BC Khimki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Khimki
Información xeral
Nome БК "Химки"
Liga VTB / Euroliga
Fundación 5 de xaneiro de 1997
Cores           Azul, amarelo
Presidente Flag of Russia.svg Dmitry Golubkov
Adestrador Flag of Lithuania.svg Rimas Kurtinaitis
Patrocinador Himki Group
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Flag of Russia.svg Khimki, Rusia
Pavillón Novator Stadium
Capacidade 6.196
Inauguración 1970
Campionatos
Eurocup 1 (2012, 2015)
VTB 1 (2011)
Copa 1 (2008)
bckhimki.ru

O Basketball Club Khimki Moscow Region (en ruso: баскетбольный клуб Химки Моско́вской о́бласти, romanizado: Basketbolʹnyĭ klub Himki Moskóvskoĭ óblasti) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Khimki, pertencente ao Óblast de Moscova, Rusia. Actualmente milita na VTB United League e na Euroliga.

Historia[editar | editar a fonte]

Raül López.

O BC Khimki está considerado un dos clubs de baloncesto máis importantes de Rusia. Foi fundado o 5 de xaneiro de 1997 como resultado ao desexo da Administración do Óblast de Moscova de ter relevancia deportiva, traballando dende un primeiro momento para crear un equipo a corto prazo capaz de competir a nivel nacional. Na súa primeira tempada proclamouse campión da súa rexión, o que lle permitiu loitar e acadar unha praza na tempada 1998-99 na Superliga rusa, chegando deste xeito en tan só dous años á máxima categoría.

Na tempada seguinte, o club rematou entre os dez mellores equipos da Superliga, o que lle dou dereito a participar na seguinte edición da Copa Korać, sendo a primeira das súas participacións en competicións europeas. Nos anos seguintes, o club ocupou os postos da metade da táboa da Superliga do seu país ata que na tempada 2002-03 o seu brillante xogo levouno a finalizar cuarto na competición.

A partir daquela, o club investiu unha grande cantidade de cartos en fichar a xogadores de recoñecido prestixio internacional coma Gianmarco Pozzecco, Óscar Torres ou Rubén Wolkowyski. Esto levounos a dar un salto cualitativo que culminou coa desputa da final da EuroChallenge do 2006 ante o Joventut de Badalona, na que caeron por 88-63. Na tempada 2007-08, o club fíxose co seu primeiro título oficial ao proclamarse campión da Copa rusa.

Na actualidade o Khimki BC está tentando converterse nun dos clubs máis importantes, non só de Rusia senón de toda Europa,[1][2] para o que está investindo cantidades enormes de cartos en confeccionar unha plantilla coa que poder optar a gañar tódalas competicións nas que participa, fichando a xogadores con roles importantes na NBA coma os internacionais por Arxentina e España: Carlos Delfino e Jorge Garbajosa. Dende Decembro de 2008 o adestrador do equipo é o italiano Sergio Scariolo. Nos últimos anos o equipo é habitual nas competicións europeas. Participou varias veces en torneos como o EuroChallenge e a ULEB Eurocup. En 2006, o Khimki xogou a final do propio EuroChallenge ante o Joventut Badalona.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Novator Stadium.

O Khimki xoga os seus partidos como local no Novator Stadium (en ruso: Дворец спорта «Новатор»), tamén coñecido como Basketball Center Of Moscow Region ou Novator Indoor Arena. Situado na cidade de Khimki, inaugurado en 1970 e remodelado en 2010, conta con capacidade para 6.000 espectadores.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

BC Khimki 2015-2016
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
B 0 Flag of the United States.svgFlag of Montenegro.svg Rice, Tyrese 70001850000000000001.85 m (6 ft 1 in) 700186000000000000086 kg (190 lb)
E 1 Flag of Russia.svg Shved, Alexey 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700186000000000000086 kg (190 lb)
E-A 3 Flag of Slovenia.svg Dragic, Zoran 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in) 700191000000000000091 kg (201 lb)
AP 5 Flag of the United States.svg Augustine, James 70002080000000000002.08 m (6 ft 10 in) 7002107000000000000107 kg (236 lb)
P 7 Flag of Russia.svg Pateev, Ruslan 70002130000000000002.13 m (7 ft 0 in) 7002113000000000000113 kg (249 lb)
B 8 Finlandia Koponen, Petteri 70001940000000000001.94 m (6 ft 4 in) 700188000000000000088 kg (194 lb)
E 9 Flag of Russia.svg Vyaltsev, Egor 70001930000000000001.93 m (6 ft 4 in) 700188000000000000088 kg (194 lb)
AP 11 Flag of Russia.svg Ilnitskiy, Stanislav 70002000000000000002.00 m (6 ft 7 in) 700198000000000000098 kg (216 lb)
A 12 Flag of Russia.svg Monia, Sergei 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 700199000000000000099 kg (218 lb)
AP-P 19 Flag of Montenegro.svg Todorovic, Marko 70002090000000000002.09 m (6 ft 10 in) 7002111000000000000111 kg (245 lb)
A 33 Flag of the United States.svg Honeycutt, Tyler 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 700190000000000000090 kg (198 lb)
E 34 Flag of Russia.svg Sakharov, Maxim 70001900000000000001.90 m (6 ft 3 in) 700182000000000000082 kg (181 lb)
P 40 Flag of the United States.svg Davis, Paul 70002110000000000002.11 m (6 ft 11 in) 7002115000000000000115 kg (254 lb)
AP 45 Flag of Russia.svg Sheleketo, Maxim 70002040000000000002.04 m (6 ft 8 in) 7002104000000000000104 kg (229 lb)
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of Serbia.svg Andrija Gavrilović
Adestrador(es) físico(s)
  • Flag of Serbia.svg Aleksandar Lukman



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 3-8-2015

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

Competicións rexionais[editar | editar a fonte]

European competitions[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BC Khimki