Cortes de Alabama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo de Alabama

As Cortes de Alabama (en inglés, Alabama Legislature) é a institución que ostenta o poder lexislativo no estado de Alabama nos Estados Unidos. As súas facultades están determinadas polo artigo 3 e 4 da constitución de Alabama de 1901. A súa sede está na Casa do Estado de Alabama, na capital do estado, Montgomery.

Composición[editar | editar a fonte]

A sección 44 da Constitución de Alabama de 1901 establece que as Cortes están compostas por dúas cámaras:[1]

  • A Cámara de Representantes conformado por 105 membros.
  • O Senado integrado por 35 membros e presidido polo tenente gobernador, aínda que entre os seus integrantes se escolle a un presidente para as sesións das que se ausente o tenente gobernador.

Ambas cámaras renóvanse na súa totalidade cada catro anos.

Ronald Reagan, presidente dos Estados Unidos, dirixindo un discurso ás Cortes de Alabama (15 de marzo de 1982)

Procedemento lexislativo[editar | editar a fonte]

Un membro da calquera das cámara pode presentar unha proposta de lei. Na súa primeira lectura, dáse a coñecer o título do proxecto e asígnase a un comité. Nel é valorada e unha vez feito, de continuar co proceso, o proxecto é remitido ao pleno da cámara. A cámara debate nunha sesión o proxecto de lei, e unha vez discutida é votada polos membros. No caso de ser aprobada, pasa á outra cámara da Lexislatura para a súa consideración e votación.[2]

Unha vez aprobada polas cámaras, o proxecto de lei é remitido ao gobernador que pode rexeitala (vetala) ou aprobala (asinala). As Cortes teñen capacidade para revogar o veto do gobernador por maioría simple das cámaras.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SECTION 44 of the Constitution of Alabama (1901)". alisondb.legislature.state.al.us. Consultado o 2022-08-25. 
  2. "Alabama’s Legislative Process" (PDF). Arise Citizens’ Policy Project. 
  3. "SECTION 125 of the Constitution of Alabama (1901)". alisondb.legislature.state.al.us. Consultado o 2022-08-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]