Thomas Robinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Robinson
Thomas Robinson of the Kansas Jayhawks vs Iowa State.jpg
Brooklyn Nets – No. 41
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 18 de marzo de 1991 (24 anos)
Flag of Washington, D.C..svg Washington, D.C.
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 111 kg (244 lb)
Información da carreira
Instituto Brewster Academy
Wolfeboro, New Hampshire
Universidade Kansas
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 5

Por Sacramento Kings

Carreira dende 2012
Historial de equipos
Sacramento Kings (2012-2013)
Houston Rockets (2013)
Portland Trail Blazers (2013-2015)
Philadelphia 76ers (2015)
Brooklyn Nets (2015-presente)
Información en nba.com

Thomas Earl Robinson, nado o 18 de marzo de 1991 en Washington, D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).

Instituto[editar | editar a fonte]

Robinson xogou ó baloncesto no Brewster Academy en Wolfeboro, New Hampshire. No seu último ano, fixo 16 puntos, 13 rebotes e 5 tapóns por partido. Era considerado coma o segundo mellor xogador do seu equipo, xusto despois de Charlie Henn, quen era ademais o seu mellor amigo.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Robinson comezou o seu ano coma júnior e a tempada 2011-2012 coma un dos 50 candidatos ó premio John R. Wooden da pretempada.[1] Xunto ó seu compañeiro de equipo Tyshawn Taylor, esperábase que Robinson se convertera nun dos líderes do equipo de Kansas. O 31 de decembro de 2011, nun partido contra Dakota do Norte, Robinson anotou 30 puntos e capturou 21 rebotes. Foi o primeiro xogador de Kansas en facer 30 puntos e 20 rebotes dende que o fixera Wayne Hightower en 1961 contra Misuri, tras conseguir 36 puntos e 21 rebotes.[2] Ó remate da tempada regular da conferencia Big 12, Robinson foi segundo en dobres-dobres conseguidos, con 22, por detrás de O.D. Anosike do Siena College. Robinson rematou ademais acadando 18 puntos e 11.9 rebotes por partido.

O 4 de marzo de 2012, Robinson foi nomeado Xogador do Ano da Big 12 de 2012, seleccionado polos adestradores.[3] O 5 de marzo de 2012, foi galardoado co premio Associated Press ao Xogador do Ano da Big 12.[4]

O 9 de abril de 2012, Robinson decidiu saltarse o seu último ano universitario, e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[5]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Robinson foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Sacramento Kings.

O 20 de febreiro de 2013, Robinson foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Tyler Honeycutt a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas.[6]

O 10 de xullo de 2013, Robinson foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dos dereitos de Kostas Papanikolaou e Marko Todorović, ademais de dúas futuras de eleccións da segunda rolda do Draft.[7]

O 19 de febreiro de 2015, Robinson foi traspasado xunto a Will Barton, Víctor Claver e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.[8] Tres días máis tarde foi cortado polos Nuggets, sen chegar a xogar ningún partido con eles.[9] O 24 de febreiro de 2015, os Philadelphia 76ers contrataron a Robinson,[10] e fixo o seu debut co equipo ó día seguinte, acadando 7 puntos e 6 rebotes na derrota por 88-104 contra os Milwaukee Bucks.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John R. Wooden Award Announces Men's Preseason Top 50 List
  2. [1]
  3. Big 12 Conference. «2012 Phillips 66 All-Big 12 Men's Basketball Awards Announced» (PDF). Big 12 Conference. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  4. Associated Press. «Kansas' Robinson is AP Big 12 player of year». Sports Illustrated. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  5. «Kansas Jayhawks' Thomas Robinson to forgo senior year, enter NBA Draft». espn.go.com. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  6. «Kings Complete Multiplayer Trade». NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  7. «Trail Blazers acquire Thomas Robinson from Houston». NBA.com. 10 de xullo de 2013. 
  8. Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
  9. «Nuggets Waive Claver and Robinson». NBA.com. 22 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015. 
  10. Sixers Claim Thomas Robinson
  11. Carter-Williams impresses in debut, Bucks rout 76ers 104-88

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]