Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Estiven a facer melloras neste modelo, promovidas por Castelao. Reorganiceino, dividino en varias seccións e doteino de novas etiquetas para precisar información nos artigos sobre rúas e prazas, fundamentalmente. Agora só falta o detalle da personalización para as rúas das grandes cidades galegas, que é algo que inda non conseguín con éxito.

Un saúdo, Pontevedra78 conversa 4 de xaneiro de 2015 ás 21:39 (UTC)[responder]

Santa Comba de Orizón[editar a fonte]

Quizais hai un problema co modelo:Lp Santa Comba de Orizon, que se visualiza mal en Santa Comba de Orizón, Castro de Rei. Pode alguén botarlle un ollo? --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xaneiro de 2015 ás 01:27 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Penso que xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 03:09 (UTC)[responder]

Modelo:Ficha de documento[editar a fonte]

Veño de crear o Modelo:Ficha de documento, mais non consigo que funcione correctamente. Se alguén que entenda algo pode botarlle unha ollada faríame un enorme favor. Grazas. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 17:08 (UTC)[responder]

Tiven que poñer os parámetros en inglés porque o módulo, que non modelo, Infobox está nese idioma xa que non é doado traducilo. Fixen que funcionara pero non revisei que todo saíra ben nin revisei que a documentación. Como nota, o módulo Infobox non recibe as imaxes só co nome do ficheiro, hai que pasarllas poñendo [[Ficheiro:Nome_da_imaxe.extensión|tamaño_imaxepx]]. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 18:23 (UTC)[responder]

VisualEditor News #1—2015[editar a fonte]

5 de febreiro de 2015 ás 18:30 (UTC)

Creei este modelo a partir da en.wiki para a visualización dun conxunto de imaxes con rectángulo e pé de foto, probei a usalo no artigo Pobo galego pero non se visualiza. Alguén sabe onde está o erro? --Breogan2008 (conversa) 14 de febreiro de 2015 ás 10:32 (UTC)[responder]

E porque non empregas os modelos que xa temos e que están probados e funcionan ben? ({{Imaxe dupla}}, {{Imaxe múltiple}}, {{Montaxe fotográfica}}...) --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2015 ás 11:58 (UTC)[responder]
Feito. O problema estaba no módulo que usa, Módulo:Imaxe conxunta, cambieille os nomes dos argumentos para que recoñeca os que se lle pasan ao modelo. É un modelo semellante ao de {{Montaxe fotográfica}} que comentas HombreDHojalata, pero neste polo visto todos teñen pé de imaxe no canto de estar pegadas unhas a outras. Hai que revisar unha das imaxes nese artigo, parece que non existe, polo resto queda listo :) Banjo tell me 14 de febreiro de 2015 ás 13:34 (UTC)[responder]
Quedou perfecto!! Moitas grazas --Breogan2008 (conversa) 14 de febreiro de 2015 ás 13:36 (UTC)[responder]

VisualEditor News #2—2015[editar a fonte]

10 de abril de 2015 ás 19:48 (UTC)

Tradución resumida:
Di que se poden enviarse erros do Editor Visual a Phabricator e que aumentou bastante a súa velocidade. Agora están traballando nun sistema de axuda ás citas pero que aínda está en probas. Tamén están traballando nas versión de idiomas con caracteres raros como os asiáticos. Agora, os modelos que non se visualizan no artigo aparecen como unha ficha de crebacabezas para poder configuralos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2015 ás 22:40 (UTC)[responder]

Problemiña nun gráfico[editar a fonte]

Boas, fixen un gráfico para reflectir a participación nas distintas eleccións municipais en Pontedeume e teño un problema cos resultados do ano 1987. Resulta que ao intruducir a liña para a porcentaxe de abstención dese ano:

from:76 till:100 color:Abs text:Abs(24%)

aparece a seguinte mensaxe de erro:

EasyTimeline 1.90

Timeline generation failed: 1 error found

Line 29: from:76 till:100 color:Abs text:Abs(24%)

- Unknown constant. 'Define $25 = ... ' expected.

Non sei a que se debe pois a liña é idéntica á correspondente aos demais anos, sen que apareza esa mensaxe no resto dos casos. Alguén pode axudarme a resolver o problema? Grazas, --Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de abril de 2015 ás 15:18 (UTC)[responder]

Amañado por Breogan2008. --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2015 ás 21:02 (UTC)[responder]
A verdade é que o problemiña continúa, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de xuño de 2015 ás 20:56 (UTC)[responder]
Moi posiblemente un bug no cálculo do total... raro que non se dea en outros casos. Queda "apañado" (que non arranxado) con 25% no canto de 24%. Debería comentarse en mw:Extension_talk:EasyTimeline para que revisen o caso. Banjo tell me 14 de xuño de 2015 ás 21:11 (UTC)[responder]
Grazas polo apaño. O que dis do bug sóame a chinés. É mellor que o comentes ti na páxina que dis pois eu, a parte do que expliquei aquí, non sabería que dicir respecto aos aspectos técnicos. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de xuño de 2015 ás 21:18 (UTC)[responder]
Retiro o dito, Banjo. Xa deixo eu un comentario nesa páxina. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de xuño de 2015 ás 21:22 (UTC)[responder]
Atopei un apaño. Non é o desexable, nin moito menos, pero permite mostrar o dato correcto (24%) no canto dun incorrecto (25%). Trátase de poñer o número 4 en código HTML decimal. É dicir, escribir 2&#52;%. Como xa dixen, non é moi bonito, mais funciona. A ver se responde alguén na páxina de MediaWiki que poida botar unha man co erro. Eu estiven revisando o código e mais o erro e non sei que o pode causar. O único que logrei foi descubrir que se pode modificar a parte do erro 'Define $25 = ... ' por 'Define $29 = ... ' suprimindo o carácter da porcentaxe. Por algún motivo o software interpreta mal ese anaco de código, así que eu me inclinaría tamén por que se trata dun bug da extensión. Encárgome eu de dar conta en Phabricator se ninguén responde en MediaWiki esta semana. --Toliño Fala aquí comigo 16 de xuño de 2015 ás 12:04 (UTC)[responder]
Grazas polo interese, Toliño. Eu non entendo do tema pero visto desde fóra eche ben raro, saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de xuño de 2015 ás 20:01 (UTC)[responder]
Finalmente, informei do problema en Phabricator: T103492. --Toliño Fala aquí comigo 23 de xuño de 2015 ás 09:59 (UTC)[responder]

VisualEditor News #3—2015[editar a fonte]

13 de xuño de 2015 ás 10:44 (UTC)

Modelos sen categoría[editar a fonte]

Repasando "Categorías requeridas" fun bater con esta: Categoría:Wikipedia templates to be automatically substituted. Contén tres modelos: Modelo:Chembox subst, Modelo:Chembox subst explosive, e Modelo:Subst only.

Alguén que entenda disto debería botarlles un vistazo e eliminalos ou categorizalos onde corresponda. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 19:42 (UTC)[responder]

Máis: Outra categoría inexistente, Categoría:Páxinas nas que se supera a profundidade de expansión, que contén dous modelos: Modelo:Luaj, e Modelo:Luaj/uso.

Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 20:01 (UTC)[responder]

A segunda é unha categoría automática do sistema para levar conta das páxinas nas que hai demasiados bucles aniñados (derivados do uso dalgún modelo). Con respecto á outra categoría, simplemente é froito dun copia-e-pega do modelo "Subst only" de en.wp sen traducir nada. Como ningún dos tres modelos citados ("Chembox subst", "Chembox subst explosive", "Subst only") ten uso, procedo a borralos. Procedo a amañar as cousas. --Toliño Fala aquí comigo 24 de xuño de 2015 ás 10:39 (UTC)[responder]

Mapas de localización, problemas[editar a fonte]

Depois de moito escornar, vexo que hai dous tipos de Mapas de localización: uns referenciados con coordenadas de límite de bordo e centro, como [1]; outros cuns "valores determinantes" XY, como [2]. Pois ben, os segundos resultan imposíbeis de utilizar, polo menos con coordenadas xeográficas normais, e sempre sae unha mensaxe de erro. Ademáis vexo que os mapas de localización están sempre arrimados á esquerda, e non responden ao parámetro de localización.--Gradebo (conversa) 11 de xullo de 2015 ás 20:08 (UTC)[responder]

Non entendín exactamente cal é o problema. Queres empregar unhas coordenadas GPS nun formato concreto para indicalas nun mapa, é eso? Sobre un mapa esas coordendas tanto ten a precisión que teñan, o mapa soe ser o suficientemente pequeno para resultar irrelevante esa precisión. Polo tanto empregar coordenadas gps non ten moito senso-prioridade. Se o que queres é que se amosen esas coordenadas sobre o mapa hai exemplos na páxina de axuda sobre como crear táboas indicando sobre imaxes (mapas) puntos concretos. 80.232.216.127 13 de agosto de 2015 ás 11:09 (UTC)[responder]

O problema é exactamente o que digo. Vexo que ninguén controla.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Gradebo (conversacontribucións) 6/11/2015 14:29

As mesmas, exactamente as mesmas, plantillas de mapa de localización, funcionan en en.wikipedia, e en gl.wikipedia non. Isto escápaseme totalmente... que alguén o mire, home!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Gradebo (conversacontribucións) 6 de novembro de 2015 ás 15:48

O que pasa é que na wiki en inglés usan un novo módulo e nós aquí temos o Modelo:Mapa de localización que é máis antigo. Habería que mirar ese módulo e ver se pode traerse á Galipedia e se funciona, pero iso levará un tempo porque antes de cambiar nada hai que facer probas de que o módulo funcione correctamente nos artigos nos que está a usarse o modelo, e obviamente esas probas non poden facerse nos artigos porque poderían facer que apareceran mal centos de artigos. Eu agora mesmo estou liado co wikimaratón de mañá, quizais podería miralo nun par de días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2015 ás 17:33 (UTC)[responder]

Trebello ventás emerxentes[editar a fonte]

O trebello Wikipedia:Trebellos/Ventás emerxentes de navegación leva ~un par de días indicando que o script que usa está sen manter dende 2009 e suxire empregar a función en probas de Ventás emerxentes. Eu teño usado este trebello algunha que outra vez, pero xa o desactivei, e persoalmente non uso a nova función. Non sei ata que punto é popular o trebello en sí entre os editores habituais. Polo momento non hai problemas en deixalo habilitado para quen o requira, pero no momento no que a funcionalidade nova das ventás estea fora de probas case habería que deshabilitar o trebello este en favor dela. Banjo tell me 12 de agosto de 2015 ás 14:07 (UTC)[responder]

VisualEditor News #4—2015[editar a fonte]

Elitre (WMF), 14 de agosto de 2015 ás 22:28 (UTC)[responder]

VisualEditor News #4—2015[editar a fonte]

Elitre (WMF), 15 de agosto de 2015 ás 02:40 (UTC)[responder]


Trebello traducións[editar a fonte]

Aínda que con moitas eivas o trebello de traducións da wikipedia fornece datos moi interesantes Especial:ContentTranslationStats. Así do galego fixéronse 33 traducións: 17 ao castelán, 10 ao portugués, 3 ao catalán, 2 ao esperanto e 1 ao inglés. E ao galego realizáronse 184 traducións:65 do español, 56 do inglés, 16 do portugués, 15 do francés, 11 do catalán, 7 do alemán, 6 do asturiano, etc. A primeira lingua en cantidade de traducións é o catalán con máis de 2900 (a inmensa maioría procedentes do inglés e o español) e da que máis se traduce é do inglés con máis de 13000.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 15:33 (UTC)[responder]

A ferramenta traduce bastante ben, e axuda bastante a traer artigos, sobre todo do castelán e do catalán, porque mantén a estrutura dos artigos e busca as ligazóns internas. A pega é que aínda está en probas e teñen que rematar cousas, por exemplo o outro día vin que non ten ningunha sección para traducir as referencias e quedan mal formatadas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 20:57 (UTC)[responder]

Novo Trebello: Xustificar parágrafos[editar a fonte]

Ola a todos!

Hai un novo trebello dispoñible para o seu uso, é totalmente opcional, e podedes atopalo en Preferencias-> Trebellos como é habitual, neste caso ao final da lista, na sección "Aparencia". O trebello en sí chámase Xustificar os parágrafos.

É unha pequena modificación visual, que fai que tódolos parágrafos de texto vaian xustificados á marxe dereita. Podedes probalo nalgún artigo de certa extensión para comprobar ben a diferenza visual.

Eu acabo de activalo, e para mín xa é imprescindible :) Saúdos! Banjo tell me 1 de outubro de 2015 ás 13:55 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso, vouno probar agora mesmo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2015 ás 21:01 (UTC)[responder]

Refundir dous artigos[editar a fonte]

Boas: Igual sería bo refundir os artigos Departamento de ultramar e Departamentos e territorios de ultramar de Francia, porque teño para min que tratan de mesmo. Se estades de acordo, eu mesmo o fago. Angeldomcer (conversa) 5 de outubro de 2015 ás 09:36 (UTC)[responder]

Tratan do mesmo si, por min adiante. Cando quede todo o contido movido nun só artigo definitivo marca o outro artigo duplicado co marcador {{fusión|NomeDoArtigoQueVaiQuedar}} e xa me encargo eu da fusión de historiais. Grazas! Banjo tell me 5 de outubro de 2015 ás 09:49 (UTC)[responder]

Ola a todos. Dende a semana do 12 de outubro a nova versión de MediaWiki inclúe unha nova categoría interna de mantemento, Categoría:Wikipedia:Páxinas con erros de referencia. Nesta categoría inclúense automáticamente tódolos artigos que teñan algún problema na definición das referencias, normalmente por usos incorrectos ou omisións das etiquetas <ref>...</ref> ou <references>. Os mensaxes de erro nestes casos adoitan ser explicativos e indicar específicamente a causa do problema, polo que en xeral son de doada solución. Aínda así se houbese calquera dúbida avisade e reviso sen problema :) Saúdos! Banjo tell me 26 de outubro de 2015 ás 07:22 (UTC)[responder]

Ala, máis leña! :) Grazas polo aviso Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 09:32 (UTC)[responder]

VisualEditor News #5—2015[editar a fonte]

Elitre (WMF), 30 de outubro de 2015 ás 18:18 (UTC)[responder]

Ao fusionar historiais con unha das redireccións que apuntaba a esta páxina quedou unha "auto-redirección", o sistema non me permite editar/mover/borrar a páxina. Abrín unha petición no Phabricator, T120140. En cando reciba novas actualizo aquí. Banjo tell me 2 de decembro de 2015 ás 22:42 (UTC)[responder]

Solucionado. Banjo tell me 2 de decembro de 2015 ás 22:49 (UTC)[responder]
Grazas Banjo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 08:57 (UTC)[responder]

VisualEditor News #6—2015[editar a fonte]

Elitre (WMF), 25 de decembro de 2015 ás 00:06 (UTC)[responder]