Río Tennessee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tennessee
Knoxville bridges.jpg

Ponte sobre o río Tennessee en Knoxville
País Estados Unidos de América
Rexión n/d
Nacemento Confluencia dos ríos French Broad e Holston en Knoxville, Tennessee.
Altitude n/d
Lonxitude 1.049 km[1]
Caudal medio 2.000 m³/s[2]
Conca 105.870 km²[2]
Desembocadura Río Ohio en Paducah (Kentucky)
A ponte John Ross Bridge, atravensando o Tennessee en Chattanooga.
Mapa da conca do río Tennessee

O río Tennessee é o maior afluente do río Ohio. Ten unha lonxitude aproximada de 1.049 km e está situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América no Val de Tennessee.

As tribos Cheroqui, Creek, e Chickasaw ocuparon zonas ao longo do río Tennessee. A primeira exploración rexistrada do río por europeos foi en 1540, cando a expedición de Hernando de Soto viaxou desde a actual cidade de Chattanooga a Guntersville.[1]

Curso[editar | editar a fonte]

O río Tennessee fórmase na confluencia dos ríos Holston e French Broad na zona leste de Knoxville, Tennessee. Desde Knoxville, discorre cara ao suroeste polo leste de Tennessee cara a Chattanooga antes de entrar en Alabama. Xira no norte de Alabama e finalmente forma unha parte da fronteira do estado con Mixsixsippi, antes de volver a Tennessee. Neste punto, o río define a fronteira entre as outras dúas rexións de Tennessee (Medio e Oeste). A Canle de Tennessee-Tombigbee, un proxecto do Corpo de Enxeñeiros do Exército estadounidense para facer navegable o río Tombigbee e unilo ao Porto de Mobile, entra en Tennessee preto da fronteira Tennessee-Alabama-Mississippi. Esta canle reduce a distancia de navegación desde Tennessee, norte de Alabama, e norte de Mississippi ao Golfo de México en centos de quilómetros. A parte final do percorrido do Tennessee atópase en Kentucky, onde separa a rexión de Jackson Purchase (a mais occidental de Kentucky) do resto do estado. Entón desemboca no río Ohio en Paducah, Kentucky. É un dos poucos ríos nos Estados Unidos que deixan un estado e logo volven de novo ao mesmo estado; o río Cumberland é outro destes ríos.

Encoros[editar | editar a fonte]

O río foi represado numerosas veces, principalmente por proxectos da Tennessee Valley Authority (TVA). O emprazamento da Presa de Kentucky do TVA no río Tennessee e a Presa Corps' Barkley no río Cumberland conduciu directamente á creación da área Nacional de Recreo Land Between the Lakes (Terra Entre os Lagos). Unha canle de navegación localizada en Grand Rivers, Kentucky, une o lago Kentucky e o lago Barkley. A canle permite unha viaxe máis curta do tráfico fluvial que vai desde o río Tennessee á maior parte do río Ohio, e para o tráfico que baixa o río Cumberland cara ao río Mississippi.

Cidades importantes[editar | editar a fonte]

Cidades de máis de 30.000 habitantes polas que discorre o río Tennessee:

Historia do nacemento[editar | editar a fonte]

Pescadores cerca da Presa Wilson no río Tennessee arrededor de 1940.

Aínda que o nacemento do río Tennessee cambiouse moitas veces ao longo dos anos, e hoxe oficialmente comeza no poste da milla 652 onde o río French Broad únese ao río Holston, o río Tennessee ao principio non nacía alí. Ata 1933, o río Holston discorría por diante de Knoxville e continuaba ata a súa confluencia co Pequeno Río Tennessee en Lenoir City 51 millas río abaixo. Naquel punto, o río Tennessee nacía, 601 millas río arriba do río Ohio en Paducah, Kentucky.

Segundo historiadores da TVA, a razón de cambiar o nacemento do río Tennessee outra vez, foi que cando a Autoridade foi creada en 1933, o Congreso encomendou facelo, xa que as oficinas centrais da TVA debían estar no centro da coidade de Knoxville, e desde a oficina central, a axencia federal administraría todas as presas e medidas para controlar as inundacións no río Tennessee e os seus afluentes, a oficina central da TVA tiña que estar localizada nos mesmos bancos do río Tennessee. Por esta razón, o nacemento do río Tennessee moveuse desde Lenoir City 51 millas río arriba pasando o centro da cidade de Knoxville, á confluencia do Holston e o Frech Broad, para cumprir o mandato do Congreso para a creación da Autoridade do Val de Tennessee.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Geographic Names Information System Feature Detail Report Tennessee River
  2. 2,0 2,1 "Arthur Benke & Colbert Cushing, "Rivers of North America". Elsevier Academic Press, 2005 ISBN 0-12-088253-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]