Evanxeos apócrifos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os evanxeos apócrifos son escritos de maior ou menor extensión, redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret e que non foron recoñecidos pola Igrexa Ortodoxa, a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Etíope Tewahedo e a Igrexa Católica nin polo protestantismo como expresión da fe das primeiras comunidades cristiáns. Por esta razón, son textos extracanónicos que, polo seu silenciamento na Idade Media, se lles denominou agachados, que é o que significa o adxectivo grego polo que se coñecen. Este adxectivo deriva dos escritos manexados polo gnosticismo cuxos seguidores se concibían a si mesmos como escollidos aos que lle estaba reservado o coñecemento de revelacións misteriosas e ocultas ao común das xentes.

Índice

Historia [editar]

As comunidades xudeu-cristiáns do primeiro cristianismo manexaron textos en hebreo e arameo. Os ebionitas, manexaron os seus propios textos coherentes co monoteísmo radical do xudaísmo. Siria e Exipto foron prolíficas neste tipo de escritos. Neste caso se observan dúas tendencias:

  • A que busca salientar o extraordinario e milagroso, moi do gusto popular
  • As que conteñen mensaxes crípticos, misteriosos e en clave só accesible para os iniciados, como é o caso dos gnósticos.

Correntes como o dualismo propio do maniqueísmo sumáronse ao gnosticismo no senso de desprezar o carnal e o material e, polo tanto, non buscaban tanto reflectir feitos meramente históricos, senón mensaxes de elevación mística e revelación espiritualista.

O marcionismo, ao establecer o seu propio canon que non aceptaba máis que o Evanxeo de Lucas e algunhas cartas atribuídas a Paulo de Tarso, provocou nas comunidades que se foron aglutinando en torno aos patriarcados incipientes de Alexandría, Xerusalén e Antioquía que se fora realizando unha escolma de textos que se entendía que reflectían a experiencia de fe transmitida polos apóstolos.

O recoñecemento de determinados textos por parte de figuras ás que se recoñeceu especial autoridade (Pais da Igrexa) foi tamén un criterio de escolla e depuración. Oríxenes relaciona varios libros apócrifos xa no século III. Foi un proceso de decantación que se produciu de vagariño ata a lista definitiva de Atanasio de Alexandría en que menciona os 27 textos do Novo Testamento.

Posteriormente, o Fragmento Murotariano, unha carta de Inocencio I, e o denominado Decreto Gelasiano pretenden dar un carácter fixo e definitivo ao conxunto de textos canónicos.

Clasificación [editar]

Apócrifos xudeu-cristianos [editar]

Son evanxeos fieis ao xudaísmo, sen buscar unha ruptura co mesmo.

  • Evanxeo dos Hebreos, famoso por denominar ao Espírito Santo como nai de Xesús.
  • Evanxeo dos Nazareos
  • Evanxeo dos Ebionitas

Apócrifos encratitas [editar]

Converten a mensaxe cristiá nunha condena das sexualidade e o matrimonio:

  • Evanxeo dos Exipcios

Apócrifos gnósticos [editar]

  • Evanxeo de María Magdalena

Salientan os manuscritos de Nag Hammadi:

Apócrifos da Natividade [editar]

Acentúan o carácter milagroso da concepción e nacemento virxinal de Xesús:

Apócrifos da Infancia [editar]

Buscan dar unha imaxe do neno Xesús afastada da humildade salientando poderes extraordinarios:

Apócrifos da Paixón e da resurrección [editar]

Adoitan a exculpar a Roma da crucifixión de Xesús:

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Bibliografía [editar]

  • Ehrman, B.D. Misquoting Jesus: The story behind to changed tha bible and why. HarperCollins, 2005. ISBN 978-0-06-0731817-4
  • Piñero, A. Apócrifos del Antiguo y Nuevo Testamento. Alianza Editorial, 2010. ISBN 978-84-206-1911-3.
  • Santos Otero, A. Los Evangelios Apócrifos. BAC, 2004 ISBN 84-7914-504-8
  • Los Evangelios Apócrifos, Tradución, introdución crítica e notas de González Blanco, E. Biblioteca de Bolsillo. Imprenta Sáez Hermanos, Madrid.