Balearica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
División provincial de Diocleciano en 298, con seis provincias ás que se engade a Tingitana para constituír a Diocesis Hispaniarum (diocese de Hispania).

A Balearica foi unha provincia romana constituída no Baixo Imperio ao separar da provincia Tarraconense as illas Baleares, a mediados do século IV, en época de Constancio I e Constantino II. O seu rango era pretorio, dependendo do vicarius da Diocese de Hispania.

A provincia desapareceu cando os vándalos de Xenserico ocupárona en 455.