Wikipedia:A Taberna (técnica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección técnica da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg

Esta sección úsase para discutir sobre cuestións técnicas.

Comezar un novo fío de conversa

Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Wikidata[editar a fonte]

Falei con Elisardo da posibilidade de organizarmos un obradoiro de formación interna de cara a coñecer mellor o Wikidata e as súas posibilidades. Se o vedes de interese, buscariamos data e lugar para desenvolver a idea. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de xaneiro de 2018 ás 01:35 (UTC)

  1. Paréceme moi ben. Estarei uns días Por Galicia, así que se me cadrase apuntaríame. --Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de xaneiro de 2018 ás 09:02 (UTC)
  2. A min interésame.--Agremon(contacto) 22 de xaneiro de 2018 ás 10:06 (UTC)
  3. Eu, se me cadrara ben, tamén me apuntaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 11:28 (UTC)
  4. Eu tamén estou interesado. Poñede data e verei se podo asistir, porque ando bastante enleado con temas familiares. Pero se podo vou de boa gaña. Servando2 (Dime) 22 de xaneiro de 2018 ás 12:17 (UTC)
  5. Interésame, si. Ide comentando datas/lugar a ver se podo. Mgl.branco (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 13:31 (UTC)
  6. Eu tamén estou interesado. Se me cadran ben as datas apuntoume seguro. --Xas (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 14:23 (UTC)
  7. Digo o mesmo. Dependerá de datas e lugar, pero o encontro moi interesante. --Castelao (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 19:54 (UTC)
  8. Dando por suposto que o encontro será unha finde e dentro dos límites xeográficos galegos, apúntome porque boa falla me fai aprender algo e penso que o hei pasar ben. Oliveira. (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 21:15 (UTC)
  9. Como os demais. ※ Sobreira ►〓 parlez 23 de xaneiro de 2018 ás 10:48 (UTC)
  10. Interésame, sempre que as datas o permitan. É unha das cousas ás que lle teño gañas. --Viascos (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 20:37 (UTC)
  11. A min tamén me interesa moito, pero o certo é que non son moi activa en Wikipedia e igual vou un pouco verde, pero gostaría manterme informada e, se me é posible polas datas, acudir ao evento. Grazas--Maria zaos (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 15:19 (UTC)

@Xabier Cid:, @Agremon:, @Elisardojm:, @Servando2:, @Mgl.branco:, @Xas:, @Castelao:, @Brais Oliveira:, @Viascos:, @Maria zaos: que vos parece o sábado 24 en Santiago de Compostela? @Sobreira:, poderías conseguir un local en Fontiñas? --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xaneiro de 2018 ás 00:49 (UTC)

  1. En principio eu penso que podo, así que por min, ben.--Maria zaos (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 11:15 (UTC)
  2. A min valme, risco na axenda a data e listo. Oliveira. (conversa)
  3. Pois en principio cádrame perfecto, grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de xaneiro de 2018 ás 17:06 (UTC)
  4. En principio vaime ben, ainda que non estou seguro de poder ir.--Viascos (conversa) 31 de xaneiro de 2018 ás 23:05 (UTC)
  5. Despois de pensar que non podía, ó mellor aínda podo (polo momento, sigo en 'non') Agremon(contacto) 8 de febreiro de 2018 ás 19:56 (UTC)

Puntogal[editar a fonte]

Grazas aos amigos de Puntogal, a dirección http://www.galipedia.gal apunta cara a https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada , porén, habería que falar con eles para que apuntara directamente a: https://gl.wikipedia.org , sen subfixos.

Quen se anima? --. HombreDHojalata.conversa 19 de febreiro de 2018 ás 12:07 (UTC)

Probablemente deberían dirixila a https://gl.wikipedia.org/wiki/, para que así as ligazóns ós artigos usando esa url fosen do tipo http://www.galipedia.gal/Lugo en lugar de http://www.galipedia.gal/wiki/Lugo. Banjo tell me 19 de febreiro de 2018 ás 19:26 (UTC)
Que interesante. Vexo que a idea xa a tiveron os cataláns con Wikipedia.cat. Por certo, vexo que Puntogal tamén fixo o propio con Wikipedia.gal. Parabéns e grazas a quen corresponda. --Atobar (conversa comigo) 19 de febreiro de 2018 ás 20:18 (UTC)
Certo Banjo! E tamén permitiría indicarlle a alguén non familiarizado co proxecto (por exemplo nun cartel impreso ou nun panel), unha dirección, máis curta de teclear, a unha páxina concreta.
Por exemplo: http://www.galipedia.gal/WP:IDL en lugar de https://gl.wikipedia.org/wiki/WP:IDL
O mesmo é aplicable a http://www.wikipedia.gal , que en lugar de apuntar cara a https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada debería apuntar cara a https://gl.wikipedia.org/wiki/ (sen a última parte: "Portada").
Na Wikipedia en catalán xa o teñen tal e como digo eu, de xeito que pode ligarse directamente, p. ex., http://www.viquipedia.cat/Lugo
Quen se encarga de facerlles a petición a Puntogal ? @Banjo:, @Elisardojm:, @Estevoaei:, @Sobreira: ...? --. HombreDHojalata.conversa 19 de febreiro de 2018 ás 21:08 (UTC)
Escríbolles eu. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de febreiro de 2018 ás 21:30 (UTC)
Un detalle, http://www.galipedia.gal e http://www.wikipedia.gal están rexistrados por Wikimedia España, non por Puntogal. Estevoaei, só tes que falar con eles para que cambien a redirección. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 22:27 (UTC)
Avisados quedan tanto WMES como .gal. Irei informando dos progresos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de febreiro de 2018 ás 22:48 (UTC)

Global preferences available for testing[editar a fonte]

Apologies for writing in English. Por favor, axude a traducir á súa lingua.

Greetings,

Global preferences, a highly request feature in the 2016 Community Wishlist, is available for testing.

  1. Read over the help page, it is brief and has screenshots
  2. Login or register an account on Beta English Wikipedia
  3. Visit Global Preferences and try enabling and disabling some settings
  4. Visit some other language and project test wikis such as English Wikivoyage, the Hebrew Wikipedia and test the settings
  5. Report your findings, experience, bugs, and other observations

Once the team has feedback on design issues, bugs, and other things that might need worked out, the problems will be addressed and global preferences will be sent to the wikis.

Please let me know if you have any questions. Thanks! --Keegan (WMF) (talk) 27 de febreiro de 2018 ás 00:24 (UTC)

Tradución resumida: están dispoñibles en fase Beta as preferencias globais, isto é, que poñas as túas preferencias nun wiki e que as teñas igual en calquera outra wiki. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 08:54 (UTC)

Editing News #1—2018[editar a fonte]

2 de marzo de 2018 ás 20:56 (UTC)

Notification from edit summary[editar a fonte]

We need your feedback to improve Lua functions[editar a fonte]

Editar[editar a fonte]

Boas, estes días tiven problemas no editor visual, introducía código erróneo. Non sei se é un erro que me está dando só a min. Lles (conversa) 4 de abril de 2018 ás 20:56 (UTC)

Lles, eu xa vin as túas edicións hai uns días e pensei que o facías a mantenta por algunha razón descoñecida. Non vin a ningún outro usuario que lle saian ese tipo de edicións, polo que entendo que é algún tema de configuración do teu navegador ou da túa conta de usuario. Tenta lembrar se cambiaches algo na configuración do teu navegador ou nas túas preferencias da túa conta de usuario nas últimas semanas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2018 ás 07:55 (UTC)

Time to bring embedded maps (‘mapframe’) to most Wikipedias[editar a fonte]

CKoerner (WMF) (talk) 24 de abril de 2018 ás 21:38 (UTC)

non vai en galipedia pero pode ser moi interesante para incluir nas páxinas dos concellos galegos en vez da imaxe co mapa de galiza. --193.144.61.240 26 de abril de 2018 ás 15:36 (UTC)

Wikitext highlighting out of beta[editar a fonte]

4 de maio de 2018 ás 18:55 (UTC)

Cambio de categoría na votación[editar a fonte]

Hai uns días abrín unha votación para escoller como bo o artigo Execución da familia Romanov. Piquito deixou unha mensaxe na que comentaba que se cadra a proposta debería ser de calidade, xa que semella que polo tamaño podería ser candidato a esa categoría. Eu abrín a votación para bo por que ao tratarse dun caso aberto, aínda que leva case 100 anos, a información podería cambiar. Se ben é certo que só afectaría a unha das seccións do artigo e sería engadir un par de cousas en función do que se atope. Total, que a pregunta é se se pode mudar a "categoría" da proposta de bo a calidade? Non sei se xa se fixo algunha vez ou non... vendo o "éxito" que está tendo só habería que avisar a Gobraves por se quere revisar o seu voto. --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 10:00 (UTC)

Eu non vexo motivo que impida abrir unha votación nova (a AC), sen pechar a votación de AB, e que cada unha siga o seu curso segundo as políticas.
En caso de facerse, pode engadirse unha nota en forma de {Comentario} ao final da votación de AB indicando algo así como: existe unha votación simultanea para escoller este mesmo artigo como artigo de calidade, incluindo a correspondiente ligazón interna. --. HombreDHojalata.conversa 9 de maio de 2018 ás 11:05 (UTC)
Facer dúas votacións ó mesmo tempo do mesmo artigo non me parece unha boa solución, penso que complica a participación da comunidade. Eu non vería problema en cambiala directamente se non tivera votado xente, pero como Gobraves xa participou, penso que habería que contactar con el para preguntarlle se non lle importaría que se fixese o cambio. Se el non ve problema, eu penso que podería moverse a votación sen máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2018 ás 11:20 (UTC)
Vale, pois escríbolle a Gobraves a ver que lle parece, e en función do que diga xa vemos o que facemos. --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 11:23 (UTC)
Gobraves deixou unha mensaxe na miña conversa dicindo que lle parece ben o cambio. Así que o que vos digades. --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 12:25 (UTC)
Cando se creou a categoría de "artigos bos" eu xa mencionei que consideraba que o mellor era facer unha única votación e que cada quen manifestara se o artigo proposto o consideraba artigo de calidade ou bo (creo que iso fan na Wikipedia en catalán). Non vexo mal impedir abrir outra votación simultánea para calidade, aínda que é extraño e temos xa catro propostas feitas, das cales ningunha ten os apoios necesarios. Opino como HDH que de facerse sería bo poñer o aviso (pero nas dúas, non só na votación do bo para anunciar a de calidade, senón tamén á inversa). Piquito (conversa) 9 de maio de 2018 ás 11:57 (UTC)

De momento vou abrindo a votación a calidade e deixo o aviso de que está aberta a outra tamén (aínda que non lle vexo moito sentido a deixala aberta). --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 14:48 (UTC)

Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Execución da familia Romanov xa está creado. Supoño que haberá que engadir tamén o aviso {{CADC}} no artigo.--AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 14:58 (UTC)

Listas e listaxes[editar a fonte]

Se ben lista e listaxe son sinónimos, penso que deberíamos establecer un criterio á hora de escoller que termo utilizar para crear os artigos que inclúan estes termos no nome. Explícome. Por un lado temos Lista de reis de Valencia, Lista de aves de Galicia... e por outro temos Listaxe de alcaldes de Ferrol, Listaxe dos distritos de Francia. Deberíase empregar só unha das dúas formas nos títulos dos artigos. --AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 17:41 (UTC)

Eu non vexo moito problema, son sinónimos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 20:42 (UTC)

Concordo con Amperio en que temos que escoller unha das dúas formas para os títulos dos artigos. --. HombreDHojalata.conversa 17 de maio de 2018 ás 10:06 (UTC)

O dicía sobre todo por Listaxe: Atentados terroristas 2018. --AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 11:07 (UTC)

Blogaliza[editar a fonte]

Blogaliza pechou, e agora temos ducias de ligazóns externas mortas. Migrou, non sei se no 100% dos casos a WordPress.

Habería que meterlle man e reparar esas ligazóns. É moi significativo o caso d'As escollas electivas, que estaban aloxadas en Blogaliza [4]. --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2018 ás 09:03 (UTC)

O ideal sería meterlles un marcadores de ligazón externa, ex professo, novo. --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2018 ás 09:34 (UTC)
HombreDHojalata eu non sei o que era iso, pero xa que estás poderías actualizar o artigo Blogaliza?--AMPERIO (conversa) 22 de maio de 2018 ás 11:16 (UTC)