Conversa usuario:Colexio de Quintela-Moaña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Colexio de Quintela-Moaña!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Toliño Fala aquí comigo 16:25, 20 maio 2009 (UTC)

  • Corrixín brevemente o que acabas de engadir nas ligazóns de Iván Costa Blanco. Bótalles un ollo para aprenderes para a próxima edición que fagas. Un saúdo e graciñas por colaborares.--Atobar (conversa comigo) 18:40, 28 maio 2009 (UTC)
Ola outra vez, Colexio de Quintela-Moaña. Xa ides ver que moverse na Galipedia é moi doado e gratificante. Unhas poucas cousiñas agora que comezades: cando queirades conversar, en efecto, faise na páxina de conversa do usuario ao que os queirades dirixir, como ben fixestes comigo. O único a ter en conta é que cómpre comentar ao final da páxina, non ao comezo. Ao respecto, das edicións, xa iredes collendo o truco devagar, de modo que pouco vos podo dicir. Con todo, na miña páxina de usuario teño posta unha listaxe de ligazóns de axuda. Fixádevos nas seccións Para coñecer mellor este proxecto e Axuda e ferramentas para Galipedistas. Calquera dúbida ou cuestión, non teñades medo en preguntar, ben a min ou ben a calquera outro usuario, que deseguro imos responder gustosos. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 18:59, 28 maio 2009 (UTC)

Ola, ten en conta que hai un formato a seguir. De aí estes cambios. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:33, 22 de xuño de 2011 (UTC)

Leticia Santos Paz[editar a fonte]

Ola! Non entendemos porque desaparece o artigo de Leticia Santos. Fixéronno os alumnos/as de sexto de primaria, pero antes revisouno a propia Leticia.É importante para o alumnado que vexan o resultado do seu traballo.--Colexio de Quintela-Moaña (conversa) 17 de xuño de 2016 ás 15:40 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Colexio de Quintela-Moaña.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xuño de 2016 ás 13:40 (UTC)[responder]

Ola! Moitas grazas polas contribucións. Algunhas das achegas foron borradas por se tratar de contido non enciclopédico. Por favor, botádelle un ollo a Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Agardo que o comprendades. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xuño de 2016 ás 18:58 (UTC)[responder]
Ola de novo! Agradécense moito as vosas contribucións, pois nun caso concreto como o de Leticia é un artigo que se debe mellorar desde o local, pois a xente de Moaña é quen mellor pode coñecer a persoa. Pero é importante distinguir entre os contidos enciclopédicos e os que non o son, entre os datos que son pertinentes e os que non teñen relevancia na Wiki, como o que se fai no tempo libre ou as actividades propias dunha alcaldía (que se sobreentende son comúns; por exemplo, no artigo sobre Obama non se pon cales son as tarefas do presidente dos EUA).
Respecto á creación da categoría:alcaldesa, na Wiki optouse por usar o masculino xenérico nas categorías por comodidade. Dunha banda, evítanse nomes de categorías máis longos (nados en 1986/persoas nadas en 1986), e por outra banda, enténdese que é un modo de contribuír á igualdade de xénero categorizar as persoas pola súa profesión ou labor, non en función do seu xénero.
Unha aperta!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xuño de 2016 ás 11:08 (UTC)[responder]

Nova categoría[editar a fonte]

Boa tarde, na galipedia non facemos distinción de sexo nas categorías xenéricas. Explícome, non existe a categoría Poetisas en lingua galega, senón Poetas en lingua galega. Empregamos a mesma para recoller tanto a homes como a mulleres. É unha convención que se segue nesta comunidade e que se debe respectar na creación das categorías. Podedes consultar máis información sobre as categorías en Wikipedia:Categorías. Anímovos a seguir traballando e a preguntar sen medo a calquera usuario. Estamos encantados de responder a tódalas vosas preguntas. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 19 de xuño de 2016 ás 18:03 (UTC)[responder]

Referencias[editar a fonte]

Eu tamén veño a animarvos a que continuedes o voso traballo, e tamén a darvos unha pincelada de mellora wiki: Wikipedia:Verificabilidade :) Os contidos dos artigos, por moi completos que estean non teñen todo o seu valor se non se indican as fontes nas que se basea a súa información. Coméntovolo porque este tema está moi relacionado cun dos Wikipedia:Cinco piares de tódalas wikipedias. Se precisades axuda con algún destes temas podedes consultarme na miña páxina de conversa cando queirades :) Por se vos interesa, tamén vos deixo esta ligazón: Wikipedia:Proxectos pedagóxicos Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2016 ás 09:34 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Colexio de Quintela-Moaña. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 14:55 (UTC)[responder]

Asociación de mulleres de Moaña[editar a fonte]

Boas, o artigo Asociación de mulleres de Moaña que creaches ti, ten varios marcadores de avisos, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 13:20 (UTC)[responder]