Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Forma parte da etiqueta da Wikipedia asinar os comentarios nas páxinas de conversa. Isto é un aspecto esencial para a comunicación, ademais de axudar os outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.

Preferencias da sinatura[editar | editar a fonte]

Os usuarios rexistrados poden acceder ás preferencias e cambiar o campo O teu alcume (para sinaturas) para personalizar a sinatura. Vexa como facelo nas preferencias de usuario.

Restricións ás sinaturas[editar | editar a fonte]

Contido[editar | editar a fonte]

  • A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Non é necesario que conteña unha ligazón á páxina de conversa do mesmo se así o prefire.
  • En ningún caso a sinatura pode conter insultos, palabras malsoantes ou texto ofensivo ou insultante cara ningunha institución (pública ou privada), persoa ou outro usuario da Wikipedia.
  • Así mesmo non se permite engadir publicidade de ningún tipo na sinatura.
  • A sinatura debe sinalar a data e hora da edición para poder cumprir o seu obxectivo. Non se pode firmar unicamente co nome de usuario.

Tamaño da fonte[editar | editar a fonte]

  • En ningún caso se poderá aumentar o tamaño da fonte empregada na sinatura por riba do tamaño estándar do texto da Galipedia.
  • Só se pode reducir o tamaño da fonte na parte que liga á paxina de conversa do usuario, a parte que liga á paxina do usuario debe permanecer no tamaño estándar para facilitar a súa lectura.

Cores[editar | editar a fonte]

  • Permítese o uso de calquera cor ou combinación de cores na sinatura.

Imaxes[editar | editar a fonte]

  • Permítese o uso dun máximo dunha imaxe na sinatura, sempre e cando a mesma cumpra o expresado na Política de uso de imaxes.
  • O tamaño da imaxe empregada na sinatura estará limitado a 20 píxeles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.