Saltar ao contido

A Valeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valeta»)
Modelo:Xeografía políticaA Valeta
Belt Valletta (mt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoJean Parisot de la Valette (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°53′52″N 14°30′45″L / 35.8978, 14.5125
EstadoMalta
Regiões (pt) TraducirPort Region (Port) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.444 (2014) Editar o valor en Wikidata (8.055 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie80 ha Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude56 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Floriana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorJean Parisot de la Valette (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1566 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
2 de setembro de 1798Cerco de Malta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónDomingos de Guzmán Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAlfred Zammit (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalVLT Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico356 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2MT-60 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1980 (4ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador131

Sitio weblocalgovernmentdivisioncms.gov.mt… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6359822

A Valeta[1] (en maltés e inglés Valletta) é a capital de Malta. Ocupa unha área de 0,8 km² e ten 6 966 habitantes (est. 2011), que a converten na máis pequena das capitais da Unión Europea.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome que lle deron os cabaleiros hospitalarios foi Humilissima Civitas Valletta, «humildísima cidade da Valeta». Porén, despois da construción das fortificacións cos seus bastións, murallas e torres, xunto a fermosura dos edificios barrocos que flanquean as súas rúas, pasou a ser coñecida como a Superbissima («soberbísima») entre os gobernos de Europa. En maltés é chamada coloquial e simplemente Il-Belt, «a Cidade».

A fundación da Valeta débese ao grande mestre da orde de San Xoán, Jean Parisot de la Valette, o 28 de marzo do 1566. A orde –que durante moito tempo gobernou toda a illa– decidiu fundar unha nova cidade na península de Scebberras logo do asedio de Malta no 1565, co obxectivo de fortificar a posición da Orde de Malta que, en efecto, acabaría por fixar os cabaleiros hospitalarios na illa.

O plano da cidade foi proxectado por Francesco Laparelli, mentres que boa parte dos edificios máis importantes foron obra de Gerolamo Cassar. A Valeta posúe así unha trama urbana que mostra un bo número de edificios do século XVI e posteriores, pois a maioría levantáronse na época dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén.

Despois dos cabaleiros e do breve intermedio de ocupación francesa, a segunda gran fase de expansión urbanística da cidade correspondeu á administración británica. Ensancháronse as portas das murallas, derrubáronse e reedificáronse edificacións e levantáronse construcións e máis equipamentos cívicos de nova traza. Mais a cidade e as súas infraestruturas sufriron serios danos durante os bombardeos aéreos da segunda guerra mundial, que causaron a destrución, entre outros, do maxestoso teatro da ópera, erguido á entrada da cidade, no século XIX.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

A Valeta está situada na costa setentrional da illa de Malta, sobre a península de Monte Sciberras, sobre a que, a cada lado, están asentados dous dos grandes portos naturais mediterráneos: o Gran Porto e o Porto de Marsamxett. A Valeta confina polo suroeste coa cidade de Floriana. En dirección (nordeste-suroeste) está atravesada pola Republic Street (antes Queen's Street) e en paralelo corre a Merchants Street que son as rúas principais das sete que cortan a cidade, que son cortadas por outras oito transversais.

Climadiagrama da Valeta.

Pola situación do arquipélago maltés, A Valeta ten un típico clima mediterráneo: os veráns son quentes e secos con temperaturas de arredor de 30 °C e lixeiramente húmidos invernos nos que os valores caen até medias de 15 °C. A pluviosidade total é de cerca de 519 mm anuais de media, da que un 80 % se reparte entre os meses de outubro a marzo, prevalecendo os meses áridos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Concatedral de San Xoán

[editar | editar a fonte]
Interior da concatedral.

Sita na rúa homónima, o templo foi construído pola vontade dos cabaleiros apenas se radicaron no lugar. Realizada por Gerolamo Cassar, foi erguida en moi pouco tempo (1573-1577), sendo despois designada concatedral xunto con assieme a San Paulo en Mdina. Moi logo se lle engadiron varias dependencias: a sancristía, o oratorio e a loggia.

En contraste coa súa sinxeleza arquitectónica (unha soa nave central con dúas naves laterais), decorouse cunha requintada ornamentación tanto pictórica como escultórica.

Os frescos das bóvedas foron encargados a Mattia Preti, que plasmou unha aprezada Vida de San Xoán Bautista.

Os altares maiores e o coro están decorados de lapislázuli e mármores. O grupo marmóreo do coro é obra de Giuseppe Mazzuoli.

Na sancristía pódense admirar un Bautismo de Cristo de Mateo Perez d'Alecio, o Retrato do grande mestre Pinto da Fonseca de Antoine de Favray e o Retrato do grande mestre Nicolas Cottoner de Mattia Preti.

A catedral ten varias capelas laterais, cada unha dedicada a un santo diferente e conteñen obras salientábeis:

No oratorio hai outras obras de Preti, tales a Crucifixión e un Ecce Homo, que fican relegadas a un segundo plano perante a importancia da Degolación de San Xoán Bautista de Caravaggio do ano 1608.

Pazo do Grande Mestre

[editar | editar a fonte]
A Stanza degli arazzi

Encargo do Grande Mestre Pietro Del Monte, as obras comezaron en 1571 so dirección de Gerolamo Cassar, que lle deu trazas externas austeras, sen apenas decoración, mais moi logo se engadiron as balconadas das esquinas e o segundo portón de accesso.

Impacta a Stanza degli arazzi ("sala dos tapices"), decorada con dez tapices, con representacións do Novo Mundo, confeccionados por Gobelin da Le Blondel, quen utilizou algúns deseños que posuía Lois XIV. A sala era utilizada no pasado como sala capitular dos Cabaleiros e máis recentemente, durante breve tempo, para sede do parlamento maltés, antes de que fose clausurada para manter intactos os tapices.

Outras salas salientes son a Stanza de san Miguel e san Xurxo, usada para as reunións do Grande Consello da orde, a Sala Amarela, utilizada polos paxes da mesma orde e a Stanza dos embaixadores ou Sala Vermella, recuberta de tapizaría vermella, na que se recibían os embaixadores. Esta última sala contén varios retratos de nobres e dignatarios, entre os que cómpre destacar os de Catarina II de Rusia, Lois XVI de Antoine Callet ou Frederick Langreve.

Forte de San Telmo

[editar | editar a fonte]
O forte

Erguido sobre o lugar dunha antiga torre de garda, o primeiro forte remonta a 1551. No 1565, cando os turcos atacaron Malta, resistiu un mes enteiro de bombardeos; cando logo caeu, os superviventes foron masacrados. Moi pouco despois o arquitecto da familia Medici, Francesco Lapparelli, deulle forma a traza actual, aínda que foi completado con obras nos séculos seguintes.

Hoxe en día o forte acolle a academia da policía maltesa e máis o National War Museum (Museo Nacional da Guerra), no que están expostos testemuños da segunda guerra mundial e a George Cross (Cruz de George), outorgada polo rei británico Xurxo VI a Malta en 1942 polo demostrado valor dos malteses, e que insertada polo goberno do pequeno arquipélago na súa bandeira.

Arrabaldes

[editar | editar a fonte]

A Valeta ten un arrabalde, Floriana, extramuros da cidade, onde vive a maioría de poboación que non pode permitirse unha casa no centro histórico. Outra área para xente de recursos limitados, está, porén, intramuros: é o barrio do Manderaggio ou il-Mandraġġ, na dárserna, onde consonte o proxecto orixinal da Orde debía amarrar a armada. Como nunca se executou este proxecto, o Manderaggio foi ocupado por marxinados, polo que se comezou a construír de xeito desordenado, con canellas fuscas e insalubres. Parcialmente derrubado na década de 1950 para edificar no seu lugar unha zona residencial, o Manderaggio aínda é un barrio de pobre cualidade de vida, se ben mellor que antes.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación da Valeta vén devecendo hai anos, e na actualidade está reducida en aproximadamente un terzo a respecto do máximo de poboación que chegara ter. O proceso viuse fortemente acelerado despois da segunda guerra mundial, co desenvolvemento dos arrabaldes levantados fóra da muralla, o que comportou o traslado de moita xente que moraba na capital, aínda que esta continúa a ser o centro das actividades comerciais e administrativas da illa.

Transporte

[editar | editar a fonte]
A rúa da República

O sistema público de transporte terrestre de Malta está formado tan só de liñas de autobuses (non hai ferrocarril), ten a Valeta como centro radial onde se organizan todas as rutas da illa. A estación de autobuses está situada nas portas da cidade. A circulación rodada dentro do casco urbano antigo está restrinxida, e algunhas das rúas principais son exclusivamente de uso peonil, restrición que se quer estender a todo o interior da cidade.

  1. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, Editorial Galaxia, Santiago de Compostela, 2004
Predecesor:
Dinamarca Aarhus
Chipre Paphos

Capital Europea da cultura
xunto con Países Baixos Leeuwarden

2018
Sucesor:
Bulgaria Plovdiv
Italia Matera

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]