Valencia atómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na química, valencia é a capacidade que un átomo dun elemento ten de se combinar con outros átomos, capacidade que é medida polo número de electróns que un átomo pode dar, recibir, ou compartir para constituír unha ligazón química. Os adxectivos que describen as valencias atómicas usan prefixos gregos, como mono, bi, tri, tetra etc, para valencias iguais a 1, 2, 3, 4.

A valencia non debe confundirse cun concepto relacionado pero algo máis avanzado, o estado de oxidación.

A teoría da valencia foi proposta en 1863 por Richard Erlenmeyer (1825-1909). A valencia é un concepto sinxelo para racionalizar as proporcións de reactivos que se consomen nunha reacción química (a estequiometría), ou as proporcións de elementos que se atopan nun composto químico.

Lista[editar | editar a fonte]

Lista de valencias comúns para os primeiros 103 elementos en orde de número atómico:

Número atómico Nome do elemento Valencia
1 Hidróxeno 1
2 Helio 0
3 Litio 1
4 Berilio 2
5 Boro 3
6 Carbono 2, 4
7 Nitróxeno 3, 5
8 Osíxeno 2
9 Flúor 1
10 Neon 0
11 Sodio 1
12 Magnesio 2
13 Aluminio 3
14 Silicio 4
15 Fósforo 3, 5
16 Xofre 2, 4, 6
17 Cloro 1, 3, 5, 7
18 Argon 0
19 Potasio 1
20 Calcio 3, 5
21 Escandio 3
22 Titanio 3, 4
23 Vanadio 2, 3, 4, 5
24 Cromo 0, 2, 3, 6
25 Manganeso 2, 3, 4, 6, 7
26 Ferro 0, 2, 3
27 Cobalto 2, 3
28 Níquel 0, 2, 3
29 Cobre 1, 2
30 Zinc 2
31 Galio 2, 3
32 Xermanio 4
33 Arsénico 3, 5
34 Selenio 2, 4, 6
35 Bromo 1, 3, 5, 7
36 Cripton 0
37 Rubidio 1
38 Estroncio 2
39 Itrio 3
40 Circonio 4
41 Niobio 3, 5
42 Molibdeno 0, 2, 3, 4, 5, 6
43 Tecnecio 2, 3, 4, 6, 7
44 Rutenio 0, 3, 4, 6, 8
45 Rodio 3, 4
46 Paladio 0, 2, 4
47 Prata 1
48 Cadmio 2
49 Indio 1, 3
50 Estaño 2, 4
51 Antimonio 3, 5
52 Telurio 2, 4, 6
53 Iodo 1, 3, 5, 7
54 Xenon 0
55 Cesio 1
56 Bario 2
57 Lantano 3
58 Cerio 3, 4
59 Praseodimio 3
60 Neodimio 3
61 Promecio 3
62 Samario 2, 3
63 Europio 2, 3
64 Gadolinio 3
65 Terbio 3
66 Disprosio 3
67 Holmio 3
68 Erbio 3
69 Tulio 2, 3
70 Iterbio 2, 3
71 Lutecio 3
72 Hafnio 4
73 Tántalo 3, 5
74 Volframio 0, 2, 4, 5, 6
75 Renio 1, 4, 7
76 Osmio 0, 2, 3, 4, 6, 8
77 Iridio 3, 4
78 Platino 0, 2, 4
79 Ouro 1, 3
80 Mercurio 1, 2
81 Talio 1, 3
82 Chumbo 2, 4
83 Bismuto 3, 5
84 Polonio 2, 3, 4
85 Ástato 1, 3, 5, 7
86 Radon 0
87 Francio 1
88 Radio 2
89 Actinidio 3
90 Torio 4
91 Protoactinio 4, 5
92 Uranio 3, 4, 5, 6
93 Neptunio 2, 3, 4, 5, 6
94 Plutonio 2, 3, 4, 5, 6
95 Americio 2, 3, 4, 5, 6
96 Curio 2, 3, 4
97 Berkelio 2, 3, 4
98 Californio 2, 3, 4
99 Einsteinio 2, 3
100 Fermio 2, 3
101 Mendelevio 2, 3
102 Nobelio 2, 3
103 Laurencio 3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]