Reinado de Fernando VII de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando VII.

O reinado de Fernando VII de España chegou como consecuencia do Motín de Aranjuez (18 de marzo de 1808), no que os partidarios de que subise ó trono Fernando VII acordaron a abdicación de Carlos IV. Ante esta situación, Carlos IV pide axuda a Napoleón, quen vendo a debilidade da coroa española decide ocupar o trono. A familia real foi trasladada a Baiona, onde Fernando VII abdica en Carlos IV, que abdica en Napoleón, quen entrega a coroa a Xosé I. Ante isto prodúcense os levantamentos do 2 de maio en Madrid, que se extenden por todo o estado dando lugar á Guerra da Independencia.

Regreso de Fernando VII a España[editar | editar a fonte]

En decembro de 1813 Napoleón e Fernando VII asinan o Tratado de Valençay, no que se restituía a Fernando VII no trono español.

Tras isto, en 1814, Fernando VII entra en España por Xirona co fin de ir a Valencia, e deste xeito evitar ir a Madrid, onde tería que asinar a Constitución de 1812.

Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o do Xeneral Elio e o dunha serie de deputados que lle presentan o Manifesto dos Persas, no que os 69 deputados pedíanlle ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.

O rei decide entón restaurar o absolutismo asinando un decreto o 4 de maio de 1814 polo que se declaraba nulo o decreto das cortes e a Constitución promulgada en Cádiz an 1812.

Primeira etapa absolutista (1814 - 1820)[editar | editar a fonte]

Coa restauración do absolutismo comeza unha persecución contra os liberais (partidarios dunha monarquía constitucional), moitos dos cales marchan ó exilio. Isto provoca unha división entre os españois: tradición e pregreso.

Nesta etapa prodúcense varios pronunciamentos e conspiracións liberais que fracasan:

É tamén nesta etapa cando se produce a Emancipación das colonias americanas

Trienio liberal (1820 - 1823)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Trienio liberal.

O 1 de xaneiro de 1820, o tenente coronel Rafael del Riego sublévase en Cabezas de San Juan contra o réxime absolutista cunhas tropas que agardaban para ser embarcadas cara a América. O levantamento triunfou cando o exército enviado polo goberno se amotinou en Ocaña.

Co triunfo dos liberais suprímese o absolutismo, quedando Fernando VII como rei tras xurar a Constitución de 1812. Os liberais divídense entón en dous bandos: doceanistas ou moderados (que apoiaban a Constitución de 1812) e vinteanistas ou exaltados (que pensaban que dita constitución era moi feble para o que precisaba España).

Decrétanse medidas desamortizadoras e anticlericais como a expulsión dos xesuítas, a desamortización eclesiástica e o peche dalgúns conventos e mosteiros. Danse nesta etapa intentos absolutistas como a sublevación da Garda Real, que culminarán cando os absolutistas piden axuda á Santa Alianza, que envía ós Cen Mil Fillos de San Luís (ó mando do Duque de Angulema, curmán de Fernando VII) para restaurar o absolutismo.

Artigo principal: Cen Mil Fillos de San Luís.

Década ominosa (1823 - 1833)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Década Ominosa.

A partir de 1823, coa restauración do absolutismo, prodúcese unha grande represión contra os liberais (ábrense nesta época 20.000 expedientes) e abólese novamente a Constitución de 1812. Danse asemade intentonas ultraabsolutistas contra Fernando VII.

O país pasa por unha crise sucesoria pola falta de fillos de Fernando VII, que pola posibilidade de que tivese unha filla promulga a Pragmática Sanción, que anulaba a lei sálica que impedía gobernar ás mulleres.

Isto non foi aceptado polos partidarios do seu irmán Carlos María Isidro (os denominados apostólicos). E co nacemento da futura Isabel II en 1830 e a morte do seu pai en 1833, comezan as Guerras Carlistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]