Conversa usuario:Toliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isto é un arquivo de conversas antigas.
Aquí están os arquivos das páxinas de conversa vellas do Usuario:Toliño.

Índice

[editar] Revisión de modelo

Boas, cando teñas un momento, ¿poderías revisar Modelo:Link GA?. É un modelo para que nos interwikis apareza un círculo co signo máis nos sitios onde haxa un artigo bo. Fixen o modelo pero por exemplo en Judy Garland non me funciona, a ver se ti sabes de que é... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:58, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Aaah, e entón supoño haberá que facer algo tamén no MediaWiki:Monobook.css, ¿non?. É que eu teño o monobook e non me sae nada... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:29, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
Perfecto, xa furrula! :). Moitas grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:36, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Plantilla:ORDENAR de es-wiki

Boas, na wiki en castelán en vez de usar DEFAULTSORT usar a palabra ORDENAR que penso que é moito máis claro para que a xente se afaga a usala. ¿Non poderíamos cambiar nós tamén este comando (ou o que sexa) da Galipedia?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:12, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

Xa a engadín onde me dixeches, a ver o que pasa, si funciona xa che aviso. Graciñas!, --Elisardojm (conversa) 20:23, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Árbore

Toliño, penso que quedaba máis neutro antes [1]. Para poder metelo no artigo de Xoan BautisTa Antrade, que non ten que ver cos Paz. --. HombreDHojalata.conversa 09:36, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Home, elocuente xa era. "Árbore xenealóxica" no artigo dunha persoa so pode ser unha cousa... Fío de debate? Preferiría non facelo ;-) --. HombreDHojalata.conversa 09:55, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Grao e doutoramento

Graciñas pola observación. --Conversa con Tiberio 21:04, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Titulos oficiais de Dragon Ball Kai.

Boas Toliño! Veras. O motivo da miña mensaxe e que hai unha pequena "loita" entre grafias dos nomes dos personaxes segundo os titulos oficiais en galego do anime Dragon Ball Z Kai e os nomes supostamente "orixinais" . Eu insisto que o correcto é deixalos como veñen oficialmente na páxina de crtvg.es. Mais coido que o millor e que un administrador meta man e que decida el o correcto.

Saudos--81.33.105.134 19:42, 15 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Grafía nos episodios de Dragon Ball Z Kai

A grafía oficial dos episodios segundo a web da TVG é a que marcabades, pero creo que é incorrecta. Isto é, baixo o meu parecer non é a oficial, posto que no guión orixinal o nome de Freezer (por exemplo) escríbese así e pronúnciase Friser, como en galego. Ó transcribilo na páxina web da TVG, o encargado de facelo tería que reparar na escritura inglesa e non na escritura coa pronuncia galega. O mesmo pasa con outras palabras.

Tanto ten coma o queirades manter xa que a decisión é vosa, pero eu consideraríao incorrecto.

Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.101.114 (conversacontribucións) o 16 de xaneiro de 2012 ás 15:27

[editar] {{info cor}}

Agadecido pola oferta. En realidade teño otraballo a medio facer,coma ben sabes. Un saudo. A cousa e ben sinxella,ao meu pesar, tentaba facer unha caixa informativa e atopeime con duas estratexias, poñelo todo nun modelo ou facelo en partes. Un saudo, --Suarez ruibal 21:20, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

[editar] Cambio de nome do Corrector ortográfico

Boas, mira, ía poñerme a cambiar o nome e entroume unha dúbida, se cambiamos o nome desta páxina, afectará á ferramenta?. É que se hai que cambiar algo no programa non sei se pagará a pena facelo porque habería que avisar ó usuario da wiki en alemán... Ti que cres?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:44, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Xa fixen o traslado de corrector a revisor ortográfico, agora tócache :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:14, 10 de febreiro de 2012 (UTC)
Voltei a activar o revisor automático nas miñas preferencias e non me funciona, a ti vaiche?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:32, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
Oki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:39, 19 de febreiro de 2012 (UTC)

Xa funciona!, haberá que avisar á parroquia na taberna ou non fai falta activalo de novo?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:13, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Avisados quedan! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:14, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Re: Conflito de intereses

Ola Toliño. Pasou moito tempo e xa non me lembro de todos os aspectos que ía incluír, lembro que mirara a política en varias linguas antes de poñerme a escribir baseandome sobre todo nos problemas máis comúns na Galipedia. Tiña identificadas unha relación de situacións que se repetían unha e outra vez, mesmo unha listaxe de artigos nos que semellaba haber conflito de intereses: autobiografías, amizade e lazos estreitos, creación de usuarios para promocionar proxectos propios (revistas, empresas, programas de ordenador,...), campañas relacionadas coas crenzas ou a ideoloxía, mesmo seareiros de estrelas da música que van editando polas Wikipedias dun xeito que se converte nun conflito de intereses,... Outro problema que tiña identificado eran os artigos con algún deses problemas que se colaban vía traducións por causa de que na Wikipedia orixinal pasaran desapercibidos ou por falta de comprobación. Paréceme que chegara a pensar que sería boa idea poñer unha liña sobre o tema nas benvidas. O problema fundamental é que moita xente non é consciente que o que fai é un conflito de intereses e consume moita enerxía tratar con eses temas. Lembro que a redacción desa política dalgún xeito implicaba escribir a refirida a autobiografías, e que tentaba buscar precisión na redacción. Sinto non ser de máis utilidade. Un cordial saudo. --Prevertgl 16:41, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Comentario sobre a sección: Como actuar ante un conflito de intereses

Nese apartado hai diferenzas entre o modo en que tradicionalmente xestionamos os conflitos de intereses na Galipedia e como fan na Wikipedia en inglés (entre outras razóns a diferenza de tamaño fai que haxa diferentes matices). Nese sentido unha simple tradución do versión en inglés creo que non sería apropiada, na miña opinión habería que reformular algúns aspectos dese apartado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:06, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas pola resposta. Moi atinada :-) No que poida conta comigo, moito tempo non teño e coa lea de clasificar as parroquias aínda menos porque non quixera deixar a medias o que comecei. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:20, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Luces da cidade

Grazas por me correxires, Toliño! A verdade é que nunca me aclaro co formato consensuado nestes casos, porque me parece que ás veces se emprega o paréntese e noutros a coma, non si? Ou engánome? --Paradanta (Cóntame) 09:03, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Usurpation

Hello. I requested usurpation of my account on meta and they told me contact bureaucrat on glwiki. Can you help me with this? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 92.241.123.152 (conversacontribucións) o 11 de febreiro de 2012 ás 17:39

[editar] Química en progreso e funil

Pois funil e funil de Büchner están moito mellor na categoría Material de vidro do laboratorio. Non fun capaz de ver que existía esa categoría. En xeral aínda non controlo moi ben o uso das categorías... Grazas --Baralloco 09:35, 15 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Trebellos

Toliño unha cousa, as Ferramentas Wikipedia:Detector de homónimos e o Wikipedia:Revisor ortográfico aparecen "As miñas preferencias"> "Trebellos"> "Edición". Pero creo eu que está mal que estean en "Edición" xa que se usan na navegación. Así que deberían estar en Aparencia ou en "Accesorios para interface". --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 00:39, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Modulador de voz

Toliño, ti non saberás dalgún modulador de voz que lea galego. --. HombreDHojalata.conversa 14:18, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

[editar] Mensaxe de MediaWiki

Ola Toliño. Sería posible tecnicamente para nós poñer unha mensaxe que só se visualice ao editar as páxinas dunha determinada categoría do mesmo xeito que aparece en MediaWiki:Newarticletext cando se crea unha categoría nova? Por exemplo crear unha categoría oculta para as persoas vivas e cando se edite unha páxina que estea clasificada nesa categoría presentar o texto informando da situacións que supoñen conflito de intereses. Iso supoño que non se podería facer nas páxinas novas (referírome a que se presente só en certos artigos) polo menos eu non sei dun método simple. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:04, 1 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas. Non o sabía, teño que actualizarme. Terían que ser as páxinas que colgan de personalidades pero penso que primeiro haberá que crear unha categoría que distinga entre persoas vivas (supoño que no noso caso é mellor que sexa oculta) e as falecidas. Vexo que en inglés teñen en:Category:Living_people (tamén en:Category:Possibly living people) e como ti dis está en en:MediaWiki:Common.js. Entón, nos próximos días, crearei unha categoría e comezarei a clasificar os artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:44, 1 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Redirección

Grazas. Xa está recuperada cara onde tiña que ir: o nome común Acantodios. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:02, 8 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Categoría oculta automática

Ola Toliño. Estou dándolle voltas, para gañar tempo e maximizar esforzos, a que no modelo {{Lugar}} o sistema coloque automaticamente a categoría oculta Nome_Concello poboación ano co dato do ano collido do campo ano e o dato Nome_concello do campo concello e no caso de quedar baleiro que poña Galicia sen datos de poboación (porque diferenciar por provincias en principio non me parece viable). Penso que se pode conseguir con switch pero teño moi pouco tempo para facer probas. Como ti fixeches uso das posibilidades de switch en varias páxinas, antes de poñerme a facer nada, quizais xa teñas claro como facelo. Ese é o motivo desta mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:38, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Moitas grazas. Unha solución simple e efectiva. O que non teño claro é se convén engadir tamén o comentario <!--Categorías ocultas--> (por cuestión da posición onde o coloca porque pode mesturalo coas categorías visibles). Ti que opinas? Algo que atopei que non depende da solución que deseñaches é que naqueles modelos que engadiron unha referencia a carón do ano non funciona (A Ponte, Arante, Ribadeo). Haberá que evitar que se engadan as referencias nesa posición (polo de agora hai poucas). Por outra banda, para poder aplicalo ás parroquias teriamos que crear un modelo Parroquia2 provisorio para facer a transición e engadir o campo ano que no actual modelo falta e tamén un campo condicional para os mapas de situación. Como ves o de Parroquia2? Ademais esa solución tamén pode ser boa para todos os casos con información que hai que anovar periodicamente. Para finalizar outra vez moitas grazas, eu estaba enleandome. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:37, 12 de marzo de 2012 (UTC)
De acordo. Acabo de comprobalo. --Prevertgl 15:48, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Vendo a solución que desenvolveches decateime que tamén se podia aplicar cando o campo imaxe estea baleiro que escriba Parroquias de Nome_concello sen imaxes. A complicación aí poder ser A/As/O/Os e da/das/do/dos . Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:09, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Vaia! Non fixera a comprobación, pensaba que só eran un par de ducias e son 3.680!. --Prevertgl 16:18, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Tes razón. De acordo con facelo no mesmo modelo. A diferenza está que no canto de facer unha transición lenta só hai que engadir os anos cando se teña tempo. --Prevertgl 16:24, 12 de marzo de 2012 (UTC)

En {{Concello}} engadín a categoría oculta e dun xeito sinxelo clasifica as páxinas no propio concello pero creo que é máis útil clasifícalas na provincia para ter unha visión de conxunto. Tentei facer unha comparación co parámetro preposisión1 para que nuns casos poña Lugo, Ourense e Pontevedra e cando a preposición sexa da poña A Coruña pero aínda estou enfurruxado e non conseguín facelo. A ver se ti podes conseguir algo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:36, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas de novo. Se podes mirar algún día desta semana o do modelo Parroquia ao mellor o fin de semana podería comezar a poñer o campo ano e facer as correccións precisas nos datos. En canto ao engadir o campo para o mapa supoño que haberá que propoñelo aínda que neste caso sería o mesmo que en concello coa diferenza que en concello xa se inclúe por omisión porque xa temos todas as imaxes e aquí tería que ser condicional. Sobre a inclusión da categoría automática Parroquias de Nome_concello sen imaxes cres que pode haber algunha solución sinxela? Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:44, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Estieven facendo probas para poñer a categoría oculta automática Lugares de/da/das/do/dos Nome_concello sen imaxes e Parroquias de/da/das/do/dos Nome_concello sen imaxes, atopei unha posibilidade relativamente doada para comprobar se o concello comeza por A/As/O/Os facendo uso de mw:Extension:StringFunctions pero non está activada. Fixen outras probas pero ningunha con éxito. Ao final cando xa me ía retirar atopei en:Template:First word e en:Template:Remove first word, aínda non tiven ocasión de miralos. Unha solución sinxela é que a categoría nos lugares pase a chamarse Nome_concello sen imaxes. As parroquias xa están todas clasificadas e non convén mesturalas cos lugares. Esta solución non é consistente en canto os nomes das categorías pero ten a vantaxe de non implicar máis traballo. Que opinas? Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:41, 13 de marzo de 2012 (UTC)

De acordo, encárgaste ti de engadilo a {{Lugar}}? Por certo, con respecto á ligazón do INE que falamos arriba a maioría das ligazóns están fóra da caixa entón non afectan á categoría oculta agás unhas cantas (non sei cantas pero a ollo non me parece que sexan moitas). Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:25, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas. Pois non falabamos do mesmo no do INE. Polo que vin hai dous tipos de ligazóns: as que son referencias á páxina en concreto e as xenéricas. Como axuda o que podo facer é que cando pase por unha desas páxinas convertela nunha referencia e múdala pola ligazón interna. De todos os xeitos non creo que poda facelo en moitas páxinas, só unha pequena axuda cando vaia editar outra cousa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:55, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Non está funcionando o de agochar a poboación: agocha nos dous casos. Vese nestas páxinas: Dompiñor, Piñeira, Ribadeo, As Anzas, Covelas, Ribadeo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:19, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Recuperei de xeito provisorio ata que ti poidas miralo a versión de {{Lugar}} que non agocha o ano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:53, 14 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Re: Wikipedia:Conflito de intereses

Recibido. En principio ata o fin de semana non terei tempo de mirala polo miúdo. Hai varios fíos de discusión que lin nos últimos tempos na Wikipedia en inglés sobre esta cuestión que me pareceron inetresantes porque sinalaban moitos dos problemas asociados coa xestión dos conflitos de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:16, 13 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Modelo de lugar

Boas Toliño, vexo que fixeches algúns cambios no Modelo:Lugar. Estou facendo os lugares das Pontes de García Rodríguez e levaba algúns días sen traballar neles. Acabo de facer a páxina do lugar de Fragachá e vexo que ao comezo aparece (ano 2010)}}. Entrei noutras páxinas de lugares e tamén teñen iso ao comezo. Supoño que será algo que che quedou solto por ahí pois non teño idea do asunto. Poderías amañalo? Saúdos e parabéns!--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:51, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Non dixen nada, xa vexo que está amañado, grazas!--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:58, 14 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Modelo para ligazóns mortas

Ola Toliño. Tentei facer un modelo para as ligazóns mortas pero semella que hai un problema entre os parámetros que fai que ás veces funcione e outras non. Por favor podes borralo. Chameille por erro Ligazón rota. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:24, 19 de marzo de 2012 (UTC) Engadido: esquecera darche as grazas por arranxar o modelo Lugar. --Prevertgl 15:38, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Elimouno HombreDHojalata. Agora é {{Ligazón morta}}, bótalle unha ollada a ver se podes melloralo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:40, 19 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Etc

Ola, Toliño. Poderías editar a páxina de estatísticas[2] para lle quitarmos a coma previa ao etc.? En galego non a leva. Un saúdo e grazas. --Atobar (conversa comigo) 03:11, 20 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Código

Ola Toliño. Temos algún código na Galipedia que nos permita usar imaxes como a que hai neste artigo? Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:29, 23 de marzo de 2012 (UTC)

Eu estes días estiven pensando o mesmo, precisamente cando fixen o artigo Monmouth no que tiven que crear unha imaxe para poñer a situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:59, 23 de marzo de 2012 (UTC)
Xenial!, xa contarás :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:03, 25 de marzo de 2012 (UTC)
Galipedia10anos

Neste ano que falta para a Galipedia10anos paréceme que podiamos darlle a volta a que a Galipedia é unha Wikipedia pequena en comparanza con outras Wikipedias e tirar vantaxe diso. Iso pode servir para conseguir maior unidade visual, coherencia entre modelos e certa estandarización. Nas localidades doutros países podiamos aproveitar os mapas de localización que teñen eles para transferilos aquí con pouco traballo (en principio non se albiscan problemas de tradución nin de falta de rigor). Polo pouco que vin eses modelos teñen nomes diferentes en cadansúa lingua (podemos mantelos de xeito provisorio para facer a migración e logo múdalos cos bots, tendo a versión en galego desde o principio aínda que teña pouco uso). Para que o proceso sexa rápido podiamos basearnos en {{Concello}} coas variacións precisas (por exemplo, cun nome que indique o tipo de entidade e o apelido o nome do país, e os axustes precisos nos campos naturalmente) e con outras cores (as cores dese modelo, na liña que viñemos traballando, serven para identificar e darlle unidade a todos os contidos relacionados con Galicia, tamén axuda a revalorizalos). No punto no que estamos calquera modelo debería engadir automaticamente as categorías que informan da falta de imaxes, dos datos de poboación e todas aquelas que permitan unha mellora da xestión. Ao mesmo tempo o nome dos campos tería que ser o mesmo en todos e evitar ter que escribir Ficheiro: para inserir unha imaxe. Todos aqueles procesos que se poidan estandarizar, sen caer na falta de flexibilidade nin nunha rixidez extrema, penso que han facilitar a aprendizaxe do uso, melloras nas actualizacións e un aspecto visual unitario e coherente que beneficiaría o conxunto. Se podes comezar co proceso sería unha boa nova e na miña opinión unha gran mellora para o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:38, 25 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Modificación para o marcador sen referencias

Ola Toliño e HombreDHojalata. Fixen una modificación que engade a data (en certa medida a data pode servir dun xeito semellante a {{SenOrixe}} ou {{SenLicenza}} nas imaxes) para incluír en {{Sen referencias}} baseada no modelo en inglés en:Template:Unreferenced. Polo de ágora está nun modelo para probas que creeí, o resultado pode verse en Wikipedia:Zona de probas. Hai tres situacións: poñer o modelo sen parámetros, úsalo mediante subst (esta é a opción que temos que usar) ou escribir manualmente o parámetro data. Creo que é importante marcar a falta de referencias por data, a cuestión é que todos os artigos nos que se marque a partir de agora con subst a data e a categoría quedaría ben marcada, tamén cos que se use o parámetro data pero os antigos mentres non se engada o parámetro data ou aqueles nos que non se poña aparecerán nunha categoría truncada Artigos que requiren referencias desde ou coa data incorrecta (iso pode servir tamén para saber en que páxinas queda por actualizar a data). Quixera coñecer a vosa opinión sobre se ir adiante coa mudanza ou non (naturalmente se algún outro compañeiro le esta mensaxe e quere opinar benvida sexa a súa opinión). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:31, 24 de marzo de 2012 (UTC)

Paréceme que xa está solucionado. Grazas. --Prevertgl 18:44, 24 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Modelo Parroquia

Ola Toliño. Engadín o campo mapa no modelo {{Parroquia}}. Quizais habería que engadir un texto por omisión co pé de imaxe algo así como "Mapa de situación da parroquia no concello" do estilo do campo lenda que apareza cando haxa o mapa. Non me decidín, bótalle unha ollada se queres para ver se llo poñemos ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:06, 25 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] HotCat

Ei Toliño, foi boa a túa mensaxe. O HotCat fai mais sinxelo o choio de engadir categorías nos artigos. Se non me dis nada non o tería empregado nunca. Tiña a idea de que era unha ferramenta para administradores e burócratas, mira tí. Grazas polo consello, e sinto que tiveras que perdelo tempo estes días rompendo os cornos co asunto do meu nome de usuario antigo: Rugbya15. Un saúdo. JonnyJonny (conversa) 20:48, 25 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] {{Ligazón morta}}

Non tiña nin idea de que xa temos ese modelo. Grazas Prevert e grazas a ti polo aviso.

Proximamente seguirei traballando en Castelao, non sei se empregando o modelo, reparando as ligazóns ou retirando as que non se podan reparar. --. HombreDHojalata.conversa 21:10, 25 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Wikipedia:Libro de estilo

Toliño, é unha parbada pero noto que neste tema eu fago e ti desfás ou viceversa: No apartado "Outros artigos" cada liña ten que terminar en punto ¿ou non?

Así ven no WP:LE:

===Outros artigos===
Ligazóns entre [[ e ]].

Hai un punto e a parte, e a liña seguinte comeza en maiúsculas, non?

De paso: Grazas pola revisión do Auditorio Mar de Vigo. E outra pregunta ¿O «& n b s p ;» para que hai que meterllo? --. HombreDHojalata.conversa 21:55, 25 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] CI

Ola Toliño. Quería desculparme por non intervir aínda en Wikipedia:Conflito de intereses como dixera. Son moitas tarefas por facer e pouco tempo para repartir entre elas. A ver se nas vacacións paso pola conversa. Noutra orde de cousas penso que o que fixemos con {{Sen referencias}} podemos aplicalo en {{Atención}}, {{Ligazón morta}} e mesmo nalgún marcador máis dese estilo. Por certo pasei o bot polas ligazóns externas e xa teño o primeiro grupo de ligazóns mortas, en principio vounas publicar nunha subpáxina persoal logo vós diredes se hai que pasalas ao espazo Wikipedia: ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:19, 30 de marzo de 2012 (UTC)

En {{Ligazón morta/Probas}} probei a actualizar o modelo segundo o esquema de {{Sen referencias}} e deime de conta que cando se pon o parámetro url non se clasifica a páxina na categoría. Non atopei o problema a ver se ti podes atopalo. Tamén actualicei {{Cómpre referencia}}, semella todo ben de todos os xeitos revísao por se acaso. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:36, 30 de marzo de 2012 (UTC)

En Usuario:Prevert/Ligazónsmortas está a primeira lista de ligazóns rotas, o filtro antispam impedíume gardalo co formato correcto. Podes retirar os nowiki da sección lista para que se vexa correctemente? (Nota: se algún outro administrador ve esta mensaxe antes que Toliño por favor que faga a corrección). Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:39, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Xa está solucionado. --Prevertgl 23:53, 30 de marzo de 2012 (UTC)

[editar] Renomear

Hola, perdóname por no hablar gallego pero podrías renombrar a mi cuenta si es posible acá, saludos y muchas gracias. Super braulio (conversa) 18:19, 3 de abril de 2012 (UTC)

Muchas Gracias SuperBraulio13 (conversa) 12:30, 4 de abril de 2012 (UTC)

[editar] modelo:AMPERIO

Moitas grazas pola túa axuda Toliño!. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 22:06, 10 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Como se chamaba o modelo?

Toliño, creo recordar que tíñamos un modelo equivalente ao {{DEFAULTSORT}}, pero en galego. Como se chamaba?--. HombreDHojalata.conversa 17:06, 15 de abril de 2012 (UTC)

Xa o atopei. Non é modelo, é unha magicword [3], grazas. --. HombreDHojalata.conversa 17:13, 15 de abril de 2012 (UTC)
Pois estiven probando {{ORDENAR}} no canto do {{DEFAULTSORT}} e non me da funcionado. A que pode ser debido? --. HombreDHojalata.conversa 17:24, 15 de abril de 2012 (UTC)
E non actualizaron o software en febreiro ou en marzo, que pasou entón?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:54, 16 de abril de 2012 (UTC)
Ok, non estou apuntado nese boletín e non me enterara diso. Grazas pola información e se te enteras de cando se pode comezar a usar o de ORDENAR danos un toque :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:08, 19 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Rename

Hi. I'd like to ask you to rename my account to Defender so I can use the same name I use everywhere. Thanks in advance, Striker (conversa) 22:49, 22 de abril de 2012 (UTC)

[editar] petición

Ola, Toliño! Ao borrar unha imaxe, aparece como opción "Violación dos dereitos de autor". É posible corrixilo para que apareza "Violación dos dereitos de autoría", para evitar o uso de masculinos xenéricos? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:35, 27 de abril de 2012 (UTC)

Boa tarde, meu! Graciñas polo borrado; mirei que o que fixeches foi modificar MediaWiki:Deletereason-dropdown (onde de feito vou modificar tamén "autor" por "persoa autora") e MediaWiki:Filedelete-reason-dropdown; mais estas páxinas non están categorizadas; como chego a elas? O mundo de Media e MetaWiki escápaseme bastante; tiñamos que ter un encontro en vivo para aprender todos eses segrediños. Saúde!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:48, 28 de abril de 2012 (UTC)

[editar] Modelo Ficha

Boas rapás! :). Mira, que trouxen o modelo Ficha da es.wiki e o modelo Ficha/fila para crear o modelo Sistema Operativo. Funciona a medias, resulta que ó metelo no artigo Android o modelo ponse á esquerda do artigo en vez da dereita, non sae o recadro, e ademais hai unha imaxe de fondo do modelo orixinal da es.wiki que non sae, creo que iso todo é por culpa das clases ou algún tinglado deses pero é que iso todo a min xa se me escapa. ¿Poderías botarlle unha ollada a ver o que lle pasa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:34, 30 de abril de 2012 (UTC)

Moi ben, moitas grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:31, 7 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Varias columnas para as referencias

Como era isto que me pregunta Piquito? Sei que é uha chorrada pero é que non me acordo de como se pasaba de listaref a listaref en vairas columnas, malia que o fixen moitas veces. A ver se llo podes dicir ti. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 13:12, 8 de maio de 2012 (UTC)

Xa as vexo perfectamente, moitas grazas!! Un saúdo, Piquito (conversa) 14:14, 9 de maio de 2012 (UTC)
Que conste que eu fixera iso mesmo e non vía a diferenza (penso que o mesmo que lle pasaba a Piquito), e foi daquela cando recorrín a ti. En todo caso, fas ben en dar o tirón de orellas. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:59, 10 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Meta

Ola, meu! Deixeiche unha mensaxe en Meta, ok?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:53, 14 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Mapa de situación

Boas, mira teño un problema coa visualización do mapa de situación do concello de Viana do Bolo e non sei o que lle pasa. Cando teñas un momento, podes darlle un repaso? :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:28, 18 de maio de 2012 (UTC)

Moitas grazas ós dous!! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:29, 19 de maio de 2012 (UTC)

[editar] Modelo Teatro

Vin que quitaches o modelo do mapa de localización do modelo Teatro. Só unha nota, non o borrei do modelo porque cando teña outro rato vou tentar traelo tamén para ver se dou feito que funcione :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:12, 1 de xuño de 2012 (UTC)

Si, xa tiña pensado en traducilo como Mapa de localización, o que non sabía era que xa existía, e en principio, parece que funciona e todo! :). Non vin como está por dentro pero, que queres dicir con que hai que actualizar os códigos?. Eu vou tentar revisalo e tentar facer que funcione co modelo teatro e coa páxina de Monmouth - Trefynwy, para facer probas. Da caixa de información non te preocupes que cando funcione xa a actualizo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:24, 1 de xuño de 2012 (UTC)
Ok, tomo nota. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:06, 1 de xuño de 2012 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas