Saltar ao contido

Universidade de Lund

Universidade de Lund
Lunds universitet
Edificio principal da Universidade.
Datos xerais
LocalizaciónSuecia
Fundación1666
Datos actuais
ReitorTorbjörn von Schantz
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.lunduniversity.lu.se/
Facebook: lunduniversity Twitter: lundsuni Instagram: lundsuniversitet LinkedIn: lunduniversity Youtube: UCIzc0kTQRpk7z1CmPnAJzpw BNE: XX97470 Dialnet: 920412 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Lund (en sueco Lunds universitet; en latín, Universitas Lundensis) é unha das máis antigas e prestixiosas Universidades do norte de Europa e está considerada entre as 100 mellores universidades do mundo.[1][2][3][4]

Busto de Anders Jahan Retzius diante do edificio principal da Universidade de Lund.

A súa orixe remóntanse ao ano 1425, cando un Studium Generale franciscano foi fundado a un costado da Catedral de Lund,[5] o que a converteu na institución de educación superior máis antiga de Escandinavia, seguida pols Studia Generalia de Uppsala en 1477 e de Copenhague en 1479.

Porén, a Universidade na súa forma actual non foi fundada senón até 1666, despois de que Suecia adquirira a rexión de Escania en 1658 tras un acordo de paz asinado con Dinamarca.

Na actualidade

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Lund conta con oito facultades e dous campus externos situados nas cidades de Malmö e Helsingborg, cunha poboación estudantil de ao redor de 42 000 estudantes distribuídos en 276 programas e de 2 200 cursos.

A Universidade mantén acordos e relacións internacionais con cerca de 600 outras Universidades en máis de 70 países, e pertence á Liga de Universidades de Investigación Europeas, así como á rede global Universitas 21.

Posúe dúas importantes instalacións para a investigación en materiais: o Laboratorio MAX IV, un laboratorio de radiación sincrotrón líder a nivel mundial e a Fonte Europea de Neutróns por Espalación (ESS), unha instalación da Comunidade Europea que aloxará a fonte de neutróns máis poderosa do mundo.

A sede central da Universidade e os seus edificios máis tradicionais concéntranse ao redor do parque Lundagård (adxacente é Catedral de Lund), con departamentos repartidos en diferentes situacións da cidade pero que, na súa maioría, están nunha franxa que vai desde o parque cara ao norte, conectando coa zona do hospital universitario e continuando até o campus da Facultade de Enxeñaría na periferia nordeste da cidade.

  1. "University world rankings - LUND UNIVERSITY – A TOP 100 UNIVERSITY". Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  2. "QS World University Rankings - 2015". Top Universities. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  3. Shanghai Jiao Tong University's Academic Ranking of World Universities
  4. "The Times Higher Education World University Rankings 2016". Timeshighereducation.co.uk. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  5. A Brief History of Lund University

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]