Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Rachar unha redirección[editar a fonte]

Ola!

Creei unha subpáxina na miña páxina persoal para traballar con calma nun artigo que (pensaba) era novo. Quería darlle o nome de Casa de Andrade. Dita páxina xa existe pero redirecciona á páxina Conde de Andrade.

Non sei como rachar esa redirección para poder introducir a páxina que fixen. Ademáis, os dous artigos, aínda que relacionados, non se refiren ao mesmo: o título de Conde de Andrade foi outorgado a un señor de Andrade cando esta linaxe xa tiña un par de séculos de antigüedade.

Saúdos--Xosé Antonio 19:52, 2 de setembro de 2011 (UTC)

Simplemente editas "Casa de Andrade" e substitúes a redirección polo teu texto. Pero ten presente que pode haber por aí páxinas que liguen con "Casa de Andrade" e que agora, sendo dúas páxinas parecidas pero non iguais, haxa que revisar esas ligazñons internas. Pedro --Lameiro (conversa) 20:04, 2 de setembro de 2011 (UTC)
Simplemente edita a páxina engadindo os novos contidos... (adiantóuseme Pedro)--. HombreDHojalata.conversa 20:08, 2 de setembro de 2011 (UTC)
Grazas, si que era ben doado de facer. Non pensara nas ligazóns doutras páxinas e, pensándoo ben, creo que o contido das dúas pode ir perfectamente nunha. Vouno facer, pero penso que o nome da páxina debe ser Casa de Andrade e redireccinar a ela as de Conde de Andrade e Condes de Andrade. Supoño que deste xeito non haberá problema coas ligazóns.--Xosé Antonio 23:24, 2 de setembro de 2011 (UTC)

Erros de edición nas coordenadas[editar a fonte]

Atopei erros nas coordenadas. Alomenos nas páxinas Torreón dos Andrade, Catedral de Santiago e Illa Raiatea saen mensaxes de erros de edición.

Mirea a sintaxe do Template:Coordenadas e non atopo o erro. Fixen varias probas na páxina do Torreón dos Andrade e non conseguín que desapareceran as mensaxes de erros. Houbo algún desaxuste porque a sintaxe era correcta.

A ver se alguén que controle pode arranxalo. Saúdos--Xosé Antonio 11:33, 3 de setembro de 2011 (UTC)

Asumo a culpa do que está pasando coas coordenadas. Estou intentando traer a funcionalidade de poder despregar un mapa para ver a localización do lugar como teñen noutras wikipedias, pero aínda teño que acabar revisar o para corrixilo. Necesito tempo. Estou pensado en poñer un aviso central que saia en todas as páxinas para alertar tanto a usuarios como lectores. --Toliño Fala aquí comigo 11:40, 3 de setembro de 2011 (UTC)
OK! Xa estaba pensando que metera a pata!--Xosé Antonio 13:42, 3 de setembro de 2011 (UTC)

Aviso que estou traballando en solucionar este problema. Xa pedín consello en en.wikipedia e dinme que é bastante fácil de amañar coa axuda dun programa que se chama AutoWikiBrowser e unhas expresións regulares (regex). En canto me dean as instrucións, póñome a arranxar todo isto. --Toliño Fala aquí comigo 17:00, 9 de setembro de 2011 (UTC)

KuduBot (conversa · contribucións) xa realizou con éxito unha manchea de cambios en moitas páxinas que contiñan erros por causa do {{Coordenadas}}. Axiña acabará coas máis de 450 páxinas restantes. --Toliño Fala aquí comigo 14:03, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Toliño, cando acaben eses arranxos e polo tanto tamén o marcador, poderías colocar un que avise do galencontro do sábado. Un saúdo (e bo traballo, coma sempre). --Atobar (conversa comigo) 14:12, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Desta volta o traballo estanmo a facer :) Eu só actúo de intermediario para pedir o que queremos. E en previsión de que pode tardar máis da conta e o galiencontro é o sábado, podemos incluír un dobre aviso. --Toliño Fala aquí comigo 14:19, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Modifiquei a redacción da mensaxe para evitar o masculino xenérico. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:31, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Sen problema; paréceme correcto. Ás veces pecamos sen nos decatar deste tipo de cousas. --Toliño Fala aquí comigo 14:33, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Centrar unha táboa[editar a fonte]

Hai algunha maneira de que a táboa da poboación dun concello desde 1990 ata 2010 apareza centrada con respecto ás marxes? Sempre sae pegada á marxe esquerda--Xosé Antonio 21:27, 29 de setembro de 2011 (UTC)

<center>{{Hab info|5.943|7.056|8.286|8.408|8.694}}</center>. Inda que a min gústame máis como esta agora, á esquerda. --. HombreDHojalata.conversa 22:15, 29 de setembro de 2011 (UTC)
Grazas, xa a centrei e non queda mal. Vese que cadaquén ten o seu gusto. Saúdos--Xosé Antonio 23:12, 30 de setembro de 2011 (UTC)

Utilizadora Discussão:Elvire[editar a fonte]

A miña páxina de conversa titulase dende hoxe : Utilizadora Discussão:Elvire ? Onde podo pedir que se corrixa ? Tamén gustariame saber como é posible isto ? --Elvira (conversa comigo) 23:56, 7 de outubro de 2011 (UTC)

Xa o vin estes días, eu creo que é algún problema coa nova actualización do software de mediawiki que se instalou o día 5 deste mes. Haberá que esperar un pouco a ver si o amañan e si non teremos que falar con alguén en bugzilla para que o amañen. --Elisardojm (conversa) 00:12, 8 de outubro de 2011 (UTC)
Está pasando con máis páxinas e conversas de usuario. As miñas sospeitas tamén apuntan cara á actualización do sftware. Agardaremos ata o luns antes de informar destes erros. --Toliño Fala aquí comigo 10:51, 8 de outubro de 2011 (UTC)

Que pasou con tódolos artigos que estaba dentro desta categoría? (Os que tiñan problemas co modelo:Coordenadas) Xa se amañaron todos? Quen o fixo?

Pregúntoo porque haberá que retirar a mensaxe de MediaWiki:Sitenotice --. HombreDHojalata.conversa 19:43, 14 de outubro de 2011 (UTC)

  • Non sei se ven a conta, pero o modelo Selección de fútbol, sen habelo tocado para nada, agora da un erro moi estrano: por exemplo aquí, agora en vez de aparecer só Actual campión do Mundo e Actual campión de Europa aparece todo o que vedes. Non vexo como se soluciona.--Adorian (fálame) 20:13, 14 de outubro de 2011 (UTC)
Sobre o que comenta HombreDHojalata, a culpa é miña: estiven argallando por aí e fixen cousas que non debera ter feito. Estou tratando de arranxalo pero semella que a categoría se vai actualizando moi despacio, ao contrario que cando se baleirou, que o fixo en apenas un minuto. Ao problema co modelo da Selección estoulle botando un ollada. --Toliño Fala aquí comigo 10:24, 15 de outubro de 2011 (UTC)
En resposta a Adorian, veño de descubrir que o problema é que coa actualización o código class="hiddenStructure" deixou de funcionar e non se agochan os parámetros non utilizados nos modelos definidos con este código. Haberá que lle buscar solución. --Toliño Fala aquí comigo 21:07, 15 de outubro de 2011 (UTC)
Grazas por mirar, Toliño. Pois esa actualización fastidiounos uns cantos modelos, como o de Infpolitico.--Adorian (fálame) 21:23, 15 de outubro de 2011 (UTC)
De nada, para iso estamos. E, por certo, xa se está enchendo de novo a categoría, HombreDHojalata. --Toliño Fala aquí comigo 21:23, 15 de outubro de 2011 (UTC)
Grazas, Toliño--. HombreDHojalata.conversa 18:36, 16 de outubro de 2011 (UTC)

Links relativos ao protocolo[editar a fonte]

Olá!

Poderiam atualizar os seguintes gadgets, para que usem links relativos ao protocolo? Helder 14:15, 26 de outubro de 2011 (UTC)

/* Tradución galega das ventás de navegación emerxentes ([[:en:User:Lupin/popups.js]]) feita por [[Usuario:Toliño]]. Se queredes deixar suxestións, propostas de tradución, axuda ou correccións lingüísticas, non dubidedes en escribir unha mensaxe en [[Conversa usuario:Toliño/strings-gl.js]]. */

mw.loader.load( '//gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:Toliño/strings-gl.js&action=raw&ctype=text/javascript&smaxage=21600&maxage=86400' );
mw.loader.load( '//en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Lupin/popups.js&action=raw&ctype=text/javascript&smaxage=21600&maxage=86400' );
mw.loader.load( '//commons.wikimedia.org/w/index.php?title=MediaWiki:Gadget-rightsfilter.js&action=raw&ctype=text/javascript&smaxage=21600&maxage=86400' );
window.hotcat_translations_from_commons = true;
 
/**
 * Este código serve para importar a versión máis recente do HotCat procedente de Commons.
 * O HotCat é unha ferramenta que facilita o labor de cambiar as categorías.
 * A documentación completa pode atoparse en http://commons.wikimedia.org/wiki/Help:Gadget-HotCat
 */
mw.loader.load( '//commons.wikimedia.org/w/index.php?title=MediaWiki:Gadget-HotCat.js&action=raw&ctype=text/javascript&smaxage=21600&maxage=86400' );
/**
 * Editor con funcións avanzadas (Firefox 1.5 ou superior, Mozilla 1.3 ou superior,
 * SeaMonkey, WebKit, Google Chrome ou Safari)
 * @source: [[w:en:User:Cacycle/wikEd.js]]
 * @see: [[Wikipédia:Software/Scripts/wikEd]], [[w:en:User:Cacycle/wikEd]]
 * @author: [[w:en:User:Cacycle]]
 */
window.wikEd = {};
window.wikEd.config = {};
window.wikEd.config.regExTypoFix = true;
window.wikEd.config.regExTypoFixURL = '//gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Project:AutoWikiBrowser/Typos&action=raw';
if (navigator.appName != 'Microsoft Internet Explorer') {
    mw.loader.load( '//en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Cacycle/wikEd.js&action=raw&ctype=text/javascript&smaxage=21600&maxage=86400' );
}
mw.loader.load( '//www.mediawiki.org/w/index.php?title=MediaWiki:Gadget-UTCLiveClock.js&action=raw&ctype=text/javascript&smaxage=21600&maxage=86400' );
Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 12:51, 4 de novembro de 2011 (UTC)

Búsqueda de páxinas onde se nomea outra[editar a fonte]

Cando fas unha páxina nova, as ligazóns feitas para esa páxina que aínda non existía pasan a seren ligazóns reais. Pode haber páxinas onde se faga referencia á páxina recén creada pero sen ligazón feita.

Hai algunha maneira de buscar as páxinas nas que aparece a nova páxina?--Xosé Antonio 20:15, 6 de novembro de 2011 (UTC)

Coido que non entendo ben de todo (será que é domingo noite). Queres dicir algo como Especial:Páxinas novas, Especial:Páxinas que ligan con esta ou Especial:Cambios relacionados? Ou ao que te refires é a buscar aquelas páxinas que conteñan a palabra X, sen ligazón a ese artigo X, para incluír a pertinente ligazón? Intenta explicalo un chico para concretar a resposta. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:19, 6 de novembro de 2011 (UTC)
Non me expresei moi ben, e ademais é domingo á noite. Refírome ao último que apuntas, como buscar as páxinas que conteñan a palabra X, sen ligazón a ese artigo, para incluir a ligazón? Saúdos e boa entrada de semana!--Xosé Antonio 20:55, 6 de novembro de 2011 (UTC)
Eu entendinte.
Supoñamos que creo o artigo Castelao.
Pode haber moitos artigos que falen de Castelao. Pode que uns teñan a ligazón interna cara a Castelao e outros, inda que falen de Castelao, non teñan a ligazón interna cara a el. Xosé Antonio quere saber a forma de localizar eses artigos para ir a eles e meterlle os corchetes [[]].
Non vale empregar a caixa de procurar do extremo superior dereito porque non te vai dar unha lista de resultados, vaiche levar directamente ó artigo principal: Castelao.
O que fago eu é buscar en Especial:Procurar e repasar un a un os resultados [1]. --. HombreDHojalata.conversa 20:59, 6 de novembro de 2011 (UTC)
Ben, tamén está a opción que hai no modelo {{Illado}}: facer unha procura co Google. Por exemplo, para o artigo "Morfoloxía cultural" farías esta procura. --Toliño Fala aquí comigo 21:16, 6 de novembro de 2011 (UTC)
  • Feito! Dúbida resolta Grazas. --Xosé Antonio 21:28, 6 de novembro de 2011 (UTC)

HombreDHojalata, non entendo o que dis de que a caixa de procuras só leva ó artigo principal, iso só pasa se fas a procura do Artigo. Nesa caixa se en vez de premer o botón Artigo premes o botón Procurar obtés a mesma lista de resultados que a páxina especial Procurar... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:04, 7 de novembro de 2011 (UTC)

sinatura[editar a fonte]

Ola, comunidade! Desde hai un tempo cando pulso o botón da sinatura, en vez de aparecerme o "--~~~~" no corpo do texto, aparéceme no título. Pásavos o mesmo? Sabedes por que é, e se se pode solucionar? Moi agradecido! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:18, 11 de novembro de 2011 (UTC)

Pois a min non me pasa nada diso. --. HombreDHojalata.conversa 07:43, 11 de novembro de 2011 (UTC)
¿Cambiaches de navegador?, ¿usas Firefox ou Exploter?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:24, 11 de novembro de 2011 (UTC)