Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18


Broken filter to be fixed[editar a fonte]

Hello! The abuse filter 15 is currently broken due to invalid throttle parameters, and should be fixed manually. See phabricator:T209565 for some more context. In short, the "Grupo limitado por" field should be filled with valid values (see mw:Extension:AbuseFilter/Actions#Throttling). Thanks in advance for your help, --Daimona Eaytoy (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 09:35 (UTC)[responder]

@Daimona Eaytoy: Filter updated and corrected, let us know in case that you detect any other issues with the filters. Thank you! Banjo tell me 11 de febreiro de 2019 ás 09:50 (UTC)[responder]
@Banjo: Confirming that now it's fine! Thank you again, --Daimona Eaytoy (conversa) 11 de febreiro de 2019 ás 09:54 (UTC)[responder]

Propostas técnicas[editar a fonte]

(Grazas a Agremon para a tradución). Son un colaborador en distintos proxectos Wikimedia. Nos próximos meses teño previsto desenvolver unha serie de propostas técnicas no marco do programa Rapid Grants da WMF, coa participación das comunidades dos distintos proxectos.Nunha primeira fase, xa iniciada, estou a recompilar opinións nesta subpáxina de usuario da Wikipedia en español, e agora estou propoñendo noutros porxectos se existe interese en que estas propostas se apliquen tamén en eles. Para iso, gustaríame que quen esteña interesado, o disposto a facer de intermediario para facilitar a adaptación a Galipedia, asine nesta subpáxina de Meta. Grazas anticipadas. -jem- (conversa) 24 de febreiro de 2019 ás 20:56 (UTC)[responder]

Modificar o modelo biografía para incluír as biografías con P21 igual a muller transxénero (Q1052281)[editar a fonte]

Ola, non sei se é posible, pero decateime de que coa afirmación P21(sexo)-(Q1052281), muller trans (que traducín hai pouco) non se activa a forma feminina da etiqueta. Supoño que é cousa de amañalo no modelo, non?. Como xa se me dixo que a forma masculina da etiqueta non se podía activar co modelo biografía, teño as miñas dúbidas, ocórresevos algunha solución?. O exemplo no que o vin é Carla Antonelli. Graciñas! Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 18:27 (UTC)[responder]

@Maria zaos: Feito! Feito! Banjo tell me 6 de marzo de 2019 ás 20:06 (UTC)[responder]

Referencias no tradutor de contidos[editar a fonte]

Boas, onte estiven engadindo parámetros ós templatedata de varios modelos de cita para que a ferramenta do tradutor de contidos poida traducilos correctamente. Se atopades algún modelo máis que non traduza ben os parámetros avisade aquí e, se é o mesmo problema, tentarei amañalo. O problema da tradución dos "una" e "paira" xa o notifiquei, pero polo momento non me deron solución, xa vos irei contando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2019 ás 08:15 (UTC)[responder]

Wikidata: forma feminina da etiqueta actualmente en discusión para borrado[editar a fonte]

Bueno teño unha nova importante para a taberna técnica, en especial para quen traballou en modificar os modelos das infoboxes para que distingan por xénero en función do uso en Wikidata de " forma feminina da etiqueta". O tema é que a propiedade "forma feminina da etiqueta" está en proceso de votación para borrado. A semana pasada entrei no debate para indicar que estaba en contra, ao igual que fixeron xente da Wikipedia catalana e polaca polas consecuencias que tería nas infoboxes. Agora mesmo hai unha proposta para eliminala (esta e a forma masculina) e convertila nun cualificador naquelas etiquetas que sexan necesarias atendendo ás características de cada lingua. Filosoficamente falando resulta algo máis loxica, xa que un dos argumentos que se dá é que mantelas leva a reforzar a idea de que o masculino é neutro/por defecto e o feminino unha excepción (non vou opinar disto, non o teño claro, ao fin e ao cabo o que está sobre a mesa é comezar a introducir o tema dos lexemas na estrutura de afirmacións de Wikidata, pero o desarrollo non está listo aínda). ..Por todo isto, a ver a) se vos podedes pasar por properties for deletion en Wikidata e b) indicarme onde ler o código completo de configuración do modelo:biografía e modelo:escritor para verlle as tripas e ver se é asumible o cambio. Teño un chamamento para indicar se manteño o voto en contra ou se o cambio a cualificador podería valer para as etiquetas en galego. Graciñas! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións)

Onde se consulta ese dato é no Módulo:Wikidata/Formatos, na función traballoFemenino_wikidata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2019 ás 08:49 (UTC)[responder]

Categorías[editar a fonte]

Creei a categoría "Premios feministas" porque hai varios artigos de premios feministas coa idea de conservalos á vez na categoría "Premios de Galicia", aínda que me quedou a dúbida de se sería preferíbel crear a categoría Premios feministas de Galicia ou Premios de Galicia feministas. Lles (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 14:45 (UTC)[responder]

Por que nós non poñemos o resto das categorías nas páxinas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou Rosalía de Castro? Vin que outras Wikipedias non o fan con personaxes que consideran fulcrais no seu ámbito cultural: [1], [2], [3]. Creo que o noso sistema dificulta o seu emprego. Crean a categoría mais iso non lles impide incluír as categorías nas que está na propia páxina. Lles (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:08 (UTC)[responder]

Lles, iso está indicado en Wikipedia:Libro_de_estilo#Categorías, pero non sei se é mellor unha opción ou outra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:59 (UTC)[responder]

Para que calquera poida visualizar as biografías creadas no Wikiproxecto mulleres, desde a categoría muller, é posíbel crear a categoría mulleres por actividade? Lles (conversa) 12 de abril de 2019 ás 17:19 (UTC) Sería incompatíbel con https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Conversa_Wikipedia:Votaci%C3%B3ns/Cambio_de_nome_de_categor%C3%ADas_de_personalidades_e_creaci%C3%B3n_de_categor%C3%ADas_por_sexo ? Lles (conversa) 12 de abril de 2019 ás 19:39 (UTC) Eu interpreto que non é o mesmo que feminizar as categorías. Lles (conversa) 12 de abril de 2019 ás 19:58 (UTC)[responder]

Na votación á que fas alusión rexeitouse precisamente a creación de ese tipo de categorías. Se o que se quere é facer un seguimento de artigos relacionados con un Wikiproxecto pódese facer como xa fan Wikiproxecto Rusia e Wikiproxecto Catolicismo oriental por exemplo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 20:07 (UTC)[responder]
Lles e Banjo, tamén hai que ter en conta que hai case dous anos dende esa votación, pode volver a proporse se alguén o considera necesario. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 09:29 (UTC)[responder]

Pregunta[editar a fonte]

Cando unha referencia noutra Wikipedia ten unha url en book.google.com, esa url débese omitir? Lles (conversa) 23 de abril de 2019 ás 07:55 (UTC)[responder]

Se é unha referencia correcta, entón hai que mantela Lles. Ou dáche algún problema? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de abril de 2019 ás 21:26 (UTC)[responder]
Elisardojm, nalgunha tradución a TA marcoume as referencias de book.google.com como span, por iso pensei que non estarían aceptadas polas políticas da Wikipedia e creo que houbo algunha tradución no que non as incluín por ese motivo. Un saúdo, Lles (conversa) 29 de abril de 2019 ás 08:15 (UTC)[responder]
Pode ser que nalgún artigo concreto algunha referencia non sexa axeitada e poida considerarse publicidade, pero no resto de casos é simplemente unha referencia coa posibilidade de acceder ó contido do libro, ou parte del, co cal é unha referencia de calidade. Habería que revisar os casos concretos, podes dicirnos en que artigo/s pasou, Lles? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2019 ás 09:11 (UTC)[responder]
Elisardojm, non, a verdade é que tiven o convencemento até un artigo que vin que estaba moi testado, polo que me escamou moito que tivese esa referencia. Lles (conversa) 29 de abril de 2019 ás 09:31 (UTC)[responder]
Lles, dime o artigo e bótolle un ollo a esa referencia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2019 ás 09:39 (UTC)[responder]
Elisardojm, na tradución desde o ES de [4] non me saltou o aviso de span, iso foi o que me preocupou. Os anteriores artigos non os teño rexistrados. Lles (conversa) 29 de abril de 2019 ás 10:56 (UTC)[responder]
Lles, eu non considero iso publicidade, o libro é referencia para esa información, é certo que xustamente a páxina na que se atopa a información non se pode consultar, pero a referencia segue sendo perfectamente válida. Se consideras que o resto do contido accesible en books.google non ten relevancia para o artigo, o que podes facer é eliminar a url a books.google, pero a referencia ó libro debe manterse xa que é a fonte desa información. Eu sempre deixo esas ligazóns porque aínda que a páxina concreta non se poida consultar, sempre é unha fonte onde se poden revisar o resto dos datos do libro, editorial, ano de publicación, isbn, etc., e normalmente os outros contidos accesibles do libro tamén poden ser de interese para o artigo. Pero iso xa queda á túa elección. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2019 ás 11:24 (UTC)[responder]
Elisardojm, o que fixen noutras ocasións foi eliminar a url. Entón o mellor é deixar todo?. Saúdos, Lles (conversa) 29 de abril de 2019 ás 12:27 (UTC)[responder]
Como ti vexas mellor en cada caso Lles, o que si é importante, se a referencia é axeitada, é que se manteña. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2019 ás 20:58 (UTC)[responder]

Multilingual Shared Templates and Modules[editar a fonte]

Hello gl-wiki community! (Por favor, axude a traducir á súa lingua)

I recently organized a project to share templates and modules between wikis. It allows modules and templates to be “language-neutral”, and store all text translations on Commons. This means that it is enough to copy/paste a template without any changes, and update the translations separately. If someone fixes a bug or adds a new feature in the original module, you can copy/paste it again without any translation work. My bot DiBabelYurikBot can help with copying. This way users can spend more time on content, and less time on updating and copying templates. Please see project page for details and ask questions on talk page.

P.S. I am currently running for the Wikimedia board, focusing on content and support of multi-language communities. If you liked my projects like maps, graphs, or this one, I will be happy to receive your support. (any registered user group can vote). Thank you! --Yurik (🗨️) 11 de maio de 2019 ás 06:16 (UTC)[responder]
Tradución resumida: Este usuario está a crear un proxecto para compartir modelos e módulos entre wikis que funcionen de forma independente da lingua, mantendo os textos en Commons. Isto significa que só hai que copiar e pegar un modelo sen facerlle cambios e actualizar as traducións. Se alguén mellora ou amaña algo no módulo orixinal, o único que hai que facer é copiar o módulo sen preocuparse das traducións. Tamén ten un bot que pode axudar coas copias.
Actualmente o usuario está proposto para a Xunta da Fundación, e pide o apoio para a súa candidatura. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2019 ás 08:00 (UTC)[responder]

Tradución[editar a fonte]

Penso que as limitacións á utilización da ferramenta de tradución automática deberían rexer diferente para os pares de linguas nas que a ferramenta está bastante traballada. É posíbel delimitar o seu uso segundo os idiomas? Lles (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 11:36 (UTC)[responder]

Que queres dicir coas limitacións? Que limitacións Lles? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 12:30 (UTC)[responder]
Usando a ferramenta de tradución automática, se supera unha porcentaxe alta da súa utilización, non deixa ás veces publicar como borrador para despois cambiarlle as referencias. Lles (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 12:44 (UTC)[responder]
Lles, iso habería que consultalo na páxina de axuda da ferramenta, non che sei se se poderá facer algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 17:41 (UTC)[responder]
Lles, cando iso sucede (non permite publicar), se vas ao cadradiño da dereita, onde indica a porcentaxe de tradución e a existencia de avisos cun puntiño azul, se marcas cada aviso (normalmente corresponde cun parágrafo), hai que ir un por un, van desaparecendo e permite a publicación para retocalo posteriormente. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 19:09 (UTC)[responder]

Modelo Filme[editar a fonte]

Estou comezando un artigo sobre o documental Esquece Monelos e non dispoño de todos os campos a cubrir no modelo. Se introduzo ou modifico un dos campos predefinidos non mo recoñece.--Bolinhodeamor (conversa) 19 de xuño de 2019 ás 18:00 (UTC)[responder]

Ola, @Bolinhodeamor:; podes editar o artigo facendo as modificacións para poder ver cal é o erro? Grazas; un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xuño de 2019 ás 20:47 (UTC)[responder]
Bolinhodeamor, non podes usar campos que non están definidos no modelo, como "produción executiva" e "son", por iso non saen. Podo engadir o campo de son, pero o de produtores executivos non creo que deba poñerse, no modelo de es.wiki non o teñen e no modelo de en.wiki poñen que no campo de produtores non se poñan nin os produtores executivos, nin os asociados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2019 ás 21:45 (UTC)[responder]
Xa está metido o campo de son. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2019 ás 21:50 (UTC)[responder]

Os navbox na versión móbil[editar a fonte]

Vexo que os {{Navbox}} non aparecen na versión móbil da Wikipedia. Dado que os navbox poden forman parte do propio artigo, como nas páxinas dos lugares dos concellos (aínda que por agora hai moi poucos que usen este modelo), preguntábame se é posíbel na Galipedia activar a súa visualización. One2 (conversa) 23 de xuño de 2019 ás 17:25 (UTC)[responder]

T124168 Show Navbox templates in mobile skins (en inglés) Banjo tell me 23 de xuño de 2019 ás 18:50 (UTC)[responder]

Wikidata Bridge: edit Wikidata’s data from Wikipedia infoboxes[editar a fonte]

Editing News #1—July 2019[editar a fonte]

23 de xullo de 2019 ás 18:32 (UTC)

Modelo inscrición e Avisoedición[editar a fonte]

Boas, adaptei de varias wikis os modelos de Modelo:Inscrición, para facilitar que os novos usuarios se apunten a actividades, e o Modelo:Avisoedición que engade un aviso na cabeceira cando se está editando un artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2019 ás 08:50 (UTC)[responder]

Tamén está creado o Modelo:AmigableEV, este modelo permite que unha páxina do espazo de nomes de Wikipedia poida editarse co Editor Visual. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2019 ás 20:20 (UTC)[responder]

Amañado os "arranxos de erros de RegEx" no JS Wiki Browser[editar a fonte]

Boas novas, falei co compañeiro da en.wiki que fixo o JS Wiki Browser e amañou a función "Activar Arranxos de Erros de RegEx" que antes non funcionaba na Galipedia. E para que sirve? Pois sirve para que o programa ó mesmo tempo que revisa os cambios que lle indicamos, revise se nos artigos hai erros ortográficos que estean definidos na páxina Wikipedia:AutoWikiBrowser/Typos. Con isto conséguese aumentar a "potencia" de traballo do programa porque ademais das cousas que lle mandemos amañar, buscará e amañará, de forma automática, algúns erros ortográficos. Por certo, no programa a ligazón á lista leva á páxina de en.wiki, xa pedín que, se era posible, ligara coa páxina da Galipedia, pero polo momento pode consultarse polo interwiki.

A páxina Wikipedia:AutoWikiBrowser/Typos ten bastantes termos pero faltan aínda moitos, habería que aumentala coa lista de erros que detecta o Revisor ortográfico, pero sen engadir os falsos positivos para non enlentecer o traballo dos bots. Tamén é posible que nalgúns casos se poidan mellorar as expresións regulares que hai na lista. Todas as colaboracións son benvidas para mellorala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2019 ás 19:02 (UTC)[responder]

Actualizo, a ligazón á páxina de erros xa está amañada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2019 ás 23:23 (UTC)[responder]

Editing News #2 – Mobile editing and talk pages[editar a fonte]

29 de outubro de 2019 ás 11:12 (UTC)

Modelo GEG[editar a fonte]

Boas, fixen o Modelo:GEG para poñer de referencia nos artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2019 ás 21:12 (UTC)[responder]

Grazas, pero ... da GEG hai edicións en castelán, en galego, en papel, en DVD ... feitas por varias editoriais. Un modelo completo debería empregar o modelo máis específico {{Cita enciclopedia}}, non {{cita libro}}, e poder incluír o nome e ligazón do autor do artigo, ano de edición, ligazón ao artigo da editorial, formato, volume, páxina ou páxinas ... --. HombreDHojalata.conversa 30 de outubro de 2019 ás 22:28 (UTC)[responder]

Google Code-In will soon take place again! Mentor tasks to help new contributors![editar a fonte]

Hi everybody! Google Code-in (GCI) will soon take place again - a seven week long contest for 13-17 year old students to contribute to free software projects. Tasks should take an experienced contributor about two or three hours and can be of the categories Code, Documentation/Training, Outreach/Research, Quality Assurance, and User Interface/Design. Do you have any Lua, template, gadget/script or similar task that would benefit your wiki? Or maybe some of your tools need better documentation? If so, and you can imagine enjoying mentoring such a task to help a new contributor, please check out mw:Google Code-in/2019 and become a mentor. If you have any questions, feel free to ask at our talk page. Many thanks in advance! --Martin Urbanec 5 de novembro de 2019 ás 07:28 (UTC)[responder]

Desapareceron centos de referencias[editar a fonte]

Alguén sabe que está ocorrendo co bot que revisa as referencias? Ultimamente comprobei que desaparecen todas as referencias (centos á vez en ocasións) da sección notas (queda completamente baleira). Por exemplo, no artigo de Obxeccións á evolución ou no de Stephen Jay Gould, entre outros. Se está pasando iso con todos é un desastre e hai que reverter as accións do bot.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 19:20 (UTC)[responder]

@Miguelferig: O artigo Stephen Jay Gould tiña 110 notas nesta edición do 5/9/2018 e segue a ter 110 na edición actual tras 8 edicións do InternetArchiveBot. Algo semellante para Obxeccións á evolución, ten as mesmas 217 notas que dende o 21/3/2019 tras 5 edicións do bot. Pode que sexa problema do teu navegador que non che carga ben as notas? Cal estás a usar? Pásache en tódolos navegadores web? Banjo tell me 10 de decembro de 2019 ás 20:01 (UTC)[responder]
Creo que non ten que ver co bot, pois a min onte facendo probas nun artigo, ao previsualizar, as referencias simplemente non aparecían. One2 (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 20:37 (UTC)[responder]
Estou usando o navegador de windows, de Microsoft. Non se ve ningunha referencia na sección de notas, e ademais se clicas no texto nos números das referencias tampouco aparece nada. Pero se cambio a Firefox si se ven. De todos modos, moitísima xente vai usar o navegador de windows.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 21:14 (UTC)[responder]

Agora xa as podo ver no navegador de windows. Non sei que pasaría a anterior vez. Non aparecían neses últimos artigos modificados polo bot, pero si se vían noutros artigos anteriores tamén modificados polo bot. Misterios da informática.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 21:18 (UTC)[responder]

Neste momento tampouco se ven no artigo a evolución como feito e teoría. Ao mellor aparecen máis tarde. Algo raro hai no funcionamento do bot.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 21:22 (UTC)[responder]

@Miguelferig: Non é un problema co bot. É un problema de erro de Lint que provoca que algunhas páxinas que teñen estes erros non se vexan completas co Internet Explorer pola maquetación web subxacente ó código, acabo de comprobalo no meu equipo. No caso de a evolución como feito e teoría é polo modelo {{Liña de tempo gráfica da vida}} que provoca un destes erros. Noutras páxinas son outros modelos ou outro código o que provoca este tipo de problemas, que non se dan en tódolos navegadores nin en tódalas versións destes. A solución pasa por corrixir eses problemas de código, se consigo algo de tempo tentarei revisalo estes próximos días. Mentres tanto, a título persoal, recomendaríache non usar Internet Explorer se podes evitalo, e non só para a Wikipedia. [5]. (off topic: O uso de Internet Explorer actualmente, de forma global, é case desprezable [6]) Banjo tell me 11 de decembro de 2019 ás 19:27 (UTC)[responder]
Eu non emprego Internet Explorer. Emprego Firefox 71.0 (64-bit) baixo Windows 10 Home e tamén tiven problemas recentemente para que aparezan as referencias en moitos artigos (artigos que teñen referencias). --. HombreDHojalata.conversa 11 de decembro de 2019 ás 19:54 (UTC)[responder]
Mmmm, semella algo aleatorio, agora non consigo reproducir o problema no IE... É algún problema co motor de renderización da wiki, moi probablemente relacionado cos erros de lint, e visto o visto non só afecta ó IE (aínda que neste seguramente sexa onde máis se dea). Tentarei revisar os erros de lint nas páxinas sinaladas, pero se hai algo máis subxacente non relacionado con este problema é algo que xa se escapa do noso control e só quedaría reportar o problema no Phabricator. Banjo tell me 11 de decembro de 2019 ás 21:02 (UTC)[responder]