Rotacismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rotacismo é un fenómeno fonético que consiste na realización dun fonema coma un son de consoante vibrante simple alveolar sonora [r]. En galego coloquial o fonema realizado deste xeito é o /s/, condicionado distribucionalmente ante consoante sonora, /f/ ou interdental. Exemplos de rotacismo son ar vacas en vez de as vacas, ou tamén or díar en vez de os días.

No latín clásico deuse na época inicial para o /s/ en posición intervocálica, convertendo fuesim en fuerim. Exemplos de rotacismo tamén se dan en certos dialectos do grego antigo e na historia do alemán.