Atanarico
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 318 |
| Morte | 25 de xaneiro de 381 Constantinopla, Turquía |
| Xuíz dos Tervingi | |
| 365 – 376 ← Xeberico – Alavivo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca, Xefe tribal |
| Familia | |
| Familia | Baltingos |
| Fillos | Walia, Ataúlfo, Alarico I |
| Pai | Aorico |
| Irmáns | Rocestes |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica |
Atanarico, finou no 381[1] en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico,[2] foi un xuíz[1] godo do clan balto.[3] Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei[4] e caudillo dos tervingos e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador.[5] O significado de Aþanareiks é "rei do ano" (aþni=ano e reiks=rei).
O período do seu mando estivo marcado polas guerras contra romanos, hunos (ao se desprazaren estes cara ao oeste) e as guerras internas contra o seu rival Fritixerno; tamén polas persecucións que levou Atanarico contra os visigodos convertidos ao cristianismo. A resultas diso, os historiadores cristiáns de época posterior retratárono como unha persoa cruel.
Os visigodos do século VII considerárono o seu primeiro rei[6] e hoxe en día hai unha gran unanimidade sobre esta idea.[7] Sucedeuno Alavivo, trala división dos tervingos.[8]
Tivo un irmán máis novo chamado Rocestes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Atanarico, se converteu en xuíz e caudillo dos tervingos, a máis poderosa e numerosa tribo dos godos,[9] entre o 364-365, tomou parte nas guerras civís dos romanos do século IV. Ao se producir a sublevación de Procopio contra o emperador Valente, Atanarico tomou partido a prol de Procopio a quen enviou un continxente de 3 000 guerreiros.[10] No 366, Valente derrotou e executou a Procopio, e durante o ano seguinte, coa axuda do seu sobriño o emperador romano occidental Graciano, decidiu xuntar tropas en Marcianópolis e marchar contra Atanarico e os tervingos[11] contra os que levou a cabo 3 campañas.
Campañas romanas
[editar | editar a fonte]En abril do 367, cruzou o Danuio e avanzou contra Atanarico. Este rexeitou o enfrontamento directo e optou por unha guerra de escaramuzas a partir das áreas pantanosas e boscosas.[11] Daquela, Valente, ofreceu recompensas por cada guerreiro godo morto e conseguiu unha gran cantidade de baixas[12] Atanarico, reaccionou fuxindo cos seus guerreiros cara os Cárpatos pero non puido evitar que o magister peditum, Ariteo, fixese unha gran cantidade de escravos.[13] Malia non vencer nunha batalla decisiva, Valente, debilitou grandemente a forza do xuíz tervingo.
Na primavera do 368, Valente, volveu cruzar o Danubio pero a enorme pluviosidade dese ano dificultou moito as operacións e pasou a maio parte da campaña acampado nun poboado carpo, até que decidiu regrasar a súa base de Marcianópolis.[13]
Na primavera do 369, cruzou por Noviodunum para dirixirse até o Dniéster para atacar os grutungos de Ermenrico que daba apoio aos tervingos. Atanarico e os seus abandonaron as montañas para axudar os grutungos pero, dado que as fontes clásicas apenas mencionan feitos desa época, cabe pensar na vitoria de Valente, pero non nunha vitoria decisiva.[13]
Finalmente, Atanarico, enviou mensaxeiros pedindo a paz e o retorno á situación anterior ás campañas. Valente, presionado polos problemas en Oriente e, aceptou as negociacións, enviando ao magister equitum, Victor, e o magister peditum, Aristeo, para os primeiros tanteos.[14]
Finalmente, en medio do Danubio, como lugar neutral, asinaron unha paz que satisfizo a Valente (prohibía o paso do Danubio aos godos)[10] pero para se vingar del, Atanarico que era cristián ariano, o mesmo ano comezou unha xeira de persecucións contra aqueles godos que eran cristiáns, polo que acabou sendo rexeitado polos seus propios súbditos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Carbonero (1875), p. 109.
- ↑ Pampliega (1998), p. 28.
- ↑ Soto Chica (2020), p. 85.
- ↑ Valverde Castro (2000), p. 22. "A súa posición preeminente sobre os outros xefes de banda é reflectida por Amiano Marcelino como iudex gentis ou iudex Theruingorum".
- ↑ Frassetto (2003), p. 44.
- ↑ Wolfram (2003), p. 64.
- ↑ Huete Fudio (1994), p. 8.
- ↑ Wolfram (2003), p. 72.
- ↑ Soto Chica (2020), p. 77.
- ↑ 10,0 10,1 Alamán (1853), p. 342.
- ↑ 11,0 11,1 Soto Chica (2020), p. 80.
- ↑ Soto Chica (2020), pp. 80-81.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Soto Chica (2020), p. 81.
- ↑ Soto Chica (2020), p. 82.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atanarico |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alamán, Lucas; et alii (1853). Diccionario universal de historia y de geografía (en castelán). Tomo I. México: Tipografía de Rafael.
- Carbonero y Sol y Merás, Manuel (1875). Fin funesto de los perseguidores y enemigos de la Iglesia: desde Herodes el Grande hasta nuestros días (en castelán). Madrid: Imprenta D.R.P.Infante.
- Frassetto, Michael (2003). Encyclopedia of Barbarian Europe: Society in Transformation (en inglés). Santa Barbara (CA): ABC Clio inc. ISBN 1-57607-263-0.
- Huete Fudio, Mario (1994). "Fuentes menores para el estudio de la historiografía latina de la Alta Edad Media hispánica (siglos VII-X)". Medievalismo. Boletín de la Sociedad Española de Estudios Medievales (Universidade de Murcia) (en castelán) (Murcia) 4 (11): 5–26. ISSN 1131-8155. doi:10.6018/medievalismo.
- Pampliega, Javier (1998). Los germanos en España (en castelán). Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra (EUNSA). ISBN 9788431316426.
- Soto Chica, José (2020). Los visigodos. Hijos de un Dios furioso (en castelán). Madrid: Desperta Ferro. ISBN 978-84-120798-9-0.
- Valverde Castro, María R. (2000). Ideología, simbolismo y ejercicio del poder real en la monarquía visigoda: un proceso de cambio (en castelán). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7800-940-X.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 9780520069831.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Xeberico |
Xuíces dos tervingos 365-376 |
Sucesor: Alavivo |