se se che ocorre,... Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:38, 3 marzo 2008 (UTC)
-
[editar] Editei un comentario teu...
...para ordenalo un pouco, e así poder meter eu a miña opinión polo medio. Espero que non che pareza mal. É o último comentario que puxeche na taberna (xeral). Saudos Miguel.lima 09:42, 1 abril 2008 (UTC)
[editar] Charlas en Ordes
Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --
Sobreira (parlez) 21:56, 15 abril 2008 (UTC)
[editar] Casas de indianos
Saúdos. Carguei tres fotografías de casas de indianos (creo) da Mariña lucense. Coma vexo que ten varios artigos sobre o tema, gustaríame comentarllo por se serven para ilustrar algún destos artigos. Unha aperta. --Iago 11:19, 23 abril 2008 (UTC)
[editar] Feridos en Atocha
Ola, Agremon. Está proposto para borrar un artigo no que ti traballaches: Lista de feridos e hospitais Atocha 2004. Bótalle un ollo á votación. Un saúdo. --Xabier Cid 14:39, 21 maio 2008 (UTC)
[editar] Special:Contributions/Hégésippe
Bonjour Antonio. Mon compte utilisateur, sur 725 projets hébergés par la Wikimedia Foundation, est Hégésippe Cormier (mais j'utilise la simple signature Hégésippe sur les pages de discussion). Je n'ai pas de problème avec ces comptes, qui ont été fusionnés il y a plusieurs semaines, lorsque je Single user login a été activé pour les administrateurs, cf. http://gl.wikipedia.org/w/ca.php, ligne 36.
Mais j'ai aussi créé, les années précédentes, des « comptes de sécurité » intitulés Hégésippe, sur 75 projets Wikimedia projects, et qui ont déjà été fusionnés par le SUL, cf. http://gl.wikipedia.org/w/ca.php, ligne 2391.
Mais il y a aussi 11 projets (9 Wikipedia, 1 wikiquote, + Meta-Wiki) où le nom Hégésippe a été usurpé délibérément, parmi lesquels Hégésippe sur gl.wikipedia.org, créé le 7 août 2006, avec 3 contributions (j'ignore si ce compte a des contributions supprimées).
Mon souhait est que ce compte usurpé Hégésippe@glwiki soit renommé en n'importe quoi pour dissiper la confusion (Usurpatedaccount20080528 ou tout autre nom, selon les usages de renommage de compte usurpés que vous pouvez avoir sur gl.wikipedia.org...), puisque la personne titulaire de ce compte n'est pas la vraie personne faisant usage de ce nom partout ailleurs sur les projets Wikimedia.
Peux-tu m'apporter de l'aide en la matière ? Je suis joignable (comme sur tous les projets Wikimedia) depuis la page Special:Emailuser/Hégésippe Cormier.
Hégésippe | ±Θ± 09:21, 28 maio 2008 (UTC) – Compte principal : fr.wikipedia.org (page de discussion sur wp-FR)
-
- Le compte actuel Special:Contributions/Hégésippe a été créé par un vandale (qui en a créé sur 11 wikis),
- alors que, précédemment, j'avais créé 75 comptes de sécurité Hégésippe sur d'autres wikis (redirigeant à chaque fois vers mon compte habituel Hégésippe Cormier).
- Ces comptes de sécurité sont motivés par le fait que j'utilise une signature simple Hégésippe, dans les pages de discussion, avec mon compte Hégésippe Cormier.
- Il faudrait donc seulement renommer Special:Contributions/Hégésippe (qui n'est pas le vrai Hégésippe) avec n'importe quel nom. Une fois que ce sera fait, comme les comptes Hégésippe sont déjà fusionnés sur 79 wikis, il sera impossible que quelqu'un crée à nouveau ce compte sans disposer du mot de passse global
. - Le compte Special:Contributions/Hégésippe Cormier, déjà fusionné depuis des semaines, reste inchangé.
- Hégésippe | ±Θ± 04:12, 30 maio 2008 (UTC)
[editar] Consulta de María
Me gustaría subir dos fotos que he tomado recientemente en la Parroquia de Santa María de Oza - A Coruña, que creo que ilustran muy bien el artículo sobre esa parroquia. ¿Cómo debo hacerlo? Gracias. María
[editar] Artigos para o seu borrado
Ola, Agremon.
- Foi proposto para o seu borrado o artigo Físico (científico), que ti creaches no seu día. Visita a páxina de discusión por se queres intervir no debate.
- Foi proposto para o seu borrado o artigo Lista de dramaturgos, que ti creaches no seu día. Visita a páxina de discusión por se queres intervir no debate.
Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 20:09, 23 febreiro 2009 (UTC)
[editar] Artigo de Vieiros e outros
Graciñas, Agremon. Xa vexo que es o patriarca da Galipedia. Un pracer, logo. Indo á cerna: pois si, a mierande parte dos comentarios que fai o persoal no artigo de Vieiros non son moi construtivos; certamente, tanto me ten, non os comparto e punto. Na miña opinión quedou aquelado abondo e os dardos véñenme disparados por un grupo que ao meu ver non ten voz abondo para se facer notar fóra da rede. Amais, gustarache saber que recibín correos de xente interesándose polo proxecto, e non un nin dous. Ao respecto do contador e de todas esas cousas, graciñas tamén. Son cousiñas sinxelas pero útiles. E verbo das correccións, ti crea artigos que eu hei estar detrás para arranxalos. Olla para aquí. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 22:17, 19 abril 2009 (UTC)
[editar] Petición de nombre de usuario
Ola Agremon. Perdona que te hable en español, mi nivel de galego es casi subterráneo.
Soy es:Usuario:Richy, bibliotecario de wikipedia-es. El caso es que estaba intentando acabar el proceso de registro de mi cuenta global, y al parecer en galipedia existe un usuario:Richy que no ha hecho nunca ninguna edición. Yo diría que el que hay soy yo (me suena haber hecho el registro hace vete a saber cuando), pero el correo de recordatorio de constraseña no me termina de llegar nunca. Así que me preguntaba si , como dice http://meta.wikimedia.org/wiki/Help:Unified_login , sería posible reclamar el nombre de usuario.
Gracias por tu tiempo sea cual sea la respuesta, y un saludo. Richy
- Fixen o movemento do usuario Richy a Richy.antigo, polo que o nome de usuario Richy está agora mesmo libre. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:37, 28 xullo 2009 (UTC)
[editar] Categoría:Imaxes de Viveiro, Viveiro
Ola Agremon. Agradeceríache que comprobases se as imaxes desta categoría corresponden á parroquia de Santiago e Santa María de Viveiro. Grazas.
De paso, se queres podes botarlle unha ollada a Categoría:Imaxes de Viveiro.-- Lmbuga / Conversa comigo 09:25, 4 setembro 2009 (UTC)
- Tamén é posible que haxa algún erro na Galería de imaxes de Viveiro-- Lmbuga / Conversa comigo 09:27, 4 setembro 2009 (UTC)
- Graciñas. Non ten ningunha présa-- Lmbuga / Conversa comigo 15:20, 8 setembro 2009 (UTC)
- A foto esa do Areal (teño que buscala) está subida -creo- por un individuo a Flickr. Así que a encontre, coméntocha-- Lmbuga / Conversa comigo 15:27, 8 setembro 2009 (UTC)
- Graciñas. Non ten ningunha présa-- Lmbuga / Conversa comigo 15:20, 8 setembro 2009 (UTC)
Si, era así: Ficheiro:Lugo, Areal, Viveiro (Galiza).jpg. Este usuario de Flickr (http://www.flickr.com/photos/toprural/ ) sobe imaxes a Flickr con intención divulgadora e intereses económicos. Tódalas súas imaxes levan á páxina web da súa empresa: http://fr.toprural.com/ . Eu entendo que son imaxes súas. Non é de estrañar que algunha poida estar noutras páxinas, mesmo nas das casas rurais, pero a min nada me indica que non detente el os dereitos das imaxes-- Lmbuga / Conversa comigo 15:33, 8 setembro 2009 (UTC)
[editar] Galilibros
Boas. Erwin, de Metawiki, avisoume de que hai algún que outro artigo por borrar na Galilibros. Paréceme que es o único administrador que está activo, así que, poderías botarlle unha ollada? Conste que a meirande parte do lixo foi cousa mía, que a/me liei un par de veces. Un saúdo! --GallaecioE logo? 15:46, 15 decembro 2009 (UTC)
- Houbo sorte coas claves? --GallaecioE logo? 07:57, 23 decembro 2009 (UTC)
[editar] Conversa:Entroido de Ribadeo
Boas, Agremon. A ver se podes pasar un momentiño por Conversa:Entroido de Ribadeo e xa de paso engades, ratificas ou corrixes a información que se require. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:36, 4 marzo 2010 (UTC)
[editar] Por favor
Por favor atende o expresado en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FVandalismo&action=historysubmit&diff=1461752&oldid=1345867 (esta comunicación fágolla a tódolos administradores)
Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 23:35, 8 marzo 2010 (UTC)
[editar] Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller'
Ola Agremon.
En relación á Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller', fixen unha proposta aquí.
Chao. --HombreDHojalata conversa 09:11, 29 marzo 2010 (UTC).
- Non hai de que, e xa que estás igual che interesa botarlle un ollo a isto. Saúdos. --HombreDHojalata conversa 18:25, 30 marzo 2010 (UTC).
[editar] Zona de desenvolvemento próximo
Poderíalo desenvolver? Se non teremos que borralo. Graciñas e un saúdo, Agremon. --Atobar (conversa comigo) 22:30, 25 de xullo de 2010 (UTC)
[editar] Renomear contas
Olá!
Poderia renomear minhas contas de usuário no gl.wikibooks e no gl.wikisource, como foi feito na pt.wikipedia?
PS: Eu pedi para o Albert galiza a renomeação aqui na gl.wikipedia, mas se por acaso vir este comentário antes dele, pode renomear aqui também (e avisá-lo que o pedido já foi atendido). Obrigado. Helder (disc.) 11:30, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Non atopo lugar usado para contactar contigo e ver que é o que queres facer: na portuguesa non aparece exactamente o que dis.--Agremon(contacto) 12:02, 22 de outubro de 2010 (UTC)
- O Albert galiza já renomeou a conta daqui da Galipédia. Resta apenas repetir o processo no wikibooks e no wikisource. Helder 15:16, 22 de outubro de 2010 (UTC)
- Se, conforme comentou no Wikilivros, não tiver como fazer, parece que posso pedir a um steward no Meta Wiki. Devo fazer isso então? Helder 13:02, 23 de outubro de 2010 (UTC)
- As contas já foram renomeadas. Poderia apenas apagar estes dois redirecionamentos? (eu não encontrei um modelo para fazer o pedido). Helder 17:19, 3 de novembro de 2010 (UTC)
- Se, conforme comentou no Wikilivros, não tiver como fazer, parece que posso pedir a um steward no Meta Wiki. Devo fazer isso então? Helder 13:02, 23 de outubro de 2010 (UTC)
[editar] Wikipedia vai cumprir 10 anos
Puxen unha idea revisada da túa proposta no café, si tes un momento vótalle un ollo a ver o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:14, 16 de decembro de 2010 (UTC)
[editar] Conta de usuario
Ola, quixera eliminar, por razóns de privacidade, a miña conta na galipedia. Non sei Vd., sendo administrador, podería facelo, pero agardo que saiba informarme. Gracias e un saúdo. User:Tinsiño
[editar] Orixe e licenza
Poderías indicar orixe e licenza para esta imaxe?: Ficheiro:300px-círculo-trig6.png
Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 17:16, 30 de xuño de 2011 (UTC)
- Solucioneino indicando: "Esta imaxe, ou o texto representado nela, consiste só en formas xeométricas simples e texto. Isto non alcanza o limiar de orixinalidade necesario para que estea protexido por dereitos de autor, polo tanto, está no dominio público.". Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 12:14, 1 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Sección persoeiros de sona
Ola, Agremon. Decidimos, ao meu ver con moi bo criterio, que as seccións persoeiros de sona e similares irán sendo retiradas de a pouco dos artigos de lugares. As razóns son moitas, pero douche dúas que me parecen as máis relevantes: decidimos categorizar os persoeiros como nados en, co cal para saber quen é de tal sitio non hai máis que peneirar a categoría Nados en Lugo, Ribadeo, Arzúa ou Lalín. Isto, a categorización por lugar de nacemento, fai en certa medida innecesario que sigamos coas listaxes de persoeiros de sona, que son forzosamente incompletas, subxectivas e abren un problema de extensión e relevancias no canto de axudar, ademais de que en moitos casos desvirtúan o propio artigo no que se atopan. Un saúdo (se tes calquera dúbida, mellor coméntalla a HombreDHojalata, que é quen está de garda estes días; eu ando de vacacións e por iso respondo con esta demora que seguro me saberás perdoar). --Atobar (conversa comigo) 09:30, 15 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Persoeiros de Ribadeo
Pois, o de retirar tódalas sección tipo "Persoeiros de ..." dos artigos ven dunha iniciativa de Xabier Cid que se tratou en varios fíos, agora mesmo atopo Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_16#Nados_en_Galicia e Wikipedia:A_Taberna_(xeral)/Arquivo_13#Persoeiros_de_sona, pero pode haber máis. Coa que non concordo especialmente, inda que no seu día non participei no debate, e que respecto por ter o apoio de varios usuarios.
A raíz diso algúns usuarios retiraron eses apartados de ducias dos artigos dos concellos, por exemplo Xoacas entre o 7 e o 9 de febreiro de 2010. Quedando so o recurso de navegar a través da [Categoría:Nome_do_concello] → → → [Categoría:Nados_no_nome do concello].
Para os artigos de personalidades vinculadas a Ribadeo non nativos, ocórreseme que os podes meter nunha categoría que crees Categoría:Personalidades de Ribadeo (ninguén se pode opoñer tendo, como temos, ducias de categoría con formato Categoría:Personalidades de topónimo. Ou, no seu defecto, directamente na Categoría:Ribadeo.
Para falar máis do tema quizais sexa bo replantexalo na taberna e chamar a consultas os usuarios da iniciativa ou que a apoiaron: Xabier Cid, Atobar, Xoacas...
Non se me ocorre nada mellor, un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 14:12, 15 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons
Ola, como andamos?
Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.
Contamos contigo.
Unha aperta.--. HombreDHojalata.conversa 19:29, 18 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] GedawyBot
Hi. I made a request for bot flag, I hope you approve it. Thanks.--محمد الجداوي 19:18, 2 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Angrois (Santiago de Compostela)
Ola, teño un problema. O meu artigo está marcado coa menxase "Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado." Nembargantes, non atoupo o artigo na lista de revisión ni sei qué debo facer. "Isidoro Castaño 08:58, 27 de febreiro de 2012 (UTC)"
[editar] Alfredo García Dóriga
Encárgaste ti de lle facer a entrada? [1] [2] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:37, 17 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Bot flag for JYBot
Hi dear Agremon ,
I want to make a request for bot flag in this wiki , but I can not find the request page.Can you help me ?
My Bot operation : interwiki with -autonomous option in articles and categories.
My bot has flag on over 30 wikis, see here
Best Regards—o anterior comentario sen asinar foi feito por Javadyou (conversa • contribucións) 4 de maio de 2012 ás 13:15
Feito! Xa lle contestei eu na súa páxina de conversa. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:38, 4 de maio de 2012 (UTC)