Catedral de Santa María de Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°2′45.52″N 8°38′40.59″W / 42.0459778°N 8.6446083°W / 42.0459778; -8.6446083

Catedral de Santa María de Tui
Tui Miño 060415.jpg
Catedral, na parte alta da cidade de Tui.
Tipo Catedral
Advocación Virxe María
Situación Tui
Culto Igrexa Católica
Diocese Diocese de Tui-Vigo
Construción
Estilo arquitectónico Románico serodio e Gótico
Catalogación Ben de Interese Cultural
Fachada occidental gótica da Catedral.

A Catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, pola que pasa o río Miño. En época sueva Tui converteuse en sede episcopal, e a construción da Catedral foi iniciada no século XII, aproximadamente no ano 1120 e foi rematada no 1180, en plena época de estilo románico. É a sede da diocese de Tui-Vigo, e foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931[1].

Índice

Arquitectura [editar]

A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era.

Da época do románico consérvase a planta, a portada norte e a iconografía dos capiteis. Tamén contén elementos de estilo gótico nunha das partes principais de calquera catedral, na fachada principal, datada aproximadamente no ano 1225. Este dato ten importancia, xa que foi a primeira construción de estilo gótico de toda a Península Ibérica.

A súa situación, nun punto elevado da fronteira con Portugal, determina o seu uso. Ademais das propias dun templo católico, a catedral desempeñaba un papel central na defensa da cidade, como proban a torre do homenax ou dos Soutomaior ou as almeas que rodean o claustro.

Exterior [editar]

Portada Norte [editar]

Porta Norte.

De estilo románico, cun engadido superior gótico. A porta, de arco de medio punto ten arquivoltas con decoracións xeométricas (a última con axedrezado) e un tímpano liso sostido por canzorros de cabezas animais, que semellan un carneiro e un lobo. Sobre a porta podemos ver a imaxe de San Epitacio, segundo a tradición, primeiro bispo de Tui.

Pórtico Real [editar]

Tímpano gótico da portada occidental que representa a Adoración dos Reis Magos.

Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas de San Xoán, San Pedro, Isaías, Moisés, Daniel, Xeremías ou ben Berenguela e Fernando I ou Fernando II e Urraca de Portugal.

No tímpano desta fachada, dividido en dous niveis, pódense contemplar as seguintes escenas (ver imaxe á dereita):

  • Adoración dos Pastores, no plano inferior: cos pastores á esquerda, a Virxe no centro, nunha cama con dosel, á dereita, un algo apartado, San Xosé
  • Escenas dos Magos: á esquerda, os Magos visitan a Herodes, no centro, Adoración ao Neno Xesús. Como na escena anterior, á dereita, en segundo plano está san Xosé. Sobre as escenas, unha representación da Xerusalén celeste. Na pedra do fondo, aínda se poden ver restos da policromía orixinal.

As arquivoltas, de arco apuntado, que pechan o conxunto da porta, están decoradas con motivos florais.

Interior [editar]

Interior da Catedral cos tirantes e un dos órganos

A Catedral, con planta de cruz latina, está dividida en tres naves. Da súa arquitectura destacan os tirantes que van de columna a columna e que axudan a manter firme a estrutura da fábrica e os reforzos, non tan visibles, que teñen algúns dos arcos das naves laterais. Os tirantes son necesarios posto que a estrutura da catedral está lixeiramente inclinada e afundiría sen eses reforzos. A causa deste problema estrutural está, para uns, no terremoto de Lisboa de 1755, para outros en problemas de alicerces que a catedral ten desde a súa construción. No interior destaca:

  • Retablo da expectación. Popularmente coñecido como ‘’Altar da preñada’’. É un retablo barroco, situado no brazo sur do cruceiro da Catedral, cuxa figura central á a Virxe preñada de Xesús, todo o resto do retablo, no que destacan as figuras de Adán e Eva, fai un repaso das promesas mesiánicas contidas no Antigo Testamento. Desde o punto de vista artístico, é a peza máis salientable de todo a Catedral.
  • Retablo do Monumento. Situado sobre a porta do cruceiro norte. É un curioso retablo que conta cunha escaleira monumental desmontable que se garda dentro do propio retablo. Durante o ano a escaleira queda desmontada e o retablo está presidido por una imaxe procesional de san Telmo. Para a Semana Santa, retírase a imaxe e móntase a escaleira para usar o retablo como “Monumento” na celebración do Xoves Santo.
  • Coro e órganos: o coro foi realizado en 1699 polo leonés Castro Canseco. Conta con cadeiras en dous niveis, orixinalmente o superior estaba reservado aos cóengos do Cabido e o inferior quedaba para os beneficiados, membros do Cabido de rango menor. Destacan a decoración dos respaldos das cadeiras, con relevos de imaxes de santos e unha franxa central con escenas tamén en relevo da vida de San Telmo, patrón da cidade.

Orixinalmente e como sucedía en tódalas catedrais –aínda pode verse en algunhas como Lugo ou Toledo- o coro, en forma de U, ocupaba o centro da nave central, co lado aberto apuntando á porta principal e pechado por un retablo. Despois da reforma litúrxica do Concilio Vaticano II ) trasladouse ao altar maior, eccepto unhas poucas cadeiras que quedaron no sitio, embaixo dos órganos.

Os órganos son do século XVIII e foron restaurados e postos en funcionamento nos anos 90 do século XX.

  • Museo Catedralicio. Cunha grande colección de arte sacro entre a que destacan unha Virxe co Neno do século XIV e unha Imaxe da Virxe Preñada, ou pezas como:
  • O claustro, é o único gótico conservado orixinalmente de toda Galicia. Construído no século XIV con arcadas oxivais e bóveda de crucería.
  • Sala capitular románica (século XII).
  • Torreón dos Soutomaior.

Capelas [editar]

  • Maior
  • Do Sacramento
  • De San Telmo, no lado sur da cabeceira. Foi construída no século XVI e ampliada no XVIII, e conserva no seu interior os sepulcros de diversos bispos ademais do relicario coa cabeza de San Telmo

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Outros artigos [editar]