Écija
| Écija | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | Andalucía |
| Provincia: | Sevilla |
| Comarca: | La Campiña |
| Xeografía | |
| Altitude: | 125 msnm |
| Superficie: | 978,73 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 40.534 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 41,41 hab./km² |
| Xentilicio: | Astixitano, na Ecijano, na |
| Información | |
| Código postal: | 41400 |
| Alcalde: | Juan Wic Moral (PSOE) |
| Sitio na web: | www.ecija.es |
Écija[1] é un concello da provincia de Sevilla, sita a 95 km da capital hispalense, no interior da comunidade autónoma de Andalucía. Consonte o censo de 2005, Écija tiña unha poboación de 38.911 habitantes, sendo a quinta cidade máis populosa da provincia. O río Genil, principal afluente do Guadalquivir, atravesa o seu núcleo urbano.
Índice |
[editar] Historia
As primeiras testemuñas arqueolóxicas permiten supor que o primitivo asentamento de Astigi, estivo situado, no actual Cerro de San Gil ou do Alcázar, en época tartésica.
Arredor do 14 a.C., en época de Augusto, fundouse xunto a ese lugar a Colonia Augusta Firma Astigi, que fora capital dun dos catro conventos xurídicos da provincia romana da Bética e unha das máis importantes cidades de Hispania. Ademais da súa importancia estratéxica sobre a Vía Augusta e á beira do río Genil, na época denominado Singilis, antigamente navegábel até a cidade, Astigi posuía a preeminencia no sistema de produción e exportación a longa distancia do aceite de oliveira por todo o Imperio romano.
Entre o século V e o século XI, Astigi foi sé dun bispado, desaparecido en medio da dominación islámica do Al Ándalus.
Durante o período andalusí o seu nome evolucionou para Istiya ou Astiya. Un dos sobrenomes árabes da Écija andalusí era Madinat al-qutn, "a cidade do algodón". Desta época data o recinto amurallado, con torres albarranas á maneira das fortificacións almohades.
A conquista castelá da cidade foi efectuada por Fernando III en 1240. Tras a conquista instaláronse en Écija numerosas e ilustres familias castelás. A fertilidade da comarca e a súa nova posición, fronteiriza co reino de Granada, impulsaron un notábel desenvolvemento económico e social.
O rei Henrique III concedeulle carta foral en 1402. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no século XVIII.
O seu desenvolvemento económico reflíctese na grande cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1966.
[editar] Personaxes ilustres
- Rubén Pérez (n.1989): futbolista do Deportivo da Coruña.
[editar] Notas
- ↑ Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma