Grafito
| Grafito | |
|---|---|
| Grafito na súa típica cor gris | |
| Fórmula química: | C |
| Clase: | Elementos nativos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Hexagonal |
| Cor: | De gris clara a gris escura |
| Brillo: | Metálico |
| Dureza: | 1 |
| Fractura: | Irregular |
| Exfoliación: | Perfecta |
| Raia: | Gris metálica |
| Densidade: | 2,1-2,3 g/cm3 |
O grafito (tamén chamado en ocasións plumbaxina ou chumbo negro) é unha das formas coñecidas nas que se pode presentar o carbono. Outra forma ben coñecida é o diamante. É, polo tanto, un mineral da clase dos elementos navitos cuxa fórmula química é C.
Índice |
[editar] Aspecto
De aspecto metálico e de cor grisácea, o grafito rara vez aparece na súa forma cristalina. Exfóliase con moita facilidade.
[editar] Estrutura
No grafito, os átomos de carbono forman capas paralelas, apiladas unhas encima das outras. Detro dunha capa, os átomos de carbono están enlazados a outros tres a unha distancia moi curta. Entre unha capa é outra a distancia de unión é moito maior, e por iso as capas pódense exfoliar tan facilmente unhas das outras.
[editar] Propiedades
En dirección perpendicular ás capas, o grafito presenta unha certa conductividade da electricidade, que aumenta ó elevar a temperatura, comportándose deste xeito coma un semicondutor. Ó longo das capas a conductividade é moito maior e diminúe ó aumentar a temperatura, comportándose coma un condutor eléctrico semimetálico.
[editar] Usos do grafito
O grafito é usado basicamente para a fabricación de lapis, ladrillos, crisois, discos parecidos ós de vinilo pero máis resistentes, reactores nucleares, electrodos (pola súa conductividade) e pezas de enxeñería (pistóns, xuntas, arandelas, rodamentos).
Pódese obter grafito sintético quentando unha mestura de petróleo e brea de carbón a uns 950 °C durante un tempo que abrangue entre as 11 e as 13 semanas, depositando logo o produto resultante nun forno eléctrico a una temperatura cercana ós 2.800 °C durante unhas 4 ou 5 semanas. O proceso é, na súa meirande parte, unha técnica a altas temperaturas, pero é tamén un procedemento de refinado, xa que case tódalas impurezas dos óxidos metálicos do carbón en bruto quedan reducidas a metal e acaban por evaporar.
[editar] Outros elementos nativos
Existen outros minerais formados exclusivamente por un só elemento. Algúns deles son:
O xofre (S), o cobre (Cu), o ouro (Au) e a prata (Ag). Tamén o diamante é un elemento navito formado, do mesmo xeito co grafito, unicamente por átomos de carbono (C).