Auðumbla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía escandinava Auðumbla (tamén Audhumbla, Auðhumbla ou Audumbla) é a vaca primixenia. A diferenza de outros nomes escandinavos, o nome Audhumla non está descifrado, e as fontes tampouco proporcionan datos sobre a súa orixe, pero asúmese que iniciou a súa existencia durante os inicios do tempo por medio do xeo derretido de Niflheim en Ginnungagap, do mesmo xeito que Ymir. Viviu do xeo do Niflheim, lambendo anacos de sal e escarcha mentres o xeo derretíase ao contacto co aire quente de Muspelheim. O xigante de xeo Ymir viviu do leite de Audhumla.

Ao lamber o xeo, revelouse a forma dun home baixo o mesmo, ao que finalmente liberou. Este foi o deus Buri que despois enxendrou a Bor, pai de Odín, Vili e Ve.