Xosé Manuel Dasilva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Manuel Dasilva
Nacemento1962
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilólogo, tradutor e profesor universitario
Na rede
Dialnet: 13992
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Dasilva Fernández, coñecido como Xosé Manuel Dasilva, nado en Vilagarcía de Arousa en 1962, é un catedrático de universidade, tradutor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago. É doutor en Filoloxía. Desde 1996 é profesor na Universidade de Vigo na que é Catedrático na área de Tradución e Interpretación.[2]

Realizou estadías e investigacións na Universitat Autònoma de Barcelona, Universitat Pompeu Fabra, Universidade de Barcelona, Universidade do País Vasco, Universidade de Granada, Universidade de Estremadura, Université de Genève, Université de Perpignan, Università dei Bologna, University College Cork, Universidade do Porto, Universidade de Coímbra, Universidade Nova de Lisboa, Universidade de Lisboa, Universidade de Açores, Universidade do Estado do Río de Xaneiro, Universidade Federal do Río de Xaneiro e Universidade Federal da Bahia.[3]

Forma parte de diversos grupos de investigadores, é membro do Centro Interuniversitário de Estudos Camonianos (CIEC) da Universidade de Coimbra. Publicou máis de 250 traballos (monografías, artigos e capítulos de libro) relacionados coas súas liñas de investigación. É colaborador habitual na revista Grial, tamén colaborou en Boletín da Real Academia Galega, Boletín Galego de Literatura, Colóquio: Letras, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Ínsula: revista de letras y ciencias humanas, Cadernos de traduçao, TRANS: revista de traductología, Quaderns: Revista de traducció, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico etc.[4] Publicou varios traballos sobre a censura nas obras literarias.

Como tradutor, verteu textos de Luís de Camões, António José dá Silva, Fernando Pessoa, José Saramago etc.

Foi comisario da exposición itinerante "Editar en galego baixo a censura franquista".[5]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Os sonetos de Camões: tipologia textual (1995). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-258-X.
  • De tão divino acento em voz humana: (leituras dos sonetos de Camões) (2001). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8158-195-X.
  • Babel entre nós: escolma de textos sobre a traducción en Galicia (2003). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8158-243-3.
  • Perfiles de la traducción hispano-portuguesa I (2005). Universidade de Vigo. ISBN 8460987744.
  • Babel ibérico: antología de textos críticos sobre la literatura portuguesa traducida en España (2006). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8158-303-0.
  • Babel ibérico: antología de textos críticos sobre a literatura espanhola traduzida em Portugal (2008). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-422-6.
  • Ramón Piñeiro, tradutor (2009). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-96673-91-5.
  • Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro, 1946-1949 (2011). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-360-1
  • Reciprocidades ibéricas de Almeida Garrett a Miguel Torga (2011). Vigo: Academia del Hispanismo. ISBN 978-84-15175-07-0.

Obras colectivas (selección)[editar | editar a fonte]

Tradutor[editar | editar a fonte]

  • Amor en Amsterdam, de Nicolás Freeling (1991). Vilaboa: Edicións do Cumio. ISBN 84-87126-30-8. Con Miguel Fernández Nogueira.
  • Charlie e o grande ascensor de cristal, de Roald Dahl (2005). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-9782-278-7. Traducido con Xosé M. Cuervo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dasilva , Xosé Manuel". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-11. 
  2. "Xosé Manuel Dasilva Fernández Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2023-05-11. 
  3. "Dasilva Fernández, Xosé Manuel". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2023-05-11. 
  4. "Xosé Manuel Dasilva". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-05-11. 
  5. galaxiaW (2009-02-05). "Conferencia "Editar en galego baixo a censura franquista"". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-11.