Arron Afflalo
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 15 de outubro de 1985 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Centennial (Compton, California) |
Universidade | UCLA (2004–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2007–2009) Denver Nuggets (2009–2012) Orlando Magic (2012–2014) Denver Nuggets (2014–2015) Portland Trail Blazers (2015) New York Knicks (2015–2016) Sacramento Kings (2016–2017) Orlando Magic (2017–2018) | |
Información en nba.com |
Arron Agustin Afflalo, nado nos Ánxeles (California) o 15 de outubro de 1985, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros e xoga na posición de escolta. Ten raíces xamaicanas, portuguesas e españolas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou durante 3 tempadas cos UCLA Bruins, cos que fixo 14,8 puntos e 3,1 rebotes por partido. No seu último ano, tras anotar 16.9 puntos por encontro, foi nomeado Xogador do Ano da Pacific Ten Conference polos adestradores rivais.
Foi elixido no posto 27 da primeira rolda do Draft da NBA de 2007 polos Detroit Pistons, equipo polo cal asinou o seu primeiro contrato profesional en xullo de 2007.
O 13 de xullo de 2009, foi traspasado xunto a Walter Sharpe ós Denver Nuggets a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.[1] O 10 de novembro de 2009, xogou o seu primeiro partido de titular cos Nuggets. O 25 de xaneiro de 2010, anotou 6 triplas contra os Charlotte Bobcats, o maior número de triplas anotadas nun partido na súa carreira.
En agosto de 2012, foi traspasado ós Orlando Magic no traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[2]
O 26 de xuño de 2014, foi traspasado de volta ós Denver Nuggets a cambio de Evan Fournier e os dereitos do Draft de Roy Devyn Marble.[3] O 29 de outubro de 2014, xogou o seu primeiro partido tras a súa volta a Denver, facendo 15 puntos e 4 rebotes na vitoria sobre os Detroit Pistons por 89-79.[4]
O 19 de febreiro de 2015, Afflalo foi traspasado xunto a Alonzo Gee ós Portland Trail Blazers, a cambio de Víctor Claver, Will Barton, Thomas Robinson e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2016.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nuggets Acquire Afflalo, Sharpe from Detroit". NBA.com. 13 de xullo de 2009. Consultado o 14 de xullo de 2009.
- ↑ Magic Acquire Six Players, Five Draft Picks in Howard Trade
- ↑ Nuggets Acquire Arron Afflalo in Trade with Orlando
- ↑ "Nuggets open with 89-79 win over Pistons". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015.
- ↑ Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1985
- Nados nos Ánxeles
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Sacramento Kings