Premier Liha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premier Liha
Fundación 1991
Rexión Ucraína Ucraína
Equipos 16
Actual campión Shakhtar Donetsk (7º título)
Máis laureado Dinamo Kiev (13)
Sitio web Páxina oficial

O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.

O Dinamo Kiev e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 20 títulos nas 21 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.

O formato da liga consiste nunha liga de 16 equipos que disputan 30 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 15, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cun paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, os dous últimos clasificados da táboa descenden de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.

Equipos 2012[editar | editar a fonte]

Os seguintes 16 equipos competiron na tempada 2011-12:

Equipo Cidade Fundación Estadio Capacidade
Kiev Arsenal Kiev Kiev 1934 Valeriy Lobanovskyi 16.873
Odessa Chernomorets Odessa Odessa 1936 Tsentralnyi-Chernomorets 34.362
Dnipropetrovsk Dnipro Dnipropetrovsk Dnipropetrovsk 1925 Dnipro Arena 31.003
Kiev Dinamo Kiev Kiev 1927 Olímpico de Kiev 70.050
Mariupol Illychivets Mariupol Mariupol 1960 Illichivets 12.680
Lviv Karpaty Lviv Lviv 1963 Lviv Arena 34.915
Kryvyj Rih Kryvbas Kryvyi Rih Kryvyj Rih 1959 Metalurg 29.782
Kharkiv Metalist Kharkiv Kharkiv 1925 Metalist 38.633
Donestk Metalurg Donetsk Donetsk 1996 Metalurg 5.094
Kiev Obolon Kiev Kiev 1992 Obolon 5.100
Oleksandria PFC Oleksandria Oleksandria 1948 CSC Nika 7.000
Donetsk Shakhtar Donetsk Donetsk 1936 Donbass Arena 51.000
Simferopol Tavriya Simferopol Simferopol 1958 RSC Lokomotiv 19.978
Lutsk Volyn Lutsk Lutsk 1992 Avanhard 12.080
Poltava Vorskla Poltava Poltava 1955 Butovsky Vorskla 25.000
Luhansk Zarya Luhansk Luhansk 1923 Avanhard 22.288

Palmarés[editar | editar a fonte]

O palmarés da liga está dominado principalmente por 2 clubs:

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
13 Kiev Dinamo Kiev 1992-93, 1993-94, 1994-95, 1995-96, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2006-07, 2008-09
7 Donetsk Shakhtar Donetsk 2001-02, 2004-05, 2005-06, 2007-08, 2009-10, 2010-11, 2011-12
1 Simferopol Tavriya Simferopol 1992

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]