Bor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bor ou Bur (en nórdico antigo Borr) era o fillo de Buri e o pai de Odín, Vili e Ve na mitoloxía nórdica. É mencionado na Gylfaginning da Edda prosaica de Snorri Sturluson.

Búri gat son þann er Borr er nefndr. Hann fekk þeirar konu er Bestla er nefnd, dóttir Bölþorns jötuns, ok gátu þau þrjá sonu. Hét einn Óðinn, annarr Vili, þriði Vé.Texto normalizado de W

Buri enxendrou un fillo chamado Borr, quen casou coa muller chamada Bestla, filla de Bölthorn o xigante; e tiveron tres fillos: un foi Odín, o segundo Vili, o terceiro Ve. — Tradución de Brodeur

Bor non se menciona de novo na Edda prosaica. A Odín ocasionalmente refíreselle como Fillo de Bor, mais non se dá máis información sobre el.

O rol de Bor na mitoloxía non é claro e non hai indicacións de que fose adorado na relixión nórdica.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Brodeur, Arthur Gilchrist (traduc.) (1916). The Prose Edda by Snorri Sturluson.
  • Eysteinn Björnsson (ed.) (2005). Snorra-Edda: Formáli & Gylfaginning : Textar fjögurra meginhandrita. http://www.hi.is/~eybjorn/gg/