Ana de Gran Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ana I de Gran Bretaña")
Raíña Ana em 1705. Obra de Mikael Dahl.

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Por mor dunha infección ocular, a princesa foi a Francia, onde viviu coa súa avoa ata 1670. Coa conversión do seu pai ao catolicismo, María e Ana foron forzadas a abrazar o anglicanismo.

Ao pouco de se converter Ana en raíña, comezou a Guerra de Sucesión Española, con moitos dos Estados de Europa en guerra intentando restar poder a dinastía Borbón. Inglaterra entrará na guerra a fin de estabilizar o poder francés en Europa, xa que se o candidato francés fose rei de España e Francia, esta última sería a maior nación do continente. Unha das súas primeiras accións foi organizar a flota e as accións bélicas nas que actuaría, nomeando ao seu marido Gran Lord Almirante da Mariña Real.

Reinado[editar | editar a fonte]

Como o sistema vixente en Inglaterra era a monarquía parlamentaria, Ana tivo que facer amizades co máximo de parlamentarios influentes que podía, como forma diso a Raíña promovía ceas maxestosas e regalos caros. Unha gran xogada para facer máis activa na participación política. Sempre estaba presente nas reunións parlamentarios, mesmo os que non tiñan a debida importancia.

O seu marido, o príncipe Xurxo morreu en 1708, posiblemente dunha pneumonía, quedando a raíña Ana moi aflixida.

Foi un tema que a Raíña máis se ocupou durante o seu reinado. No século XVI, expandiu o territorio das Trece Colonias (na América do Norte), e decretou a explotación dalgúns produtos en Xeorxia e Virxinia. E conquistou o Suriname en 1710. Foi un gran paso para a economía inglesa, xa que moitos produtos tropicais foron exportados.